Foros ›
Unha crítica construtiva sobre os sorteos de dorsais
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Fer.

Novo foreiro
Novo foreiro
3/10/11
126 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Out 2018, 11:39
Asunto: Unha crítica construtiva sobre os sorteos de dorsais

Vaia por diante que aprecio como ninguén o labor que tanta xente fai para que este foro (que levo lendo máis de 11 anos lendo, aínda que tardei en rexistrarme) non só sobreviva senón que progrese e se adapte aos novos tempos, e que polo tanto o ton desta mensaxe é positivo: imaxinade que hai un « Angel » ao final de cada parágrafo e non un « Enfadado »!

Por suposto acollín con grande entusiasmo a iniciativa dos sorteos de dorsais e xa participei en dous sen resultar agraciado. Cría que era simplemente unha cuestión de probabilidade; pero, ao mirar a páxina de Randorium do último, descubrín que nin sequera fora incluído no bombo. Fun mirar ao outro… E tampouco! Muro

O primeiro sorteo: Brión

No sorteo de Brión, sendo o primeiro no que participaba, loxicamente lin o regulamento detidamente e vin que cumpría todas as condicións. Á vista do que relato máis abaixo, deduzo que fun excluído porque teño un nick diferente no circuíto e non é práctico facer comprobacións exhaustivas, máxime tendo en conta que o combustible que alimenta o circuíto é un recurso non renovable: o tempo libre de persoas que se dedican a isto por amor á arte. Dito isto, tamén é certo que nas bases do sorteo non se indicaba nada disto, pero todos cometemos erros. Sorriso

O segundo sorteo: Santiago

En canto ao sorteo de Santiago, tamén eu debo entoar o mea culpa, posto que lin as bases por enriba e parecéronme iguais ás do outro (e ás dalgún máis no que considerei participar). Polo tanto, é moi probable que non lese que aquí si que se esixía a igualdade de nicks. E digo «moi probable» (e non «seguro») porque as bases do sorteo foron editadas dúas veces, polo menos unha das cales despois de terse pechada a inclusión de participantes. Dou por feito que as edicións serían da forma e non do fondo, pero non resulta estético efectuar modificacións a esas alturas. Exclamación

En calquera caso, o que si que debería ter visto son os avisos a outros foreiros de que quedaban excluídos por ter dous nicks distintos. Avergonzado De todos os xeitos, o que non entendo é: se o obxectivo de todo isto é aforrar traballo e non ter que ir mirar quen está detrás de cada nick, ¿por que se está facendo esta comprobación igualmente?

Con todo, non teño un gran cargo de conciencia por non terme fixado máis, dado que se esixían nicks unificados antes do comezo do sorteo, circunstancia que en ningún caso podería ter previsto. Pensando

Pero ¿por que dous nicks?

No meu caso, non teño dous nicks porque sexa raro nin maniático (de feito, levo anos querendo ter o mesmo), senón por unha curiosa situación.

Empecei a participar no circuíto en 2013, xa que antes era menor de idade. Cando intentei inscribirme co mesmo nick que levaba moito tempo usando no foro, non puiden facelo porque alguén collera o nome «Fer» (sen punto) no circuíto, aínda que naquel momento iso non era visible na listaxe de inscritos. Logo probei con outro nome (segundo se me suxeriu desde o circuíto) e tamén estaba collido, o cal tampouco era visible. Ao final, solicitei inscribirme cun nome rebuscado que nin sequera me gusta para poñer fin ao proceso dunha vez.

Agora atópome con que, de súpeto, se penaliza esta bicefalia, á que só vexo unha solución: cambiar o nick do foro, que me gusta e co cal me identifico, despois de 7 anos xuntos. Chorando Esta medida paréceme un pouco drástica e non sei se será mellor perder algúns euriños e manterme á marxe dos sorteos…

Por outra banda, cambiar o meu nome no circuíto segue sen ser unha opción porque «Fer» (sen punto) seguiu participando estes anos (a miúdo con cero puntos, pero inscribíndose). Por certo, ¿non hai ningunha política que impida crear un usuario no foro cun nome (case) igual a un do circuíto (e viceversa)? Non sei se «Fer» (sen punto) chegou antes ao circuíto de que eu me rexistrase no foro ou foi ao revés, pero visto con retrospectiva tería sido mellor previr esta situación.

A pregunta máis importante: ¿Para que escribín todo isto?

O obxectivo principal deste fío é axudar a que o circuíto mellore, invitando a reflexionar sobre estas cuestións. Sorriso

De paso, se alguén ten algunha suxestión sobre como amañar a miña situación (evidentemente de cara a futuros sorteos; os outros xa os dou por perdidos), estarei encantado de escoitala! Rezar
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
424 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Out 2018, 14:10
Asunto: Re: Unha crítica construtiva sobre os sorteos de dorsais

Ola Fer,

Dende o primeiro regulamento que publicamos para os sorteos, un dos requisitos para poder participar era estar inscrito no Circuito. Descoñecemos a correspondencia entre os nicks do foro e do Circuito. No teu caso, non atopamos a ningún Fer. inscrito e por ese motivo quedaches excluido. Decatámonos disto a medida que avanzaban os sorteos, non fuches o único caso. Por iso decidimos modificar o regulamento pedindo que ambos nicks fosen iguais.

Asumimos a culpa, foi fallo noso non ter prevista esta situación antes do inicio dos sorteos, e nos disculpamos por como te afectou. Aprendemos sobre a marcha e sempre con intención de mellora e transparencia, por iso avisamos sempre que podemos cando un comentario non cumpre co regulamento, colgamos os links dos resultados e poñemos pantallazos dos mesmos.

Agradecemos moito o fío que abriches explicando con detalle a túa situación, porque pode haber casos similares ao teu que non detectamos ata o de agora. Así tamén eles de decatarán do seu caso.

A solución para que podas entrar nos sorteos pasa por unificar os teus nicks, sentimos que non sexa do teu gusto, pero como comentamos previamente, é a forma máis rápida de saber que sodes a mesma persoa. É o que lle estamos a pedir ao resto de corredores, e xa hai un fío aberto para estos casos:

www.correrengalicia.or...149#575149

Animámoste a que non esperes a solicitalo. Ainda quedan moitos sorteos por realizar nos que podes participar Sorriso

Un saúdo

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2413 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 7:36
Asunto: Re: Unha crítica construtiva sobre os sorteos de dorsais

Boas Fer, entendese a túa cuestión. So matizar e recordar que non circuíto non existe ningún inscrito, que sexa "Fer." ou "Fer", por o menos nesta tempada.
Pidelle por mail cambiar o nick do circuíto a "Fer.", é solucionado o problema.
So é mandar un mail cos datos a circuito-*-correrengalicia-*-org, onde admin fará o cambio sen problema.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos