Foros ›
CUMIOS DO COUREL.QM VERTICAIS NO COUREL (25-26/08/2018)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
710 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Xuñ 2018, 15:06
Asunto: CUMIOS DO COUREL.QM VERTICAIS NO COUREL (25-26/08/2018)

Quilometros verticais Cumios do Courel:

INSCRIPCIONS ;

verticaisdocourel.galitiming.com/

Os dias 25 e 26 de Agosto do 2018 celebraranse no Concello de Folgoso do Courel os quilometros verticais do Penaboa e Formigueiros

 dia 25 as 17 horas celebrarase o quilometro vertical do Penaboa cunha lonxitude de 6 qulometros e un desnivel positivo de 1150 metros

 dia 26 as 10:30 horas celebrarase o quilometro vertical do Formigueiros cunha lonxitude de 3,9 qulometros e un desnivel positivo de 950 metros

Organizada polo Concello de Folgoso e Tourgalia.

Os quilometros podense facer de maneira combinada , realizando os dous quilometros verticais , ou competir tan soio en un dos quilometros verticais.

A inscripcion que se fara a traves da plataforma de Galitiming :

• Inscripción aos dous quilometros verticais ( combinada Cumios do Courel) :

o Dende o 22 de junio a 15 de agosto: 24 €

o Dende o 16 de Agosto ao 22 de Agosto: 35€

• Inscripcion a un quilometro vertical:

o Dende o 22 de junio a 15 de agosto: 16€

o Dende o 16 de Agosto ao 22 de Agosto:23€

As inscripcions despois do dia 16 de agosto non se lles garantiza a camiseta conmemorativa .

Poderase anular a inscripción cun custo de 7 € por gastos de xestion ata o dia 15 de Agosto, asi mesmo podese ceder o dorsal a outro corredor ata o dia 20 de Agosto sin costo algún comunicando con anterioridade a organización a correo electrónico cumiosdocourel @ gmail.com

A saída da carreira terá lugar desde

• Ferreiros de Abaixo no quilometro vertical do Penaboa , sendo a chegada no mirado do Pico dos Bois ou Penaboa
• Dende a Aula da Natureza de Moreda no quilometro vertical do Formigueiros sendo a chegada no pico do Formigueiros

As carreiras seran en modalidade cronometrada en grupos de corredores que se determinaran en relacion ao numero de inscritos

O maximo de corredores en cada carreira sera de 300 por riguroso orde de inscipcion, sendo a idade minima para participar os 16 anos cumpridos na data da carreira.

A recollida de dorsais e toda a loxistia das duas carreiras situarase na localidade de Folgoso do Courel na casa do Concello.

A recollida de dorsais farase co seguinte horario:

 dia 25 dende as 12 horas ata as 16 horas en Folgoso do Courel( determinarase lugar)

 dia 26 dende as 8 as 9:30 horas en Folgoso do Courel( determinarase lugar)

 Os corredores da combinada usaran o mesmo dorsal nas duas probas .

• dias 26 non se podra acceder en vehiculos particulares a localidade de Moreda polo colapso que eso significaría, a organización pora un autobús dende Folgoso a Moreda para trasladar aos corredores . Determinaranse e turnos e horarios con antelación

• Poderán participar nesta proba os/as corredores/ as maiores de 16 anos de idade, inscritos na mesma e que posúan a condición física apropiada para competir en carreiras por montaña.

• percorrido estará marcado pola organización e será desbalizado cando remate a proba.

• PERCORRIDO DE BAIXADA (NON CRONOMETRADO) se realizara polo mesmo sitio que o de subida.

• tempo máximo para completar o percorrido cronometrado será de 2 horas, a partir do cal se pechará o control de meta e a clasificación.

• Establécense os seguintes puntos de avituallamiento:

o Penaboa:
 Avituallamiento en carreira km 2, - Ferreiros de Arriba: Auga
 Avituallamento Pico penaboa : Auga.
 Avituallamento meta: Pico Pia Paxaro : Auga e Froita

o Formigueiros:

 Avituallamiento en carreira km 2,8 – Pista Alto do Couto: Auga
 Avituallamento meta: Pico Formigueiros : Auga e Froita

 CATEGORÍAS E TROFEOS.

A organización entregará trofeos os gañador@s Absolut@s e aos tres prmeiro s das categorías descritas en cada un dos quilometros verticais, ademáis habera premios para os gañador@s da Combinada .:

• Absoluta feminina
• Absoluta masculina
• Veteranas Feminino mayores de 45 anos.
• Veteranos Masculino mayores de 45 anos.
• OS premios non seran acumulativos

As clasificacions da combinada realizaranse mediante a suma dos tempos das duas carreiras

Habera un premio especial ao millor equipo na combinada das duas carreiras , para a clasificacion teranse en cota os tempos de 4 corredores nos que de maneira obrigatoria debera haber unha muller.

Os corredores menores de 18 anos deberán presentar indispensablemente unha autorización paterna asinada e unha copia do DNI do proxenitor.

Cada participante levará sobre a súa indumentaria nun lugar ben visible, o dorsal que se lle entregará antes de comezar a proba. Non será válido levar o dorsal nas costas ou parte posterior do corpo. O dorsal é persoal e intransferible. O incumprimento deste punto leva a descualificación.

Os participantes deberán seguir o percorrido marcado pola organización, os corredores que se afasten do percorrido serán descualificados. O percorrido poderá ser modificado ou a proba podería suspenderse en caso de producirse condicións meteorolóxicas adversas ou calquera outra circunstancia que implicase risco para os participantes.

No percorrido existen carreiros estreitos polos que só se pode avanzar en fila dun. Nestes tramos é obrigatorio ceder o paso e permitir adiantar a aqueles corredores que o soliciten por poder avanzar máis rápido.

MATERIAL OBRIGATORIO: Bidón, sistema de hidratación ou vaso plegable (nos avituallamientos non hai vasos)

En función das condicións meteorolóxicas podería ser obrigatorio o uso de roupa de abrigo

MATERIAL MOI RECOMENDABLE : Manta térmica e móvil.

No caso de que algún participante decida retirarse, tanto no percorrido de subida como no de baixada, deberá comunicalo ao persoal de carreira devolvendo o dorsal e o chip, e seguir as instrucións para a súa volta ou transporte á zona de saída.

Todo participante está obrigado a: Seguir as instrucións ditadas pola organización, controladores, voluntarios e demais persoal da carreira.

Respectar o medio, especialmente non arroxar lixo, restos de comida, envoltorios,etc…

Velar pola seguridade dos demais participantes e socorrer e prestar axuda a calquera outro participante .

Equiparse correctamente co material, bebida, comida e indumentaria necesarios, para participar na proba en función do tipo de terreo, percorrido e condicións meteorolóxicas.

Cada participante será responsable do seu material, da súa propia seguridade e da doutros participantes. ou perdas de material.

SEGURO DE ACCIDENTES. organización contratará un seguro de accidentes para os corredores

Todos os participantes presentarán o seu DNI no momento de recoller o seu dorsal.

Non se admitirán a cesión de dorsal dunha persoa a outra, por tanto, non se permitirá participar na proba co dorsal doutra persoa , despois do dia 20 de agosto.

A inscrición na proba supón a aceptación de todas as condicións establecidas neste regulamento. Quedará descualificado todo participante que o incumpra ou non complete a totalidade do percorrido. A organización poderá modificar o presente regulamento por causas xustificadas, comunicándoo debidamente aos participantes.
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
710 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Ago 2018, 11:43
Asunto: Re: CUMIOS DO COUREL.QM VERTICAIS NO COUREL (25-26/08/2018)

Ademais dos qm verticais teremos dous roteiros de senderismo guiados

ROTEIROS DE SENDERISMO:

Os mesmos días realizaranse dous roteiros de senderismo guiados de dificultade media alta :

O máximo de participantes será de 50 persoas en cada roteiro.

SABADO 25:

• ROTEIRO A PENABOA, ruta de 15 km con saida en ferreiros de abaixo que subirá o km vertical ata o penabaoa descendendo polo mirados de polin ata ferreiros de arriba e de ali repetindo o camiñoa Ferreiros de Abaixo.
• SAIDA: As 15:30 horas de Ferreiros de Abaixo.
• CHEGADA: 21:30 horas a Ferreiros de abaixo
• RECOLLIDA DE CAMISETAS: dende as 14:15 ta as 14:45 en Folgoso do Courel


DOMINGO 26:

• ROTEIRO AO FORMIGUEIROS, ruta de 12 km con saida de Moreda que subirá por Moreda Maior ata Alto do Couto e de ali Pola Arista do formigueiros ata o seu cume descendendo despois de novo a Moreda
• SAIDA: As 9:00 horas de Moreda
• CHEGADA: 14:30 horas a Moreda
• RECOLLIDA DE CAMISETAS: dende as 8:00 ata as 8:30 en Folgoso do Courel

INSCRIPCIONS:

• Inscripción aos dous roteiros :

o Dende o 2 de Agosto a 15 de agosto: 20 €

o Dende o 16 de Agosto ao 20 de Agosto: 30€

• Inscripcion a un roteiro:

o Dende o 2 de Agosto a 15 de agosto: 13 €

o Dende o 16 de Agosto ao 20 de Agosto: 35€

As inscripcions incluien avituallamento e camiseta comemorativa, traslado o domingo dende Folgoso do Courel en autobus a Moreda e recollida final en Autobus.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos