Foros ›
[18/8/18] - XXXIII Carreira Popular de Pintos
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
12 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 06 Ago 2018, 18:27
Asunto: [18/8/18] - XXXIII Carreira Popular de Pintos

Somos un grupo de xuventude da zona de Pintos Chupete , en Marcón (Pontevedra), que organizamos unha carreira popular que se vén transmitindo de xeración en xeración.

Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para un sorteo, logo da entrega de medallas, de diversos productos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, menaxe do fogar... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco, ou polo menos intentalo.

NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e intentando mellorar naqueles puntos fracos que temos Angel . De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira con amizades e fillas e fillos!

A distancia, a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2km Molón , na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, e un par de baixadas considerables. As distancias para as categorías inferiores son menores, máis adecuadas aos seus rangos de idade.

Para todos aqueles participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización. Aplauso

Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.

Este ano voltaremos a contar cunha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada mentres se desenvolven as carreiras. Bailar Bailar

Por último, lembrarvos que continuamos cunha iniciativa coa que levamos colaborando varios anos: RedeAxuda, do Concello de Pontevedra. Animámosvos a tod@s aquel@s que poidades e vos apeteza aportar algo, pois que colaboredes! Rezar Nós neste caso facemos chamamento para produtos sobre todo para rapaz@s, pois estes produtos escasean no verán ao non haber comedor escolar. De todos xeitos, na web de www.redeaxuda.com podedes ver o que se precisa con máis urxencia...

Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 18!!






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos