Foros ›
V TROFEO CONCELLO DE ARTEIXO
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Feb 2010, 10:51
Asunto: V TROFEO CONCELLO DE ARTEIXO

Hola, onte sábado día 6 celebrouse na zona de A Baiuca, Arteixo a 1ª carreira da XIX Liga Galega de Orientación organizada polo clube Apa Liceo de A Coruña e coa participación de máis de 400 orientadores entre federados e afeccionados de Galicia.
O terreo é o que xa coñecemos na Proba de Liga Nacional de maio do 2009, pero recortado por obras e canteiras que hai na zona. De tódolos xeitos, os organizadores conseguiron facer uns percorridos bonitos, duriños e controis nos que se alternaban doados con outos máis técnicos.
A sensacións dos corredores, en xeral o ramate da proba, eran boas, aínda que salientaban o longo periodo de inactividade da que vimos.
CRONICA DUN PERCORRIDO 6 (H-35):
Saída, e triángulo moi preto, había que seguir un sendeiro en dirección surleste, primeiro erro, os nervios non me deixan pensar, e xa me desvío á dereita, transcorridos uns 70 m., decátome e regreso, volta ó sendeiro e continúo, xa ne adiantaron tódolos que sairon no meu tempo, vou pasando a corredores fóra de concurso fago o control 1.
Continuo o sendeiro e desemboco nun cortado que me leva a outro camiño, sigo cara o leste en dirección á liña de alta tensión, chego a liña e decátome que xa me pasei, miro para atrás e vexo a vagoada, baixo e pico a 2.
Subo seguindo o camiño que me trouxo dende a saída e continúo ata a estrada, atraveso, en vez de seguir o camiño, arrisco monte a través, en dirección norleste ata o muro que agocha o control 3 detrás dunha esquina, sáeme ben e vou dereitiño.
Dou media vota e enfilo a 4. Penso, que se estrada con algo de volta, ou monte a través, elixo monte a través igual que na anterior e agora equivoooocome, cústame facerme co sendeiro que me vai levar ó control 4, axúdame a liña de alta tensión, pero aínda así, perdo uns 2 ou 3 minutos.
Despois de picar a 4, baixo seguindo a estrada ata unha curva en que me desvio a dereita e baixo un eucaliptal por unha ladeira moi pronunciada (non se pode correr), paso o regato do fondo, e subir, igual de empinada polo outro lado agora con restos de pino cortado, e moitas rocas, acado a cima e continúo polo alto ata atopar o muro que sigo á esquerda ata atopar o cruce onde está o control 5.
Saio rápidísimo cara a 6 en dirección norleste e cando levo 100 m, decátome que para a 6 teño que ir seguindo un muro que vai cara o noroeste, volta para atrás, paso polo control 5, e continuo cara o 6, pico a 6, que se atopa ó pé dunha roca e continuo por un bosque con moita maleza seguindo muros de pedra, ata que vexo que a 7 é a do espectador, que era a que se vía dende a zona da saída.
Pico a 7, agora para a 8 hai que subir unha pendente tremenda, subo seguindo un sendeiro ata chegar ó alto, en que está a 8, nun afloramento rochoso, chego, e un rapaz duns 12 anos ó lado situandose, vexo que non precisa axuda, pico á 8 e sigo un camiño que me leva cara a 9, atopo a Borja que vai diante miña, sei que el fai outro percorrido, chegamos a un cruce e el vai a dereita, vexo que o meu camiño é a esquerda, tomo a esquerda e vexo que Borja ven de volta, que tomara o equivocado, debe ir a mesma que eu, fai o 9 e pouco despois paso eu polo control 9, era a mesma. Logo el desaparece porque vai bastante máis rápido que eu ..........levo acumulados en despistes ata o de agora 4 ou 5 minutos, aínda así imos bastante ben .... o peor virá no control 18 en que meto a pata de forma absolutamente ridicula perdendo uns 7 ou 8 minutos, pero iso cóntovolo na seguinte crónica cos resultados.
Un saúdo.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Feb 2010, 20:02
Asunto: Re: V TROFEO CONCELLO DE ARTEIXO

RESULTADOS:
webagaco.iespana.es/do...ciales.pdf
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Feb 2010, 12:00
Asunto: Re: V TROFEO CONCELLO DE ARTEIXO

Estou esperando ese segundo capítulo para continuar co aprendizaxe dos "másquinas"!!!! Sorriso Sorriso
Bueno, pois nesta primeira proba do ano, e aproveitando que nun lapsus mental, demorei moito a xestión da licencia, polo que tiña que participar en FC (Fora de competición), decidín probar o percorrido 6. Con esto pretendía eliminar esa curiosa sensación de ansiedade que me entra nas carreiras que me leva a "botarme" a polas balizas, en vez de facer unha lectura analítica dos mapas: toda unha chea de información, que, si tes paciencia para leela, dache unhas pistas importantísimas.
Polo tanto o plantexamento desta proba era ir moi tranquilo, e ir lendo o mapa sosegadamente, lendo e interpretando todo: vexetación, curvas de nivel, elementos accesorios, talonamento de distancias... Bué...todo se quedou na primeira baliza. De novo, o desasosego: solo vía sendas, sendeiros, estradas, liñas de alta tensión e puntos de baliza. E teño que recoñecer que, en xeral, iba tranquilo: de feito pareime varias veces con rapaces de iniciación que, desorientados, me pedían que os axudase a reorientarse! Gustoume moito o recorrido, paseino ben...pero teño que volver ós percorridos 5 para adquirir unha mellor técnica. Finalmente, 19 minutos máis que Bugarín Silbar Silbar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos