Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 11:15
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Eu comecei facelo por dúas razóns esencialmente. Unha é a falta de tempo para almorzar antes de saír adestrar, xa que tería que erguerme moi cedo. A outra ten moita relación con isto tamén, e é que aínda que desperte cedo e almorce un bo rato antes, estou moi incómodo e co estómago pesado. Algo similar me sucede cando adestro pola tarde. Ten que ser a última hora, senón non estou a gusto.

Entón a raíz diso comecei a adestrar polas mañás en xaxún e moi ben. Lendo e contrastando información, vin o que comentades os dous, que axuda ou ensina ao corpo a consumir graxas, algo positivo para longas distancias. Entón isto non é o motivo real, pero si que é algo a maiores que pode estar ben.

Certo é que se a esixencia vai ser alta (xa sexa adestrando nunha tirada longa ou nunhas series fortes, ou nunha carrreira), é preferible almorzar ben. Iso si que o cumplo en maratóns, medias, e mesmo nas carreiras de 10km nas que vou ir forte. Pero adestrando ao final nunca acabo adestrando. Quizais se vou facer unha tirada longa de 30km intento erguerme 1h antes e tomar un plátano ou unha barrita, pero nada máis. Imaxino que tamén é acostumar o corpo e ir coñecéndose a un mellor. Pero xa digo que supoño que para as tiradas debería almorzar.

O de que esté de moda como Sanmikel, nin idea . E grazas polo texto e os comentarios Rufino! Sorriso

PD: algo que lin hai tempo e que ten que ver co feito de ensinarlle ao corpo a queimar graxas, son as dietas con pouca ou nula inxesta de hidratos. Por exemplo, é o que fai o equipo Sky de ciclismo en certos momentos da tempada ou pretemporada. Pero bueno, eu nestes temas non me meto, alimentarse con sentidiño común e non facer tonterías, que para iso xa están os profesionais. Pero coméntoo por iso de aumentar o consumo de graxas.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 11:24
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Xa que estou, comento: mércores 26. En principio ía descansar, pero animeime a facer uns cambios de 40 segundos con Gefreiter a primeira hora da mañá. Foron algo máis de 15 minutos de quecemento e despois 20 cambios de 40 segundos (con 40 segundos de recuperación a trote), todo pola Alameda. En total foron uns 10km en algo máis de 50 minutos.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 17:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Juventud , divino tesoro... Que alentador é ler un diario onde todo vai como debe Sorriso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 8:22
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Non teño queixa Meigalicix, a verdade é que non. Pero é importante telo claro e aproveitalo, que logo sempre chegarán momentos non tan bos. Ou mesmo saber equilibrar a balanza con outras cousas do día a día, hai que ter perspectiva.
Moitas grazas por pasarte e escribir por aquí Meiga Sorriso

--------------

Hoxe xoves 27 fixen unha nova rodaxe de 1h. Esta vez sen case desnivel e cun ritmo un pouco máis vivo. Foron 12,32km en 1h00'03" (a 4:52/km).

Por certo, estoulle collendo o gustillo a iso de saír entre as 7.30 e a as 8 da mañá. Permíteme ter máis continuidade nos adestramentos e no depender de como vaia o día ou de imprevistos, e o día faiseme máis longo (no sentido positivo). Pode que logo sexa máis complicado manter eses horarios co frío e a chuvia, pero polo de agora intentarei seguir así.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 29 Set 2018, 14:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Onte venres 28 descansei e aproveitei para facer unha boa sesión de estiramentos a última hora da tarde na casa.

Hoxe sábado 29 trotei cun amigo 20 minutos moi suaves. Foron 3,5km pola Alameda de Santiago.

Mañá 21K Costa da Vela. Aproveitarei e farei uns quilómetros ante coa idea de que salga unha tirada longa de case 30km.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 30 Set 2018, 22:32
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 30 de setembro e primeira carreira da tempada, 21K Costa da Vela. Unha media maratón con sabor a trail que empregaría facer unha segunda e esixente tirada longa. A idea era facer case 30km, e finalmente foron pouco máis de 29.

En lugar de coller o bus en Cangas para ir a Aldán, un grupillo de seis compañeiros do Carma saímos de Cangas para facer os 6km que hai ata o porto de Aldán. Finalmente foron pouco máis de 7km, pois alí trotei un pouco máis.

Saúdos, foto de equipo lucindo a nova camiseta do C.A.R. Marisqueiro e saída xunto a varios compañeiros (Chancletas, Lete, Sanmikel e Isaac). Precisamente con estes dous últimos ía facer a carreira: a idea era saír cómodos ata o final da primeira subida (Monte Facho) e a partir de aí apretar. Cumplimos no primeiro quilómetro e medio, pero ao iniciar a subida eu comecei a tirar e collín uns metros. Non era o pensado, pero víame con forza e apetecíame subir con forza. Logo xa intentaríamos manter. Era máis longa do que recordaba, pero mantiven ben o ritmo ata o final (km 4 case xa creo recordar). Logo un descenso con subes e baixas e terreno incómodo (unha constante en toda a carreira). No avituallamento, dado que só había basura alí, parei para beber con calma. Eses 15 segundos fixeron que Sanmikel e Isaac (liderando un pelotoncillo), que baixaban como avións, me colleran. Pequena subida e volvo coller uns metros. Km 10 e volvo parar no avituallamento. Adiántame Isaac (que vai como unha moto) e xa case non o volverei a ver. Desde este momento é un continuo sube e baixa, un non parar de saír e entrar en praias (barra, nerga, liméns ...), terreno incómodo e algo técnico nalgunhas partes (para non ser trail). Vamos, un rompe pernas. Para min iso é o peor, non poder coller ritmo en ningún momento.

Tamén vou en tensión polas baixadas e polas señalizacións (de feito nunha equivócome e recorro uns trinta metros noutra dirección, máis o que tardei en atoparme).

Acercámonos ao km 20 e non hai nin moitas forzas nin ganas (eu xa levo máis de 26 en total). Vexo a Sanmikel uns metros por detrás. Espéroo para chegar xuntos. Ese último km parece eterno. Vemos Massó, pasamos Massó, pero a meta non aparece. Para máis inri, antes do último xiro tropecei e caín. Por sorte reaccionei ben e só foi o costado, así que para arriba e a facer os últimos metros. Bastante ambiente, aplaudimos un poco, toque na espalda a Sanmikel e meta.

Un tempo de 1h35'36" e 23º da xeral (4º de categoría).

Facemos un quilómetro e pouco máis para soltar pernas, que completan a tirada longa de 29km a unha media (creo recordar) de 4'50"/km.

Moi contento. Polas sensacións, sentíndome con forza en moitos momentos e porque seguimos sumando quilómetros. Creo que na segunda parte da carreira puiden facer algo máis, pero estamos todavía no comezo da tempada e non estou acostumado a carreiras como esta, así que preferín parar en todos os avituallamentos ou baixar con coidado nalgúns puntos.

Remata a semana con 78km. Mañá descanso que as pernas queixanse (pode que só unha sesión de estiramentos pola tarde) e o martes xa volvemos a seguir sumando.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1115 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 10:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Buff. Vaya entreno exigente con competición incluida. A una tirada de 30 km meterle algo como la media Costa da Vela es duro, duro. Vas a ir como una moto Suso. Buena carrera. Bueno y también a Oscar.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 11:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

maseda escribió:
Buff. Vaya entreno exigente con competición incluida. A una tirada de 30 km meterle algo como la media Costa da Vela es duro, duro. Vas a ir como una moto Suso. Buena carrera. Bueno y también a Oscar.

Grazas Fran! A verdade é que foi un adestramento moi bo, e hoxe moi contento porque as pernas non están nada mal, cansas pero sen ningunha molestia. Só os tendón de aquiles se queixan bastantes. Xa levaba varias semanas con molestias ao despertar, e nos últimos días ían claramente a menos, pero despois da carreira de onte volveron a incrementarse. Imaxino que é cuestión de tempo que baixe a inflamación (intentarei correr por terrenos que non carguen moito a zona).

Non creo que vaia tan como unha moto. Creo que estou collendo moi ben fondo físico, pero todavía non teño ese punto de velocidade como para manter moitos quilómetros un 4'/km ou por debaixo. Tampouco é o obxectivo. Agora quero sumar quilómetros e chegar con seguridade para rematar Porto (sen obxectivo), para poder ter continuidade ata final de ano e así afrontar o primeiro cuatrimestre de 2019 moi ben, co obxectivo da maratón VigBay.

Óscar fixo unha gran carreira! Foi moi constante todo o tempo. Eu subín moi ben ao comezo e mesmo nas praias tiña moi bo ritmo, pero logo costábame nas baixadas e nos cambios de superficies; era imposible coller ritmo. Así que na parte final tocou sufrir e intentar manter o ritmo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2482 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 12:48
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Este rapaz ten moita mellorar, pero non moita, moítisima, tiñades que ver como subía, e iso que íamos con calma. Menos mal que nas primeiras baixadas o pasaba... Sempre é un pracer correr con él, ainda que esta vez fun detrás.... Espero desquitarme cando vaiamos a competir, non a rodar.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1115 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 14:23
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Mira lo de las zapas. A veces unas zapas mixtas o voladoras cuando se incrementan los km el aquiles sufre.
Yo al principio con las mixtas al empezar a hacer km tuve que ir variando con las amortiguadas para ir adaptando los aquiles.
Si no tiene que ver con las zapas entonces ten precaución no vaya a ser que pase a ser la cosa más seria.
En cuanto a la mejora vaya si tiene. La teneis los dos. Unas muy buenas condiciones.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2482 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 14:36
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

O que di Fran ten sentido Suso, o 90% dos meus problemas de aquiles, planta, pes é soleos, foron con zapatillas con bastantes km, incluso en algunha que parecía que estaban novas, e tiñan 900km.
Por certo Fran, felicidades, xa tes un sub 37, non homologado, pero casi casi... Estás para baixar case 1' a túa marcar en Coruña, se non cambian o circuíto. Muro
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1155 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 17:53
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Respondo por partes:

-> Grazas pola confianza Sanmikel, pero así só consegues meter presión eh! jejeje Agora falando en serio, o da subida foi un pouco irreal. A maioría íades co freno posto e algo fríos por ter que subir nada máis comezar, mentres que eu viña de facer 7km antes da saída e con ganas de marcha Mr. Green Si que é certo que me atopei moi ben ao comezo e que tamén se nota que estou adestrando costas e forza (grazas a Gefreiter), pero creo que foi algo esaxerado. En calquera caso, si que creo que adestrando con continuidade podo mellorar e que marxe hai, pero pouco comparado coa mellora da temporada pasada.

-> Logo, sobre o que comentades os dous (Maseda e Sanmikel) das zapatillas, xa o pensei algunha vez e pode que teñades moita razón. Os problemas comezaron en agosto, cando estaba adestrando cunhas Boston 6 vellas (que según o Garmin Connect, tiñan máis de 950 km dende o 1 de xaneiro, sumádelle a iso o que fixen antes...). Así que mal Suso mal. Deixeinas para as poucas veces que vou ao ximnasio, e agora só uso o outro par que teño de Boston 6, que xa teñen 635km. De feito comprei outras (Adidas Boston 6 tamén xD) hai uns días pero aínda non as estrenei.

Entón isto lévame a dúas preguntas... serán moitos eses 635km para as Boston? Penso que non, pois seguen amortiguando e seguen sendo cómodas (aínda que non están como o primeiro día claro). Eu o que creo máis e que non as podo usar "para todo" como cando teñen 100km. Entón agora vén a segunda pregunta... si usando o par "Boston vellas-Boston novas" para todo, ou cómprome unhas máis lentorras como as NB 890v6 para rodaxes máis lontes e cousas de forza? Son unhas mixtas lentas, pero prefiro algo así porque non me son cómodas as rodadoras (xa usei as 1080 de NB ou as Glide e as Energy Boost de Adidas, e tiven que usalas para o día a día ou vendelas porque non me acostumbraba). Pero si, sexa como sexa, algo terei que facer para evitar problemas. Porque seguramente sexan as zapatillas a orixe (refírome ás Boston 6 con máis de mil quilómetros) e agora arrastro esas molestias.

Grazas polos consellos!!! E como di Sanmikel, aínda que xa che felicitei por outros medios, noraboa por esa marca en Riveira Maseda!
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1115 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 19:23
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Por lo que oí las zapas mixtas incluida la Boston en 700km ya recomiendan cambiarlas. La suela debido a sus características de agarre se deteriora antes. En cambio las más amortiguadas sobre los 1000km.

No sabria decirte. Yo antes de gastar dinero probaria cambiando entre nuevas y viejas a ver. Yo las aprovecharia. Si así no te funciona entonces si que cogeria unas nuevas.

Aunque imagino que influiria también que es una media la de Costa da Vela en la que el Aquiles sufre. Caminos de tierra, arena seca, etc. Lo mismo en unos días incluso sin cambiar de zapas no lo notas.
Date cuenta también que has hecho 30km. Así se sobrecarga Aquiles y todo. Muerto
Ya irás contando pero ten precaución.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
564 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 19:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, cando un corredor ten problemas nos aquiles soen recomendar eliminar pendientes ou terreos inestables (como a area) xa que éstes sobrecargan xemelgos e sóleos os cales influyen directamente no aquiles. Vista a proba de domingo quizaís no seu trazado e tipo de terreo estivo o problema. Se tal evita ésta semán costas e vaite facer unha sesión de descarga ó fisio.
Saudos.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1115 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 19:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Por cierto, gracias a los dos. Si en C10 intentaremos ratificar esa marca y en el caso de que le pudiera ganar segundos bienvenido será. Vamos a ver si sale algo bueno y sino a seguir insistiendo. A ver qué sale.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos