Foros ›
II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Xuñ 2018, 21:23
Asunto: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice, coa colaboración dos Concellos de Padrón e Teo, organiza o II Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice”, que terá lugar o día 1 de Setembro, as 17:00h.
A saída será na aldea de A Agrela - Teo (xunto a Capela de Santa Ana), e chegada na Praza de Macías (Padrón).

Tipos de Proba:

Distancia Larga:
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.350 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquido + sólido)
200 prazas

Distancia Corta:
Modalidade competitiva con unha distancia de 14 kms.
Desnivel positivo aproximado de 700 m e un desnivel acumulado de 1.700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: media
2 Avituallamentos (líquido + sólido)
200 prazas

Apertura de inscricións en Galitiming.
Mais info no Facebook do CDM Vértice
[img]
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xuñ 2018, 16:32
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

II TRAIL VILA DE PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2018


Reglamento e Programa



1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e Teo, organiza o II Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2018, que se celebrará o día 1 Setembro do 2018, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Praza de Macías).

1.2.- Tipos de probas.

Distancia Larga:
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.350 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquido + sólido)

Distancia Corta:
Modalidade competitiva con unha distancia de 14 kms.
Desnivel positivo aproximado de 700 m e un desnivel acumulado de 1.700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: media
2 Avituallamentos (líquido + sólido)

Punto de corte Carreira Longa:
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda. Alí estará o 3º avituallamento, desde o cal, estes corredores seguirán o trazado da proba como o resto de participantes.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda.
As dúas probas sairán xuntas, separándose os 800m da saída.
Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón ata a saída. Os autobuses sairán a partir das 15:30 do Campo do Souto (campo da feira).

Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 40%
Pendente máxima de baixada: 41%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s

3.- PROGRAMA

01 de Setembro (sábado)

14:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Praza de Macias en Padrón- Zona de Meta)
16:00 – Inicio de transporte (autobuses) dos corredores para a saída en A Agrela, desde o campo da feira (O Souto).
17:00 – Saída da proba (de forma conxunta)
20:00 – Corte horario no alto dos muíños eólicos, solo proba longa (Km 14,5).
18:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores da proba curta.
19:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores da proba longa.
21:00 – Peche de Meta.
21:30 – Cerimonia de entrega de premios e pincho final de proba.

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.

A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón), paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 20 Larga, Km 12,7 Corta).
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do II Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2018, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas por proba. Si antes da fecha de peche de inscricións (29 de agosto de 2018), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 08 de xuño de 2018, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

Prezo da inscrición:
1º Tramo (08/06/18 ata 13/08/18)
Carreira Longa: 15€
Carreira Curta: 10€

2º Tramo (14/08/18 ata 29/08/18)
Carreira Longa: 18€
Carreira curta: 12€

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.- Categoría absoluta masculina e feminina
Subcategoría Veteranos (+40) masculina e feminina
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).

Premio especial “Concello de Teo”:
Tramo cronometrado subida a Pena das Cruces (Km 4,5 o Km 5,2 +222m)
Trofeo o primeiro corredor masculino e feminino mais rápido/a.

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:

Carreira Longa:
Km. 6 – Pena da Agrela - Líquido + Sólido
Km. 10 – Cruce estrada CP-6502 - Líquido + Sólido
Km. 16 – Monte Meda - Líquido + Sólido

Carreira Curta:
Km. 3,6 – Cruce estrada CP-6502 - Líquido + Sólido
Km. 8,7 – Monte Meda - Líquido + Sólido


8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias:

9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 21:30h

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS

-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.15´´N 8º39´39.40´O (Praza de Macías)

-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)

-Duchas: 42º44´07.45´´N 8º39´39.05´O (Pabellón municipal lugar do Souto)


11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Xuñ 2018, 19:48
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Adxuntamos perfiles das duas distancias.
[img]


CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 12:34
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Boas tardes corremontes!
En pouco mais de 24h cambiamos precios de inscripción.
Ainda así, pouco é polo que che ofrecemos:
Dous percorridos moi chulos con unha chegada espectacular.
Obsequios
Avituallamientos e pizza+cerveza en meta
Concerto para animar a entrega de Trofeos.
Ides a faltar a festa do II Desafío Vértice?
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2700 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 16:25
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Inscrito!! Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
858 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2018, 8:10
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Uno más apuntado.
Una duda....hay posibilidades de dejar una mochila en la zona de llegada?
Gracias
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2018, 16:08
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Boas tardes CK13, recordovos que os dorsais repartense na zona de Meta (Praza de Macías), para logo subir a tod@s en autobuses a zona de saida, que será as 17:00h, as duas probas xuntas.
Si alguen necesita deixar un mochila ou bolsa na zona de meta, podrá facelo.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
858 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 6:37
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Gracias
Nos vemos en Padrón
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 14:41
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Xa estamos a casi duas semanas para o II Desafío Vértice.
Recuperamos este reportaxe de Eolo Drones para os que non coñecedes esta zona.
Tedes duas distancias a elexir: 21 ou 13
Percorridos que non vos deixarán un momento de descanso, cun final espectacular correndo polas ruas de Padrón.

CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Ago 2018, 14:54
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Boas tardes!, a menos de unha semana da proba, xa temos preparados os trofeos. Con un diseño fora do común, qué vos parecen?.
Ánimo! que o xoves a noite pechamos inscripcions.



CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Ago 2018, 21:21
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Boas noites corremontes, imos a recordar os datos importantes para mañan:
Horarios:
14:30-Apertura de zona de Meta: comenzo entrega de dorsais (Plaza de Macías, Padrón)
16:00- Saída dos autobuses desde O Souto, campo da feira. As duas probas a vez.
17:00- Saída das duas probas en conxunto.
20:00- Corte horario para a proba larga no Km 14,5 (Eólicos).
21:00- Peche de Meta.
21:30-Comenzo previsto de entrega de Trofeos.
Meteo:
Como xa sabredes, esperanse temperaturas altas para mañan, con unha máxima prevista de 33 grados.
Por eso, decidimos montar 3 avituallamientos desatendidos a maiores. Estarán compostos de capachos con agua+xeo, nos que haberá botellins de agua. Haberá papelera o lado para tirar basoira.
Ainda así, recomendamos sistemas de hidratación, principalmente na larga.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
858 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Dom, 02 Set 2018, 8:19
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Felicidades al Club Vértice por la excelente organización, trato y simpatía mostrada en este día. Día muy duro para el monte pero es el que toco.
Siñalización perfecta, avituallamientos muy completos y mejor atendidos por el personal, de 10.
El trazado, personalmente no me gusto. Mucho cortafuegos y sendas rotas, pero como digo, esta es mi apreciación.
El día, pues fue el que toco y punto. Toco tirar de sentido común para no sufrir ninguna consecuencia no deseada.
Lo dicho, mi sincera enhorabuena por la carrera tan bien organizada Aplauso Aplauso Aplauso
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
326 Mensaxes
Sigüeiro
Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 8:48
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Eché de menos la zona de pozas, piedras resbaladizas y troncos del año pasado. El resto fue más y mejor. En 2019 vuelvo
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 10:14
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

Bos días, moitas gracias CK13 e AJACAST polos vosos comentarios. Felicitar tamen, a tod@s os que se atreveron a estar na línea de saída o sábado, finalizasen ou tiveran que abandonar máis tarde. O día presentouse con unas temperaturas extremas, que fixeron que a proba, dura de por sí, fose máis complicada.....enhoraboa!
Contestando AJACAST, este ano quitamos ese tramo o que te refires, por cuestions de seguridade. Por outro lado, este ano co moito que choveu, estaba seco!.
Un saudo e esperamos contar con vos na III Edición.
kinki

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/01/13
20 Carreiras
127 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 21:05
Asunto: Re: II TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2018

felicitar a organizacion,era o meu primeiro trail e a verdad e que se me fixo duro,paseino mal en alguns tramos entre o calor e as costas,pero e una experiencia nova,e aprendin cousas para o proximo que faga.
os voluntarios de 10,todo ben señalizado xa que fun bastante parte do recorrido solo e tuven dous momentos de duda nuns cruces que non via a marca a seguir, pero o resto ben balizado.
o recorrido doume 15 km 300mts ,era esa a distancia?ou equivoqueime en algun lado?
agradeceria que algun dos participantes do trail corto puxeran que distancia lles dou,gracias
para o ano repetirei seguro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos