Foros ›
Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1146 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 07 Out 2016, 10:00
Asunto: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Boas! Abro este fío por se nun futuro alguén pensa na posibilidade de correr unha maratón en Rusia ou en particular a Maratón de Moscú.

Eu participei este ano nesta última, na Maratón de Moscú. A verdade é que foi moita casualidade, xa que o motivo da viaxe non era a carreira. Pero bendita casualidade!

Nos próximos días escribirei un pequeno resumo sobre como é a organización e o perfil da carreira por se é do interés, xa sexa agora ou nun futuro.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
400 Carreiras
4962 Mensaxes
CdA, Tomiño
Respostar citando Envío Ven, 07 Out 2016, 10:06
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

¿Quién da más? Moscú, ahí es nada. Aguardo la crónica, Suso.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
400 Carreiras
3522 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Ven, 07 Out 2016, 11:16
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

interesante,yo tambien espero por ella

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
682 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Ven, 07 Out 2016, 18:07
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Me apunto al asunto. Que mejor ocasión de visitar a un buen amigo de la infancia que vive allí hace décadas y siempre me dice que vaya para allá a pasar unos días.
Sonsuso, detalla el perfil y la temperatura amigo
Kalimero

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/02/10
0 Carreiras
311 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 08 Out 2016, 19:52
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Buff, a maratón de Moscú!. Ahí queda iso!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1146 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 29 Out 2016, 18:15
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Non pensaba que fose crear tanta expectación, así que intentarei que sexa útil. Calquer cousa que non dixese, preguntade!

Antes de nada, comentar que esta é a miña primeira gran maratón (corrín dúas veces en A Coruña e unha en Porto). Así que non poderei comparala con ningunha das Majors nin outras das máis populares. Intentarei contar todo o que sexa de relevancia, pero quedo a vosa disposición para dúbidas e cuestións que vos poidan surxir.

Antes de comezar coa maratón, destacar varios puntos:

-O visado:
Sobre o visado non entrarei en moito detalle, pois cada pouco cambian os documentos a entregar e todo o que se necesita, pero si destacarei varias cousas. Débese facer con tempo e despois de ter avión e aloxamento, dado que son necesarias as datas de entrada e saída no país. Ademais, os visados só se expiden en Barcelona e Madrid, polo que seguramente haberá que facelo mediante mensaxería. Unha web moi útil na que se explica moi ben todo con detalle é www.rusalia.com/tramit...jar-rusia/ . Para que vos fagades unha idea, o custo total do visado pode rondar os 90€ (tasas do visado, mensaxería, seguro médico, visa support, ...).

-O aloxamento:
Eu estiven aloxado durante toda a estancia en Rusia en Hostels con prezos moi asequibles, pero para a Maratón reservei unha habitación individual nun pequeno hotel bastante familiar a 10 minutos da saída do Maratón (o Estadio Olímpico Luzhnikí). Estaba moi ben, pero si que é notablemente máis caro ca os Hostels. Se queres algo decente, non é barato.

-Transporte ata a saída:
O Estadio Olímpico Luzhnikí está moi moi ben conectado por metro. Funciona moi ben, é rápido e tamén moi barato (50 rublos = 0,70€).


Comezo coa crónica entón!

Tras un en Riga, 5 en San Petesburgo e 3 en Moscú, chega o sábado. Décimo día de viaxe. Neses dez días andivemos máis de 18km por día, durmimos unha noite nun aeroporto e o resto en habitacións compartidas con 6 ou 8 persoas. Foron días de moito cansancio e dábame bastante medo resentirme na maratón, era consciente de que ía notalo si ou si, pero ao final noteino máis do que esperaba.

Ese sábado premaratón, comezou con máis calma do habitual. Os meus compañeiros de viaxe madrugaron para visitar unha cidade preto de Moscú, mentres que eu aproveitei para descansar. Xa a media mañá fun ao hotel e de seguido acerqueime á exposición da maratón (tamén ao lado do Estadio Olímpico Luzhnikí) para recoller o dorsal e vivir o ambiente antes de ir ao hotel a descansar e preparar todo.

A exposición penso que estivo moi ben organizada. Falo de memoria, pero na maratón eramos case 12.000 participantes (o límite) e na carreira de 10km simultánea eran pouco máis de 17.000 persoas. Non tiven que esperar máis de 10min para coller o dorsal. A pasta party moi cutre, pois non era máis que un pequeniño bol coma os que poden vender no supermercado. Eu só estiven na da maratona de Porto no 2014, pero estaba moito mellor. Non hai moitos sitios preto para comer nin cear, por non decir ningún máis alá dunha pizzería, así que decidín acercarme en metro á Praza Roxa para comer nun posto de comida dentro das galerías Gym (é coma un oasis nun deserto, é dicir, pratos por 4 euros nun lugar onde ningún escaparate ten o prezo do producto).

Tras cear, senteime na Praza Roxa tranquilamente e estiven alí un bo rato. San Petesburgo ou Moscú? Moscú ou San Petesburgo? Eu me quedo coa Praza Roxa, é espectacular!

Fun ao hotel e preparei todo para o día seguinte. Sobre a temperatura, mencionar que era finais de setembro, e xa facía moito moito frio. Falamos de mínimas de 5 grados e máximas de 11 grados, pero cunha sensación térmica moito menor. En calquer caso, ben abrigado, lévase moi ben. De feito, todos os días da viaxe levei mallas longas por debaixo dos pantalóns e sen problema.

Acosteime ás 22.00 (tiña o horario cambiado polos outros días, así que por sorte non me costou nada durmir), tocaba descansar.

Xa era domingo, levanteime ás 5.30 e seguín esencialmente a mesa rutina das 3 maratones anteriores. Non puiden disfrutar do buffet libre do hotel, pero o luns resarcinme con ganas Mr. Green

O obxectivo que me marcara cando me inscribín era disfrutar. Non puiden facer unha boa preparación por culpa dun problema nunha uña que arrastraba dende a Maratona de Porto 2014. Sen embargo, non podía desaproveitar a casualidade de que coincidisen unhas vacacións (programadas dende decembro para que saise ben de prezo) coa maratón. Así que ese era o obxectivo, ir a un ritmo cómodo e disfrutar!

Tendo 1h23 en media maratón e 3h13 dúas veces en maratón (ambas en A Coruña), pensei que 5min/km sería un ritmo cómodo e conxervador. Esa era a idea, intentar estar nas 3h30. Sen embargo, xa levaba semanas dándolle voltas á idea de correr co globo de 3h15 como fixen na última maratón e ver como evolucionaban as cousas. Isto último decidín ao final.

A saída era ás 9.10, así que saín do hotel ás 8.30 (estaba a 10min andando). Fun ben abrigado. Para a parte de abaixo só levei as mallas (curtas de feito), pero para arriba levaba polar e sudadeira, braga e gorro. Nada máis chegar á zona do estadio hai varias zonas segundo a carreira que corras e o teu caixón, pero dun control de seguridade non te libras. Un control de metais no cal che revisan as mochilas e cheiran os líquidos que levas (algún non puido quentar ben o corpo, pois varias petacas e unha botella de RedLabel estaban alí requisadas).

Dende o control, que está xusto ao chegar á zona do estadio, ata calquer caixón de saída hai uns 10 minutos (hai que dar moita volta). Nos últimos metros destes 10minutos está o guardarropa e os baños. O guardarropa é moi rápido, tanto para deixar como para recoller. Hai varios repartidos por todos os caixóns e moitos voluntarios. Chego a saber que funciona tan ben, e vou con pantalóns longos e ben equipado para cambiarme ao rematar, porque é moi cómodo. Neste aspecto, alucinei coa organización. O único pero a volta que tivemos que dar, pero o motivo é que o estadio está en obras por mor do Mundial de Fútbol do 2018, o cal afea un pouco o entorno da saída.

Eran as 9.00 e xa estaba no meu caixón.

A saída foi puntual, ás 9.10. Moi cómoda, sen tráfico. Rapidamente puiden coller o ritmo crucero. Saín uns metros por diante do globo 3h15, pero o ritmo era o adecuado, así que preferín non esperar e que me colleran máis adiante. Ese adiante foi antes do esperado, no segundo avituallamento ao tomar o primer xel (km7). O motivo foi o que a auga estaba en vasos, así que preferín ralentizar o ritmo facelo con calma. Reemprendrín o ritmo cando me alcanzaron (todo milimetrado) e a coller ritmo.

Esta parte inicial bordeando o río Moscova é moi cómoda. Moi planita, non hai moita xente, pero a suficiente como para que haxa ambiente.

Xa no kilómetro 9 hai unha subida moi pronunciada duns 200-300 metros e de seguido uns 1,5 kilómetros de sube e baixas (máis subes que baixas) pero non tan pronunciados. Seguía a 4'35"min/km e estaba moi cómodo e relaxado.

Entre o kilómetro 11 e 16 recórrese unhas longas avenidas de ata 9 carrís que están completamente pechadas. Iso fai que sexa algo frío. Sobre todo porque esa zona é común do circuito de 10km, e o público está ao seu carón.

Do 16km ao 22km é totalmente chan, e para min este foi o momento clave da carreira. As sensacións seguían sendo igual de boas que nos kilómetros anteriores. Pero no kilómetro 20 comezo a notar un pelín cargados os cuádriceps, non lle din importancia, pero aproveitando que ía vir un avituallamento e tocaba tomar xel, decidín baixar un pouco o ritmo e darlle uns metros ao grupo. Tomei o xel, hidrateime, soltei pernas, e reanudei a marchar co ritmo marcado, sen querer coller ao grupo da liebre.

Xa pasara a media maratón e esa sensación nos cuádriceps seguía. Sabía que xusto no 22km había que cruzar unha ponte e os primeiros 100m tiñan moita pendente. Vin que detrás viña a segunda liebre de 3h15, así que tomeime a ponte con moita calma e incorporeime ao segundo grupo de 3h15.

Os cuádriceps ían mellor, pero non había que esquecer cal era o obxectivo, disfrutar! Así que iso non me animaba a recuperar o terreno perdido, senón a manterme nese segundo grupo. Sen embargo, o que non sabía (non atopei ningún perfil antes da carreira) era que do 23km ao 24km hai unha subida moi pronunciada (máis que a do 9km). Cando a vin entroume algo de medo, e así foi. Nada máis comezar os primeiros metros notei que as pernas estaban xa algo pesadas, e que ademais desa sensacións nos cuádriceps, os isquios tamén me saudaban. Así que ahí foi cando recordei cal era a premisa, e deixeime levar. Esquecínme completamente do reloxo e limiteime ir a un rítmo cómodo e sen forzar a musculatura.

Logo, Ata o 30km foi un continuo sube-baixa, un rompepernas. Iso non me axudou nada. Pese o ritmo de 5min/km que estaba levando dende o 23km, as pernas cada vez ían peor e peor. Muscularmente todavía non ía ko nin sufría moito. Pero era o 30km, non eran boas noticias.

Xusto do 30km ao 31km pásase pola por unha das entradas da Praza Roxa, alí me esperaban os meus amigos. Dende o km 23 esa era a miña primeira meta, facíame moita ilusión velos e que eles me viran correndo unha maratón (con todo o que se levan metido comigo durante anos! jejeje). Estaban metros antes da pancarta do 31km. Non os vía a primeira vista, así que tiven que facer un xiro e acelerar o ritmo para saudalos e chocarlle as mans. Un dos mellores momentos da carreira, agora ben... error! O corpo resentiuse dese cambio de ritmo, e a partir de ahí os cuádriceps e isquios estaban moi moi tocados.

Do 32km ao 33km hai unha pequena baixada, que sentou moi moi ben. E a partir do 34km todo completamente chan ata a chegada, non hai nin unha leve subida. Recórrese o río Moscova, pasando polo lateral do Kremlin, ata que se chega ao estadio.

A rúa non ten máis de 2 ou 3 carrís, así que sen haber moitísimo moitísimo público, pois non deixan de ser 8kms ata a meta, hai público constantemente. De feito en zonas hai moito. Grupos de xente animando, algúns con temática publicitaria. Pero todos animando, ninguén parado vendo. Acércanse para chocarte as mans, sonríen,... Disfrutei moitísimo esa parte. Estaba morto muscularmente, o ritmo xa era de 5'30"/km, pero estaba disfrutando moitísimo.

E por fin, a pancarta do kilómetro 41! Xa era zona vallada e estaba cheo de xente. Animando, chocando as mans. Moito ambiente, música. Insisto, a xente animando constantemente! Era unha pasada. Ahí o disfrute xa era máximo. Xuntábase a emoción, o esforzo.

Pero sobre o 41,5km, as vallas convertíronse en reixas de 2m de alto. Non entendo quen tomou esa decisión. Seguía habendo xente, pero era moi frio. Vías á xente, pero é como se houbese un muro. Moi moi frio. Isto só durou 200m, pero o xusto para que entre algo o baixón e a longa recta de máis de 1km, se fixese máis longa.

Xa na chegada, sen reixas, había moito público nas vallas e nas gradas (onde estaban os meus amigos). Pouco que dicir dese momento que non saibades Bailar

Xusto ao rematar dan a medalla, as botellas de auga e os prátanos que queiras. Bebida isotónica só che dan se levas unha pulseira de Powerade que che dan na expo se cubres non sei que papel. Eu no momento non me acordaba, non estaba eu para pensar nesas cousas, e por inercia fun coller unha e a chica pediume 200 rublos (ollo! dentro da zona de participantes, 100m despois de rematar a maratón. Eu non daba crédito, pero un grazas moi amable escoito, a felicidade do momento é o que ten).

Xusto despois cúbrente cunha manta térmica e danche outra para despois, e de seguido o guardarropa sen colas. Para sair outra vez hai que dar a volta, pero xa pouco importa.

Por certo, fixen 3h40'49". Nisto non hai milagres, os tempos fanse e deixanse de facer por algo. Moi contento.

Resumindo un pouco...

-O prezo é moi asequible. Con tempo só son 2000 rublos, é dicir, 27€.

-A organización penso que é moi boa. Teño entendido que dende hai dous ou tres anos Adidas colleu moito peso na organización da carreira, e que cambiou radicalmente, sendo agora unha carreira completamente nova. De feito, a participación aumentou moitísimo nos últimos anos.

-Non é un circuito rápido, sobre todo polo tramo do 23km ao 30km, pero si que é moi cómodo. Os primeiros 9km e os últimos 8 moi moi planos. Sobre o público, en ningún momento notas falta de público. Sobre todo eses derradeiros 8km son espectaculares en todos os sentidos.

-Os avituallamentos durante a carreira e despois dela están moi ben e sen moi variados. Na carreira non hai problemas, son grandes e cómodos. O único pero que son en vaso, pero descoñezo como son nas grandes maratóns.

-A temperatura estivo entre os 5 e os 11 grados, pero cunha sensación térmica menor.

-Non atopei o perfil da carreira, pero si este gráfico onde se pode ver o perfil: moscowmarathon.org/ru/...alization/

-A web da maratón: moscowmarathon.org/en/.

Unha experiencia na que disfrutei coma un enano! Son consciente de que non é Londres nin Berlin, tampouco Nova York nin París, pero para min foi unha pasada. Esas xa chegarán, pero con calmiña. Polo de agora confórmome con Coruña42 e Porto, esta foi por casualidade.

E así remata esta crónica!!!

THE END
TORIMAN

Maratoniano
Maratoniano
26/11/11
50 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Out 2016, 18:42
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Gran crónica!!!!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
400 Carreiras
3522 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 30 Out 2016, 19:45
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

pedazo crónica suso,muchas gracias

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
400 Carreiras
4962 Mensaxes
CdA, Tomiño
Respostar citando Envío Dom, 30 Out 2016, 19:57
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

¡Bravo, Suso! Spasiva!

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Kalimero

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/02/10
0 Carreiras
311 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Nov 2016, 17:54
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Magnífica crónica e gran aventura!
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
3225 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mar, 01 Nov 2016, 18:04
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Menuda experiencia Sonsuso, perfecta combinación de deporte y turismo. Yo estuve en Moscú hace diez años, pero de visita, en diciembre, con 15-20ºc bajo cero, no estaba el tema para maratones.

El precio y la tramitación del visado demuestran que como en los viejos tiempos al gobierno le interesa más tener todo controlado que incentivar el turismo. Además al tramitar el visado, por lo menos antes, tienes que indicar qué zonas vas a visitar y mejor que no te controle la policía y estés en una ciudad que no mencionases antes de viajar porque te metes en un buen lío.

Y para rematar, en Rusia tienen pasaporte interno, heredado de los zares y de Stalin, de modo que un ruso no puede trasladarse sin más a otra región del país, tiene que solicitar permiso.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2478 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 18:28
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Si señor, unha gran crónica, unida o refranero popular "matar dous paxaros dun tiro". Xa de por sí é duro correr unha maratón, non me imaxino como é fácelo con moi pouco descanso.
Sempre que leo a crónica dun Maratón, se me quitan as gañas de facelo, esta túa non é unha excepción. Silbar
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
682 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 21:34
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Gracias Sonsuso, muy buena crónica tanto de la carrera como del antes.
Me alegro que haya público animando, porque la parte de las subidas no me dejo buen cuerpo.
Lo de la temperatura habrá que tenerlo en cuenta en caso de intentar este reto. Ya me gustaría a mí hacer el tiempo que hiciste, a más de 4h me ireia yo sin duda.
Si me siento con ánimo intentaré hacer una crónica (breve) del maraton de Porto al que voy este domingo
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1146 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 03 Nov 2016, 15:00
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

¡Grazas polas felicitacións! Se fixo o que se puido, de feito levoume máis a crónica que a propia maratón jejeje

Boas Gefreiter! Toda a razón no que dis sobre o visado. Non sei como era hai anos, pero actualmente é tedioso de conseguir. Agora ben, lendo as cousas con calma e facendo todo con paciencia e paso a paso, non é tan difícil. Sobre o tema de indicar que zonas vas visitar, é exactamente como dis. Non creo que agora policía continúe seguindo á xente, pero si é certo que nos trenes que compramos con antelación (para visitar Novgorod, Sudzal e Vladimir) non nos pediron o billete, tan só o pasaporte e a carta de inmigración, pois xa sabían quen eramos.

Cando cho pida o corpo e teñas ganas xa te estrenarás, pero que as crónicas non che tiren para atrás Sanmikel! E sei que eu non son o mellor para falar de calma, pois este é o meu cuarto maratón e teño 24 anos, pois debutei con 22 na Coruña42 de 2014. Por iso penso que con respeto e ben preparado, pero non hai que terlle medo. Cando tanta xente repite e moitos somos os que disfrutamos da maratón, algo de especial terá.

Respondendo a Orion764, a verdade é que a segunda subida si que é durilla. Pero para min o peor é o sube baixa que ven despois ata o 30km. Creo que se un se atopa ben e o corpo responde, facendo con cabeza eses kilómetros (23-30), os últimos 12kms son moi bos para apretar e sufrir "a gusto". Moita sorte en Porto!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1146 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 09 Nov 2016, 16:29
Asunto: Re: Maratón de Moscú 2016 (25/09/2016)

Relendo a crónica, unha cousa que se me escapaba, o tema dos avións. O prezo dos voos é algo que cambia con relativa frecuencia. Pero por exemplo hai voos directos a Moscú dende Barcelona, ou facendo escala en outras cidades como Riga. Son careiros, pero non excesivamente caros nin inaccesibles.

Con isto quero dicir que, na actualidade, sona máis esaxerado dicir "ir a Rusia" do que é. Salvo polo visado, o resto é tan cómodo e tan incómodo como calquer outro país europeo.

Eu anímovos a vivir a experiencia!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos