Foros ›
Autor
Mensaxe
Albergg

Maratoniano
Maratoniano
3/08/11
36 Carreiras
170 Mensaxes
Burela/Celeiro
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 10:39
Asunto: Re: Correr Descalzo

Sóname cada baldosa, cada pedra e cada liña pintada no asfalto das que puxeches nas fotos. Guiño

Bo artigo.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 12:09
Asunto: Re: Correr Descalzo

Guiño

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2018, 16:21
Asunto: Re: Correr Descalzo

a ver oh! e lojo qué! Demo sorrindo


Ninguén se anima a escribir a súa experiencia?


Agora que xa fai máis calor apetece ceibar os pes e sentilo chan, meterse nas pozas, ...

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
crap

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/05/07
0 Carreiras
615 Mensaxes
Excelente con vistas
Respostar citando Envío Dom, 21 Xan 2018, 11:26
Asunto: Re: Correr Descalzo

Pois vou contar a miña experiencia

XoseM escribió:

Tampouco se hai que montar películas. Correr é correr e esto non ten máis importancia que calquer outra cousa. O problema grande que lle vexo eu é que se vexa máis normal recurrir a ortopedia que intentar utilizar o teu corpo do xeito en que está adaptado de serie.

Totalmente de acordo.
Fai uns anos o meu traumatólogo díxome algo parecido. Por eso intentei acercarme ao minimalismo e incluso correr descalzo.
Pero a correr descalzo non me din acostumado. Un verano aproveitando o bo tempo intenteino, pero doianme moito os talóns, e si intentaba correr mais de punta tiña que ir pensando na pisada constantemente e correxindo cada dous por tres. Non me gustaba.
Tamen probei na cinta de correr que teño na casa, pero fixen unhas boas rozaduras nos dedos e acabei por desistir.
Non tiven moita paciencia nin ánimo para continuar e deixeino. Tal vez algún día o volva a intentar. O que fago agora e utilizar zapatillas con pouco drop.
Tamen lembro que un compañeiro que entrenaba conmigo utilizaba unhas zapatillas barateiras tipo "all star"...

E bueno, seguramente moitos xa sabedes que Iván Raña leva xa un tempo correndo descalzo, este tío simplemente con calzarse unha marca de zapatillas xa poderia ingresar uns bos cartiños. Pero corre descalzo. Iván pode ser un exemplo e motivación para calquera deportista, e para os que queiran iniciarse a correr descalzo tamen.
Deixobos un artigo donde explica de unha forma casi poetica porque o fai e as sensacions que ten ao correr descalzo.
Sensacións que eu nunca cheguei a sentir, pero bueno... igual algún día.

www.elmundo.es/vida-sa...b45f9.html

Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 22 Xan 2018, 6:01
Asunto: Re: Correr Descalzo

gracias!

Si, ao principio pode costar un pouco e hai que ir moi amodiño ou facer pouca distancia. Por eso hai que ter moito sentidiño e non ir ao bruto (non o digo por ti en concreto).

Espero que no futuro te animes a probar de novo Guiño

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 19 Mai 2018, 9:21
Asunto: Re: Correr Descalzo

un pouco de historia e antropoloxía

bfinaz.blogspot.com.es...nning.html

bfinaz.blogspot.com.es...-know.html

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
m12021958

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/01/14
12 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 19 Mai 2018, 22:03
Asunto: Re: Correr Descalzo

Hola.
Pillo este fio de foro para plasmar a miña escasa experiencia:
Fai uito anos que participo en carreiras populares (10 km.) do meu entorno e cercanias.Teño agora 60 aniños).
Entreno de forma totalmente desordenada,e solo con sensacion personal (ningun metodo:solo unhas tres horiñas semanales- uns dous dias-tres dias/sem.),mais con bo tempo e menos no inverno,(incluso paro endecembro-xaneiro).
Importante; necesito muita amortiguacion en zapas (por as baixadas).
Desde o primeiro xa empezei a correr descalzo solo na praia (durante todo ano).
Fago sempre a carreira de RAZO (descalzo).
Gustariame facer Carnota (pero por dous km en mal asfalto non me atrevo...). Tamen e mais lento correr descalzo (para todo mundo).
Resultado personal: hay que empezar amodo hasta adaptarse ben ,pero non ten nada que ver con ir calzado; E "un verdadeiro placer" sentir a alfombra de area-humeda nos pes.
Sempre atento a pisada,incluso nas tuas propias huellas ves en que puntos e con que pe vas pisando millor,(cando volves sobre a tua propia marcha),eso diche muitas cousas de como correches ti.
Tamen estou de acordo que non eres mais que ninguen por correr descalzo ou por ir mais alo e facer os trail descalzo(o cal pareceme excesivo; ahi non chega solo con adaptacion e desde logo sensibilidad (nos pes)"CERO", para que o sufrimento sea menor.
Non e para min(respeto a que o queira facer,por que eu son dos que de neno fun cas vacas para o monte).
Un saludo,corredores.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 21 Mai 2018, 6:09
Asunto: Re: Correr Descalzo

gracias por contar a túa experiencia

m12021958 escribió:

Gustariame facer Carnota (pero por dous km en mal asfalto non me atrevo...).
Un saludo,corredores.

Xa corrín alí descalzo un par de edicións! Moi feliz Non sei si este ano me cadrará ben, pero si coincidimos alí, anímate e compartimos camiño Guiño

aínda que, personalmente, a area non é o que máis me gusta nin o que máis me convén (descalzo "entérraste" máis).

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
crap

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/05/07
0 Carreiras
615 Mensaxes
Excelente con vistas
Respostar citando Envío Xov, 26 Xul 2018, 21:08
Asunto: Re: Correr Descalzo

Acabo de ver un video e acordeime de este fío. Espero que non moleste se o deixo por aquí, é que creo que á xente que corre descalza lle vai facer gracia





Por certo, o video terá mais ou menos gracia, pero é de coña.
O digo por que non é a primeira vez que a este tío o toman en serio...



Disimulando

Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted
alibaba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/12/08
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Xul 2018, 21:37
Asunto: Re: Correr Descalzo

Correr descalzo ou calzado. Todo é estupendo. Parece moi ben. Non é preciso reivindicalo, como non é preciso reivincar correr con deportivas. Cadaquén que experimente. Fenomenal
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2018, 5:51
Asunto: Re: Correr Descalzo

Correcto. Todo bien.


Só dicir que Andrés61 abríu o fío para "compartir experiencias", non para reivindicar nada Guiño

Aínda que lembro que hai dous ou tres anos a federación de montaña non permitía compertir con sandalias. Moito lío houbera daquela.
atejer00

Montañés
Montañés
20/11/09
9999 Carreiras
217 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Mar, 18 Set 2018, 17:22
Asunto: Re: Correr Descalzo

XoseM escribió:
Correcto. Todo bien.


Só dicir que Andrés61 abríu o fío para "compartir experiencias", non para reivindicar nada Guiño

Aínda que lembro que hai dous ou tres anos a federación de montaña non permitía compertir con sandalias. Moito lío houbera daquela.

Non podían asegurar a integridade dos corredores, empezaron a aparecer corredores con "esas pintas" e non souberon moi ben cómo atallar a nova opción, ou eso alegaron.

Eu teño tamén a miña experiencia ainda que descalzo puro non me arranquei aínda. Eu corro con unhas sandalias tipo taraumara (se queredes o modelo exacto non teño problema en facilitalo).

A verdade que eu collín a costume no verán, porque gústame andar descalzo, de correr algún día pola praia. E o cú inquieto que son déume por andar probando cousas, de ahí que lancéime a probar cunhas "chanclas". Total, teño varios pares de zapatillas e as uso indistintamente para entrenar. Ademáis estiven leendo e quería fortalecer a zona inferior das miñas perniñas, intentar correr máis "naturalmente" e ver qué tal ía reaccionando o corpo.

Un inciso, gústame bastante o monte e aínda que paso a mayoría da miña actividade diaria na cidade intento escaparme cara un terreo máis amigable coas miñas articulacións.

Total que empecéi a entrenar con elas, primeiro andando, despois trotando e pouco más, que eu correr no se pode decir que corra, eso o fai Kipchoge Disimulando . Empecei con 500 m, despois con 1 km e fun aumentando pouco a pouco. Aventuréime ata os 12 km e quedei ahí. Case todo pola ruta da auga de Cecebre e o Monte Xalo, en Coruña, polo asfalto no andaba tan cómodo. Pero eu seguía entrenando, cada día con ún tipo de zapatillas. E coincidúme na época estival, polo que o volúmen de entrenos era moito menor, así a adaptación era más sinxela, ou eso creía eu.

Incluso fixen a carreira de Cambre e foi muy interesante o experimento, con boas sensacións e amoldándome ao novo piso. A frecuencia das zancadas era maior, a longitude era menor, era outra maneira de facer o que xa estiven facendo durante anos. Era aprender.

As sensacións? pois un pouco de machaque e un pouco de calor, algo máis ou menos previsto. Cando remataba os entrenos notaba o sóleo bastante cargado, sobre todo nas primeiras veces, despois o dor foi desaparecendo.


Chegou o inverno e abandonei un pouco ese calzado.
E sacudínlle bastante aos entrenos, ao monte e a o asfalto...



E agora teño unha fascitis, espero que non tivera nada que ver, pero espero voltar a usar este calzado, creo que mellorei na técnica e os problemas musculares, pero non sei si escarallei as plantas dos pes.

Un saúdo,
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1878 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 19 Set 2018, 8:50
Asunto: Re: Correr Descalzo

si, as sandalias son moi convenientes, eu teño unhas no coche porque nunca se sabe...


gracias por compartir a túa experiencia e espero que mellores dos problemas de fascitis. Si che serve de axuda eu tamén tíveno que tomar con calma durante moitas semanas ate que o sóleo se fixo forte e moitos exercicios para fortalecer a fascia na palma dos pes. Afortunadamente non me lesionei ni nada, pero é certo que hai que ir con xeito.

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1755 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Nov 2018, 8:51
Asunto: Re: Correr Descalzo

Hay que mantener vivo este Foro.... Guiño
www.elmundo.es/vida-sa...b45d9.html
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1755 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Xan 2019, 12:54
Asunto: Re: Correr Descalzo

¡¡¡¡Feliz 2019!!!
www.youtube.com/v/lIGRyRf7nH4







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos