Foros ›
Autor
Mensaxe
Xabirianxo

Novo foreiro
Novo foreiro
23/03/16
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 10:26
Asunto: V trail de Vitres

Ola chavalada, e non tan chavalada¡¡¡

Outro ano, e xa van cinco,vaise celebrar en Boiro o Trail Castelo de Vitres,conocido tamén como trail de Vitres e organizado por Tribu Trail, coa colaboración do Concello de Boiro e a empresa Jealsa como principales patrocinadores.

Como cada ano celebrase a finais de setembro,este ano o domingo día 23.
O lugar onde inscribirse é na plataforma de Galitiming, onde atoparedes o cartel oficial da carreira así como o regulamento.

A maiores,quixera facer algunha puntualización,sin perxuicio das que se irán facendo respeto dos últimos detalles da carreira:
-Ao igual que o ano pasado,temos o gran detalle por parte do Lar do Trilli,establecemento turístico de Boiro,que oferta para os participantes ou acompañantes, a pernotación e cea do sábado día 22,así como o desaiuno e comida do domingo 23.Todo con un custe de 35 euros por persoa.Reservar directamente no 981 84 26 10 indicando oferta para Trail de Vitres.

-Respeto da carreira en si, e ainda que sale reflexado no regulamento,incidir en que se trata dunha carreira de dificultade tecnica e física medio-alta,polo que se debe de estar ben preparados físicamente para este tipo de probas.
Decir tamén que dependendo da climatoloxia que nos vaiamos a encontrar,ainda que non sexa obligatorio,convén levar sistemas de hidratación propios,pois ainda que se disporá de tres avituallamentos intermedios, a dureza da proba pode requerir o levalos.

Calquera dúbida ou pregunta que queirades plantexar,podedes facela por este medio,ou no facebook da carreira,V trail de Vitres.Por suposto,tamén preguntando a calquera membro do Tribu Trail, que seguro algún coñecedes.


Vemonos en Boiro o día 23 sufrindo e disfrutando como nunca,jajaaja¡¡¡¡
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
347 Mensaxes
Sigüeiro
Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 18:41
Asunto: Re: V trail de Vitres

trailcastelo.galitiming.com/ aquí el enlace de la inscripción para los más vagos Guiño
mlestonf

Montañés
Montañés
23/01/13
0 Carreiras
444 Mensaxes
Muros de San Pedro
Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2018, 10:37
Asunto: Re: V trail de Vitres

Decíame un compañeiro alá en Zas que parecía que lle querían meter medo a xente. Non home, é para que a xente se apunte sabendo a donde vai. É un trail técnico e durecho, non unha andaina ou para correr a 4:30. Vanse deixar uñas das mans e dos pes, un pouco de sangue, moita suor e un lote de insultos e improperios contra o enfermo que diseñou o trazado ( eu quéroche, presi). Así que xa sabedes, si queredes unha cicatriz máis... a Vitres
RadicalMarc1

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
6/10/13
77 Carreiras
882 Mensaxes
O Burgo/Castelo/Caldebarcos
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 8:59
Asunto: Re: V trail de Vitres

Entendo que cambia o recorrido respecto do ano pasado. Se non recordo mal eran 20km e 1100m+, que ao final quedaron en algo menos. Este ano anuncian 23km e 1500m+.
Trail moi bonito, tamen tecnico pero que se disfruta. Moi recomendable por se alguen esta dudando entre apuntarse ou non.
Xabirianxo

Novo foreiro
Novo foreiro
23/03/16
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Set 2018, 16:22
Asunto: Re: V trail de Vitres

Pois si,o percorrido cambia respeto do ano pasado.Cada ano modificase,sempre buscando melloralo,uns anos pode ser máis largo,máis duro ou máis tecnico,pero sempre buscando que sexa atractivo para os corredores de montaña.Eso sí,a subida ó Castelo de Vitres e a correspondente baixada pola calzada romana é indiscutible.Este ano recuperamos outra subida moi dura como é a que lle chamamos da Laxe,a cal transcurre no inicio paralela a un regato para acto seguido remontar unha laxe duns 50 metros de longo con gran desnivel.Por ter,ten de todo tipo de terreos:sendeiros de rio,sendeiros polo medio dos toxos(ben recortadiños),sendeiros de pedra,sendeiros de herba nas Chans do Barbanza,a clasica rampa da antena,que este ano se baixa,.......
Bueno,si vos conto todo xa non vides,jajajaja..
O que teño claro é que cada un o seu ritmo,vai disfrutar do recorrido,para eso FRAN BLANCO LAIÑO, autentica alma mater da proba,queimou zapatillas e gasolina abrindo novas rutas e desbrozando e poñendo a punto as existentes.
Respeto da distancia e desnivel,que sempre bailan os números,decir que son 24,5 km e cun desnivel + arredor dos 1600 metros.No caso do desnivel sabedes que todo depende do gps que se use.
Decir tamén que no postcarreira vanse servir callos para todos os participantes,así como bebida e avituallamento variado.
Sen máis,vemonos o 23 en Boiro
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1268 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 20:01
Asunto: Re: V trail de Vitres

bueno,o trail esta ahi o lado, e ata 21 trofeos estan agardando por vos.
pero teredes que sachalo !!!!!!!!

inscrividevos xa en :
trailcastelo.galitiming.com/


karibou

Maratoniano
Maratoniano
3/10/13
1123 Carreiras
266 Mensaxes
Bertamiráns
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 14:55
Asunto: Re: V trail de Vitres

Lo malo de cambiarlo cada año es que no te puedes medir. Personalmente soy partidario de respetar los recorridos.
romelle

Novo foreiro
Novo foreiro
30/03/14
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 15:33
Asunto: Re: V trail de Vitres

Pois eu penso que o mais bonito do monte é olvidarse dos tempos e disfrutar do recorrido,que para medirse xa temos o asfalto...cos cambios de recorrido siempre te encontras sorpresas "agradables" froito de darlle moitas voltas á cabeciña por parte dos organizadores!!!
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1268 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 16 Set 2018, 12:13
Asunto: Re: V trail de Vitres

karibou escribió:
Lo malo de cambiarlo cada año es que no te puedes medir. Personalmente soy partidario de respetar los recorridos.

si,pero non aportas nada dun ano a outro,e como vaias tres anos consecutivos xa aburres o conto.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
533 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2018, 13:46
Asunto: Re: V trail de Vitres

Non se visto o trazado, terreo e o desnivel aburrirse un non se vaí aburrir Silbar
NachoBecerra

Novo foreiro
Novo foreiro
12/01/15
0 Carreiras
14 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2018, 18:28
Asunto: Re: V trail de Vitres

karibou escribió:
Lo malo de cambiarlo cada año es que no te puedes medir. Personalmente soy partidario de respetar los recorridos.

Certamente o bonito das carreiras polo monte é esquecerse un pouco dos tempos, levantar a cabeza e desfrutar do percorrido, non estar tan pendentes do reloxo e sacar a vista das zapatillas. Aí queda.
Xabirianxo

Novo foreiro
Novo foreiro
23/03/16
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Set 2018, 14:59
Asunto: Re: V trail de Vitres

Ollo!!
Quero lembrar que a hora de saída será as 9 da mañán!!
En Galitiming figuraba por erro as 9:30.
Desta maneira o peche de meta vai ser as 14:30 dando marxen de tempo pola dificultade da proba.
Calculamos que os primeiros estean sobre as 12:00 ou 12:15 en meta onde xa estarán preparados os callos e o resto de avituallamento.

Vemonos o Domingo!!
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Set 2018, 19:16
Asunto: Re: V trail de Vitres

Bueno
Mandar mandou carallo ca película...
A min son as carreiras que me gustan, o certo e que quizais era duro "demais", pero canto e demais ou de menos?
Quizais máis corrible... Correr na parte de arriba puidose correr, quen puido..
O Sr Lestón viume a cara cando viña de volta, él coñeceme dende fai anos e o certo e que a dureza da carreira de hoxe traía grabada na cara
Pero, eu sen dúbida, animaría os Tribus a que sigan ca dinámica, quizais non teñan masas de xente, pero a organización e fenomenal, sinalización tamén e sabemos o que vamos a Boiro.
Eu levo os 5 anos indo e o monte de Vitres préstase para eso (igual que o Pindo), porque para andar a ritmos de seis polas pistas e cortafuejos xa ai carreiras a jodelas.
O calor que facía hoxe xa non e cousa deles e eso debilitanos moito co paso das horas.
Cómo aportación, creo que os corredores preferimos acabar na peatonal e ter as duchas máis lonxe, gústanos entrar a lo grande aínda que non sexamos Kilian (oín o conto varias veces)
E cómo apunte sobre hoxe, vendo o día que viña, igual non sobraba arriba un furjoneto con un posto de auga intermedio entre os avituallamentos.
Saúdos e a seguir desbrozando carreiros
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1268 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 24 Set 2018, 10:33
Asunto: Re: V trail de Vitres

Lemacial escribió:
Bueno
Mandar mandou carallo ca película...
A min son as carreiras que me gustan, o certo e que quizais era duro "demais", pero canto e demais ou de menos?
Quizais máis corrible... Correr na parte de arriba puidose correr, quen puido..
O Sr Lestón viume a cara cando viña de volta, él coñeceme dende fai anos e o certo e que a dureza da carreira de hoxe traía grabada na cara
Pero, eu sen dúbida, animaría os Tribus a que sigan ca dinámica, quizais non teñan masas de xente, pero a organización e fenomenal, sinalización tamén e sabemos o que vamos a Boiro.
Eu levo os 5 anos indo e o monte de Vitres préstase para eso (igual que o Pindo), porque para andar a ritmos de seis polas pistas e cortafuejos xa ai carreiras a jodelas.
O calor que facía hoxe xa non e cousa deles e eso debilitanos moito co paso das horas.
Cómo aportación, creo que os corredores preferimos acabar na peatonal e ter as duchas máis lonxe, gústanos entrar a lo grande aínda que non sexamos Kilian (oín o conto varias veces)
E cómo apunte sobre hoxe, vendo o día que viña, igual non sobraba arriba un furjoneto con un posto de auga intermedio entre os avituallamentos.
Saúdos e a seguir desbrozando carreiros

gracias polos animos.

sobre o tema de sair dende a peatonal, e complicado compracer a todo o mundo,xa que dende fai tempo nos chegan os oidos comentaios de tipo...
-moito tramo de correr..
-que si moito asfalto...
-que si habia que sacarlle o cacho de Boiro...

total,que nunca vai chover a justo de todos,pero quedamonos con esa aportacion que me parece cando menos interesante.

sobre avituallas.
o dia saleu mais barvo do que esperavamos,e un avitualla liquido antes do Castelo non sobrava,e algo do que somos conscientes tras a carreira,e tratarase de evitar .

as criticas son benvidas,xa que correxilas e a unica maneira de millorar en vindeiras edicions.
NachoBecerra

Novo foreiro
Novo foreiro
12/01/15
0 Carreiras
14 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Set 2018, 15:35
Asunto: Re: V trail de Vitres

Súmome ao de antes, mandar mandou carallo a carreira de onte, e levo 4 das 5 edicións.
Postos a dar ideas a min gustoume máis o camiño do ano pasado entre o paso baixo a autopista e a aldea de ¿Mosquete?.
Despois por se sirve de idea, aproveitaría máis crestear entre os toxos, alá polo alto en dirección ao Iroite, estirando máis a carreira por alá e facéndolle menos bucles. Espero que o tomedes coma un comentario constructivo xa que esa é a miña intención, pero é certo que é imposible contentar a todo o mundo, jajaja.
Un saúdo e seguide así, podedes contar conmigo outra vez o ano que ven.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos