Foros ›
Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Mai 2018, 13:29
Asunto: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Benqueridos amigos/as.

É un pracer comunicarvos que o domingo 8 de xullo se celebrará a segunda edición do medio maratón entre Arzúa e O Pino que se disputou por primeira vez en 2017.

Nas vindeiras semanas iremos anunciando todo o referente a esta proba que agardamos, teña unha gran acollida como o pasado ano.

Agradecemos a todas/os as/os que participastes o pasado ano, que nos fagades chegar os vosos puntos de mellora de cara a potenciar do mellor xeito posible a proba.

Moitas grazas por anticipado e grazas tamén a este foro de correr en galicia por permitirnos informar desta proba.

A organización 2018.
halfpenny

Novo foreiro
Novo foreiro
31/10/14
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Mai 2018, 15:07
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Gran Carreira. Se non hai lesión ou imprevisto alí estarei. Eu quedei moi satisfeito con todos os aspectos da carreira do ano pasado: percorrido, avituallamentos, voluntarios en puntos conflitivos e cruces con tráfico, a grande cantidade de peregrinos a animarnos durante a proba...
O biscoito de chocolate da meta non pode faltar! Moi bo e reconstituínte. Só por iso xa animo a todos a participar.
A única cousa que me deu un pouco de mágoa foi a camiseta. O logo de O Corte Inglés tan grande no medio do peito non quedaba ben. Entendo que os patrocinadores pagan e mandan pero destrozaba unha camiseta que na miña opinión era moi bonita en cor azul co logo da carreira no peito (un logo moi bonito) e os escudos dos concellos nas mangas. Eu tería posto a camiseta para vestir máis veces no día a día e dar a coñecer a carreira se non fose por esa publicidade tan mal ubicada.
Ben, xa sei que é un agasallo, que todos temos moitas camisetas, pero é a única cousa que lembro que me amolou da carreira. Polo tanto, esa sería a miña recomendación.
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Mai 2018, 11:41
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Grazas halfpenny. Tomamos nota das túas recomendacións.
Unha aperta.
FernandoLP

Novo foreiro
Novo foreiro
15/06/16
50 Carreiras
7 Mensaxes
Las Palmas de GC
Respostar citando Envío Ven, 18 Mai 2018, 17:18
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Boas!!! Este ano queremos ir un grupo de amigos desde Lugo a disfrutar desta proba.
Pese a non facela o ano anterior, gustariame apuntar se se me permite que sería de gran axuda os que vimos de fora, que se puidera coller o dorsal o día da proba... Desplazarse ata Santiago o día antes sería un inconvinte.
Cando se abrirán as inscripcions?
Grazas de anteman e animo os organizadores!!!
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 19 Mai 2018, 22:51
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

FernandoLP escribió:
Boas!!! Este ano queremos ir un grupo de amigos desde Lugo a disfrutar desta proba.
Pese a non facela o ano anterior, gustariame apuntar se se me permite que sería de gran axuda os que vimos de fora, que se puidera coller o dorsal o día da proba... Desplazarse ata Santiago o día antes sería un inconvinte.
Cando se abrirán as inscripcions?
Grazas de anteman e animo os organizadores!!!

Boas FernandoLP. Sempre deixamos marxe a recoller o dorsal o día da proba, así que da eso por feito Guiño .
No que respecta ás inscricións agardamos abrilas en breve; estamos a últimar certos detalles pero tentaremos abrilas canto antes. Vós gardade data que vós agardamos. Grazas!!.
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Mai 2018, 15:01
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Bos días.

Xa podedes consultar a información e inscribirvos no ligazón emesports.es/event/ii-...an-camino/

Atentos aos prezos que no primeiro prazo é unha oferta moi interesante.

Saúdos,

#grancamiño2018
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Mai 2018, 14:07
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

INFORMACIÓN NO NOSO PERFIL DE FACEBOOK www.facebook.com/O-Gra...bI&fref=nf :

PREZOS e PRAZOS de inscrición da proba:

> Ate o 10 de xuño ----> 12 euros
> Do 11 ao 30 de xuño ----> 15 euros
> Do 02 ao 05 de xullo ----> 18 euros

Aproveita a oferta de saída da proba ... emesports.es/event/ii-...an-camino/
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Xuñ 2018, 0:37
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Boas noites.

Seguimos avanzando nos preparativos da proba. Compre lembrarvos que o prazo reducido de inscrición na proba rematará o vindeiro domingo 10 de xuño ás 23:59 horas.

Consulta o regulamento da proba e inscríbete aquí: emesports.es/event/ii-...an-camino/

scontent.flcg1-1.fna.f...e=5BB15425
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Xuñ 2018, 15:03
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Boas tardes.

Seguimos avanzando na organización de "O Gran Camiño" 2018 que se celebrará o domingo 8 de xullo. Desta volta contaremos con servizo de fisioterapia en meta, ademáis de que recibiredes todos/as agasallo finisher 2018.. temos algunha sorpresa máis que anunciaremos en breve.

Lembrade: inscricións en emesports.es/event/ii-...an-camino/
Forrestgon

Maratoniano
Maratoniano
29/09/07
34 Carreiras
28 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Ven, 22 Xuñ 2018, 10:22
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Buenos días a tod@s,

Veo este foro muy parado a falta de 15 días.....

Mi experiencia del año pasado que fue la primera edición fue muy satisfactoria. Desde el mes de Marzo por una fractura de costilla y herpes zoster, todo a la vez, estuve parado cuatro meses... la hice con 2 días de entrenamiento, apenas 12 kms entre los dos días de rodaje una semana antes.

El dia de la carrera sufrir es poco, lo siguiente, pero gracias al apoyo de todos los peregrin@s que me encontré me llevaron en palmitas a meta.
Recuerdo un grupo de sevillan@s cantando, un italiano con mochila que corrió conmigo 300 metros..etc, etc... hasta cortaron el tráfico para mi solo (iba casi en cola de carrera solo jajajajaja), para que cruzara la carretera... en fin, una de las carreras más divertidas, bonitas y animadas.. que he corrido y a la cual este año volveré y que personalmente recomiendo.

Menos dura que la de Palas, sin tanto calor al ser por la mañana y como mejora diría o creo que el último Km estaba mal señalizado...fue casi 1.5 Km.
Aunque a lo mejor fue una percepción mía......

Nos veremos el día 8...
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
108 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Xuñ 2018, 11:58
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Copio o dito por FORRESTGON . Serei da partida se nada se torce.
Para min unha proba espectacular que vexo tamén o tema moi parado.
A animarse!!.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2687 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 24 Xuñ 2018, 22:47
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Boas. O ano pasado corrín a proba, e é realmente fermosa a mesma.

Supoño que a xente agardará para o final pero queda un longo camiño por recorrer nesta proba que ademais dun circuito espectacular, ten algo especial. Agardo que sexa un éxito este ano.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
GranCamiño

Organización
Organización
14/06/17
1 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 30 Xuñ 2018, 1:20
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Lembrade que mañán, sábado 30 de xuño ate as 23.59 h, derradeiro día de inscrición a 15 euros. O domingo ás 00.00 pasará a 18 euros ata o 5 de xullo.

Link inscrición: emesports.es/event/ii-...an-camino/

Saúdos e grazas!.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1760 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 01 Xul 2018, 10:15
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

Forrestgon escribió:


Veo este foro muy parado a falta de 15 días.....

copasdeyate escribió:
...vexo tamén o tema moi parado.
A animarse!!.

Pensando por qué será?

o caso é non levar un jolpe
xmgz.eu
#barefootrunning \O/ #correrdescalzo
gil.b

Novo foreiro
Novo foreiro
8/04/13
102 Carreiras
30 Mensaxes
santiago de compostela
Respostar citando Envío Mér, 04 Xul 2018, 18:09
Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018

HOLA LOS DORSALES SOLO SE RECOJEN EL DIA DE LA CARRERA O SE PUEDEN RECOJER ANTES





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos