Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 15:36
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Sei que chega tarde, pero moitas grazas por os agarimos, e felicitacións. A verdade é que foi totalmente inesperado, parece que se me dan mellor os trails que as probas de ruta. Silbar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1125 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 22:15
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ben se che da todo. Ti ponte a facer eses adestramentos específicos dos que falas, e xa verás como luces moito máis e nos deixas a algúns co cú ao aire Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 23 Out 2018, 8:37
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A semana do 15 o 21 de outubro foi complicada.

Luns, me levantei a mañan con poucas molestias, e a tarde fun o fisioterapeuta, por as molestias do glúteo (trocánter maior). Despois a tarde fixen unha hora de bicicleta estática, e a partir de ai, as pernas empezaron a parecer bastóns.
Martes, pernas moi agarrotadas, aproveitei a tarde para facer 13km de trote en 62 minutos, con @alfonso. Me empeñei en saír porque os cuadríceps parecían que estaban ardendo, me doían unha barbaridade.
Mércores, un pouco mellor, pero os cuadríceps seguían tirando. Por compromiso tiven unha pachanga de fútbol sala de uns 65 minutos, e antes quecín uns 13 minutos (2.2km) de costas por Cabral.
Xoves, outra vez o mesmo, outro compromiso de fútbol Sala, uns 65 minutos tamén, antes fixen uns 13 minutos de quecemento, uns 2.5km. O xoves estaba un pouco mellor dos cuadríceps, pero os xemelgos, e a fascia da perna dereita, moi tensos.
Venres, as pernas seguían moi pesadas, e moi tensas, incluso sen ser capaz a descansar. Aproveitei o a hora da comida, para facer con @Nuruwe un 10k a 4:50. Fíxeno así, para aproveitar sen facer nada ata o as 11:00 do domingo en Pontevedra

Domingo. 21 de Outubro MM Pontevedra:
Queda con Suso para ir Xuntos dende Vigo. Me levanto tarde, case non almorzo, e nos vamos para alí. Estiven toda a semana falando con uns cuantos amigos que están para 1:22 ou menos para facer grupo, e xa tiña na saca a: @Sonsuso, @maseda, @pepe.losada, @Pajaroeu (Cerne-Melide), @isaac.m.f(carma/adn), @duranduran(taninos), que convencín no trail do Domingo pasado, cando íamos por o Monte Xuntos. Así que xa eramos 7. Despois alí en Pontevedra se nos apuntou Dieguez do Cerne, así que xa eramos 8.
Chegamos eu e Suso a Pontevedra con moito tempo, pero entre que collemos dorsais, saudamos os compañeiros do CARMA, os Jackbauers, tomamos un café, sacamos unha foto (esta vez Suso e un servidor nos perdemos a Carma Foto), nos cambiamos etc... pois case se dou a saída.
En xeral nos colocamos xenial todos na saída do noso grupo, algúns con dorsal “elite” debido a esa gran marca que fixo en coruña10, que xa non é de “populares”, aproveito para felicitarte outra vez @maseda.
Saída case sen decatarnos, como sempre en Pontevedra.
Maseda se adianta, Suso queda atrás, pero sobre os 500m, xa todos vamos xuntos, somos 9 pois @lolinho38 nos colle e di que o vai intentar., xa que no último intre se nos uniu. Todos moi chicharacheros, eu había avisado que ía ir o gps, por marca de km, o ser homologada, pero entre pitos e frautas, me comín case todas.

Si moi simpáticos e faladores, esperando uns por os outros, pero eu xa non notaba que non ía nada sobrado, pero ía con auténticas bestas, que ademais están en forma. Na subida de arcebispo Malvar, todo se foi o traste, sobre o 3.5. Suso sube forte, Isaac o segue, e case todos levan o ritmo, eu vou ben, pero non teño necesidade nin tantas forzas como para aumentar, ata aquí vamos sobre 3:54 de media según os compañeiros, e eu no km 4 fago o meu primeiro lap, 15:47 no km coa subida incluída, vou por debaixo, pero non me importa. Suso e Isaac xa me levan sobre 150m, e os demais van xuntos, a uns 100m, podía collelos dende o comezo, pero críea que era mellor que non, non vou sobrado. Non teño constancia de onde ía Lolinho38, imaxinaba que preto miña, pero non o vía.

A partir de aquí xa basicamente vou so toda a carreira. Km 7 paso en 27:24, vou moi xusto no ritmo, pero me digo que como foi zona de subidas, que vou ben, aínda que non é así, me sinto forzado e as subidas me costan. Paso a Durán na baixada do mercado, cando nos incorporamos a recta.
Km 8 en 3:54, e km 9 en 4:04, na subida a monte porreiro, vou incómodo de caixa, e todo é de cabeza. No xiro de Monteporreiro animo a Suso e Isaac, e lle grito para que sigan, me levan uns 800m, detrás o resto do grupo segue máis ou menos xunto, a uns 400m de min.

Paso o km 10 en 39:10 netos, e o vexo crudo, me faltan forzas. Aínda que o cruzarme cos amigos de Melide lle digo que vou ter que pagar aposta de que fixemos, que @pajaroeu me leva 300m. Aínda que o pasar por o 10, vexo que lle recorto, Dieguez e Pájaro.
Continuo con esforzo, esa ruta en lixeira baixada, e vou pasando a algúns, pero con moito esforzo, os ritmos saen por os pelos, e aínda así paso a moito corredores. Sobre o km 11.5 torzo un xeonllo por ir moi preto da mediana, onde o asfalto xa non é constante, estou uns 300 metros un pouco molesto, pero parece que non foi nada e podo continuar.
No xiro do 12 vexo que Pájaro se queda so, dieguez vai máis adiante, parece que lle recorto, pero segue a unha boa distancia, volve a chegar a subida de Arcebispo Malvar, non aperto, me manteño, pero me pasan dous rapaces como avións na subida. Os cales volto a pasar de alí a 700m, pero me voltan a pasar na mini subida de San Pedro Alcántara, me pasan como se eu fose andando. Volto a pasalos na baixada da zona Vella, o principio, e tamén na metade, paso a Pájaro, o que lle indico que non baixe, que me siga.

Paso o km 16 en 1h:02:28, sego a 3:54, pero xa todo é cabeza dende o km 13, onde so conto os minutos e os pasos para rematar, me digo que so faltan 20 minutos.
Nesta ata na curva do pavillón, un señor me di que apure, que levo a 7 detrás, se me da por mirar para atrás e vexo 7 en fila india, todos detrás miña. Non decido ir máis rápido, sigo igual.

A subida que está detrás do CTGD é horrible, so son 30 metros, pero se atragantan. Xa non miro ritmo, so aperto, pero vou forzado, non vou cómodo, sigo adiantando corredores, e a subida a Monteporreiro se fai mo longa, sobre todo vendo os corredores que van diante túa no outro sentido.

Isaac, vai so, como unha moto, lle dou ánimos.
Suso o segue a uns 300m, e detrás veñen Losada, Maseda e Diéguez .

A min se me fai eterno, aínda que os parciais están saíndo a 3:50, 3:53, xa tiro de orgullo e vontade, pero xa case teño gañas de abandonar e non sufrir. Sigo pasando a corredores, e paso o 19 a 3:55 e o 21 en 3:51. Avanzo e paso corredores sen aumentar, e so me queda 1.1 km, continuo, non aperto, ou iso creo, pero a verdade e que inconscientemente así o fago, pois paso a algún mais, e me sae eses últimos 1097metros en 4:00, pero sen a sensación de haber esprintado.

Chego en bruto en 01:22:00, aínda que despois marca 2s máis e sae 01:21:07 netos.
O chegar alí estaba Suso esperándome, lle dei un abrazo, e me tirei o chan, necesitaba un desando. Alí veu o sanitario e Suso a preocuparse, e xa me levantei, para que non se preocupase, estaban ben.

Todos os que ían diante miña (do grupo) fixeron mmp (menos Losada e eu). Aínda que eu mellorei 25s a miña mellor marca neste circuíto do 2015, e tamén se converte na miña segunda mellor marca en MM Homologada.
Ducha, cervexa cos JackBauers, con rapaces de Melide, vaciles, cañas e pinchos. E nese intre @Amina se decata de que ten premio de categoría. Suso e Maseda a acompañan en un sprint ata a Cerimonia.
Comida e conversas no Italiano cos JackBauers, e os Porriñeses (Maseda, Lihto, Sonsuso, Amina, Dr. Slump, Moncho, Isaías).

So podo dicir que foi un bo día, o pasei ben, me cansei moito, quedei con moitos amigos os que me apetecía darlle un abrazo. A veces non sei se vou as carreira por que me gusta correr, ou porque me apetece saúdar, contar aventuras e tomar unhas cañas coa xente que coñecín neste mundo nos últimos 4 anos. Grazas.

A semana rematou con 2 partidos de fútbol sala, 50km e 1 hora de Bicicleta estática.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 25 Out 2018, 10:30
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Despois desta carreira, me decato que non é o mesmo correr un trail que facer unha MM a tope.
Estou moito mellor muscularmente, so un pouco tensa a Fascia da perna dereita, e o piramidal/gluteo/trocanter, ou o que sexa. Nada que ver coas maniotas dos cuadriceps, que me fan case non poder moverme durante 4 días.

Luns 22, o final descanso.
Martes 23, 83 minutos de trote variado, primeiro con un circuíto de Costas por Castrelos con @asiss, despois acompañando a @kapi, e despois de volta a casa me acompañou @moterodeseco, para facer un total de un 15km, pois o gps me da que fallou nos ultimos km.

Mércores 24, teño un compromiso de unha pachanga as 9 da noite, e me había comprometido conmigo mesmo a facer unha series antes de ir a xogar.
así que case as 8 da noite me acerque a castrelos, e fixen uns 3.5 km de quecemento ( o último medio fartlek para activar as pernas).
Tiña un pouco de respeto e medo, tiña pensado facer un 4x1k a 3:35-3:30, con moita recuperación ( 2 min).
Recordaba que creo que non fago entrenos de series de este por o menos dende fai 2 anos, así que tiña un pouco de mendo.
A primeria leveina ben, saída a ritmo, e a verdade que foi ben, boas sensacións, 3:34. Tras dous minutos de descanso me vía moi ben, con forzas.
A segunda saín moi rápido e por o 300 me ia pasado, e fun controlando, pero esta segunda serie xa me costou o seu, saía 3:26. Na recuperación xa non estaba tan ben, e me decía que a seguinte ía ser a úlitma, que chegaban 3.
Terceira, quería facela o mesmo ritmo que a outra, o saída máis constante, pero me costaba bastante, e como era a última apretei un pouco nos últimos 150m, saíu a 3:25. Neste descanso tiña pensado xa retirarme, pero non me digas por que ainda que non podía coa alma, cando me decatei xa estaba saíndo para o último mil.
A partir do 300, deixei de mirar o reloxo, me costaba o seu, sufría, paso o 500 en 1:44, pero vou sufrindo. Deixo de mira o reloxo, e me manteño, penso que baixei o rimto, e que non podo máis, e decido non apretar maís, pero me sae a 3:24 ese mil.
Recupero 2 min, e me fago 1.5 km a 4:30, e me vou para o coche que teño partido de futbol sala en 25 minutos.

A verdade e que contento, porque me saiu o que quería, pero agora xa recordo porque había deixado de facer series. Por ese sufrimento que tes seguido... Estaría ben poder ter un compañeiro de fatigas para estos días, e tirar un do outro.

Despois 50 min de fútbol sala, e o rematar unhas cervexas cos amigos.
Muscularmete ben, igual que onte, onde no quecemento me tiraba o piramidal, pero despois da primeira serie nin me enterei.
Hoxe se non se torcen as cousas, un rodaxe tranquilo de 1 hora.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 29 Out 2018, 8:00
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Xoves 25, Castrelos
Un entreno dos meus, de ir tranquilo a trote, me encontrei con @moussambani e @mikel do Carma, e o acompañei, o final tiña 40minutos a 4, e fixen 3km. 70 minutos, 14.5k,

Venres 26, descanso obrigado, sen tempo.

Sábado 27, 7km a 5:10 + 5 rectas por Castrelos, aproveitando un oco que teño case todos os sábados.

Domingo 28,
Carreira por a Esclerose en Vigo, quedei cedo para tomar un café con @fonvigo, e despois ir con moito tempo para a saída. Carma foto, e quecemento.
Tiña pensado intentar facer un 37 pelado, para ver como me encontraba.
Saída rápida, pero tense que ter moito coidado, pois o 5k e o 10k, saen xuntos, e non sabes quen vai a cada carreira ata que non pasas o seu lado e ves o dorsal.
Son dúas voltas a un circuíto de 5km, so con unha chincheta de 150 no 4.
A partir do km 2, xa fun so, e pasando a contagotas a corredores. Vin a @Anto e @moussambani nese primer km, me pensei de seguilos, pero era unha temeridade, sobre todo sabendo que saen o primer km moi rápido. A partir do 5, sen referencia, e moito máis so que antes, levo diante a 3 corredores, a uns 200-250m, un do Floristería Sío, un de beade e outro máis, non van xuntos, pero me valen de referencia, pero do km 5 o 7, moito vento de cara, que continúa o dar a volta e nalgúns tramos cara a meta. Neses dous km non consigo acercarme os que levo diante, parece que a partir do 7 empezo a quitar distancia con eles, e no km8 paso o rapaz do Beade, na subida da rúa Coruña, sobre o 8, paso o outro rapaz, o de Floristería Sío (Fran Lago), vai diante, e non baixa o ritmo e me manten uns 100m, ata a costa do km 9. Eu dende o 8.5 apreto xa, e na subida apreto máis, pasando ai. E empezo a tirar forte aproveitando que ese último km vai en lixeira pendente. A 300m da meta miro para atrás, e o non vir ninguén preto me deixo ir en meta. 37:36 netos, para unha carreira ben medida, rebaixo con respecto o ano pasado 1m42s, pero non estou contento.
Teño a sensación de que me deixei ir cómodo demais, necesito algo para saír máis forte manterme, non sei o que me falta, pero estou sendo moi conservador nas probas de 10k.
Despois comprobo as pulsacións e así o certifican, pulsacións baixas.
Posto 17 de 446, 37:36 netos, ppm 166 e 179 ppMax.

A noite aproveitando un recado fixen 1km a 5:50, que me valeron para soltar as pernas.
A semana remata con 59 km.
Vamos intentar facer esta semana un día de series de 1k,


Última edición por sanmikel o Lun, 29 Out 2018, 22:52; editado 1 vez
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1125 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 29 Out 2018, 22:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Gran crónica esta e tamén a da semana pasada de Pontevedra! Sabía como che fora nas dúas carreiras, pero non puidera ler as crónicas. E como ti dis, isto é moito máis que correr Aplauso
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2018, 12:47
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Moito máis que correr a verdade Suso, so coa cantidade de amizades novas cubre moitas necesidades que tiña antes de empezar neste mundo.

Semán complicada, ainda que debería ser fácil aproveitar para facer 2 competicións, a vida familiar prevalece, e o final foi cero competicións.

Luns 29 de outubro, Castrelos 58 minutos, 12.5 km en progresión sen parar.4k a 4:40 4k 4:30 4k a 4:20
Martes 30 , Castrelos 14km.
7 km de quecemento, e aproveitei para facer 3x1k a 3:30 con 90s de recuperación, e despois 1km a 4:20. Logo volta a casa 3k.
Me costan as series, e quixen meterlle menos recuperación que a semán pasada, tamén era 1 serie menos.

Mércores 31, descanso de Samaín familiar

Xoves 1 de novembro, rodaxe de 1 hora dende Balaídos ata Samil, con compañeiros do carma, 12.5 km a 4:50 aprox
Venres 2, descanso
Sábado 3, Castrelos 4km de quecemento, e despois 8x400(3:30) rec 200m a ritmo de 5:00), costando o seu, total 9.5 km
Domingo 4, Carma Entreno.
Varias nécoras quedamos para sair dende Samil dirección Nigran (FonVigo, Isaac, Oscar, Pancho, Jose Antonio e un Servidor). Uns facían 32, Fon e Pancho 18, e Isaac e eu 24.12.5+
24km en 1h:50m, en progresión de 4:50 a 4:15, por a carretera da vig-bay.
Boas sensacións, moi ben de peito, pero os úlitmos 3km as pernas xa as notaba pesada.
Esta foi a miña tirada máis larga dende que corro, nunca antes fixera 24km.

A semán remata con 72.5km
Outubro rematou con 253 km

Non podo pedir máis levo case 3 meses correndo habitualmente. As molestias se seguen levando, sen falar nen pensar nelas.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 12 Nov 2018, 9:22
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Semana atléticamente baixo mínimos, pero ainda se puiden facer algo.
O luns 5 de novembro me acerquei tarde a Castrelos, coa intención de facer algo a ritmo medio despois dos 24k do día anterior. A cousa prometía me xuntei con @moterodeseco do carma, dous corredores do adn, e se nos uniu tamén isaac.m.f., Un circuíto que nunca fixera con costas. O final de tranquilo pouco, os do adn empezaron a tirar, e os primeiros xa comezaron a 4:40, e rapidamente se puxeron a 4:00 para acabar os úlitmos 3 a 3:45, con costas incluídas.
O final 63minutos, 14km, incluíndo quecemento e patatilla.
Martes 6, descanso por loxística familiar.
Mércores 7, 8k pre fútbol sala, 4 en baixada, e 4 en subida máis forte. Despois un partido de uns 50 minutos, tranquilo.
Xoves 8, 28 minutos pre fútbol sala tranquilos, e despois 70 minutos de un partido tranquilo.
Venres 9, descanso por motivos laborais.
Sábado 10, 9km por samil, moi tranquilos, 47minutos, a unha media de 5:05.
Domingo 11.
Vigo +11, saída a última hora, tiña unha mañan apretada, pero me daba tempo a correr, unha carreira na que me gusta o recorrido. Este ano, o circuíto voltaba a cambiar, é se quedou case en 10k.
Circuíto básicamente raso ata o 6.5, onde temos 2km e pouco despois de costas. É un último km costa abaixo.
Carma foto as 11 menos once minutos, e un mini quecemento de 1.5 km.
Saída con calma, saída con @pajaroueu , de Melide, onde fomos xuntos neses primeiros 800m, ahi xa tirou para adiante.
Primer km a 3:48, onde temos 2 pequenas subidas.
Os seguintes 3 km saen sobre 3:42, non teñen costas, veo a Pájaro a uns 100m miña, foi aumentando a distancia pouco a pouco, pero ia en aumento, eu me manteño, vou so esos km. O seguinte o 5, sae máis lente a 3:49.
O sexto antes da subida, xa vexo que lle vou recortando a Pájaro, sae es km a 3:52. A subida a levo con calma, sen apretar, e paso a 2 corredores. Sae a 4:15 o km da rúa coruña. LLe recorto moito a David, eu vou co freno un pouco posto, pois ainda queda un rato, e xa na praza da independencia o paso, lle digo que veña conmigo. Esa subida a 4:10. Na recta seguiente comezo tranquilo, Pajaro ven pouco detrás miña, pero a falta de 1.5km decido tirar, e paso a un corredor no paso por o 9, que sae a 3:37. A partir de aquí xa é baixada por o progreso ata a Alameda, na baixada paso a un grupo que vai con Sandra Mosquera, 4 ou 5 corredores. Non vou como un loco, pero si forte, pero a falta de 300 metros xa me deixo ir, pois non teño a ninguen que poida pillar.
Tempo de 37:07 netos, para un circuíto que me dou 9.80 por o gps.
Relativamente contento, pero sempre me quedo coa espiña de que non apreto para saber se aguntarei a ese ritmo ata o final.
ppm:169 ppMax: 182

A semana remata con 47.5 km, e dous partido de fútbol Sala.

Estou inscrito para a San Martiño, pero ainda non sei se poderei ir. A MM de Vilagarcía seguro.
Esta semán non teño moi claro que poderei facer, so espero poder facer bastantes km, pois me fan falla se quero seguir a @sonsuso en Vilagarcía....
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Nov 2018, 8:11
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A ve se consigo actualizar o diario un puco máis.
Luns 12 de novembro, os luns a tarde me coincide un bo día para entrear, pois teño un oco entre as 18:00 e as 19:00, o único que as carreiras do fin de semana fan que non poida ser un día de entreno esixente.
2km ata Castrelos e unha volta máis para completar a 5:00.
Sen parar e so fixen 13km máis en progresión, comezando 4:40 (4km), 4:30 (3km), 4:25 (3km) 4:20 os 3km restantes.
Me encontrei cos amigos dos Carma (FonVigo, Xan, Fran), que comezaban o seu entreno, e fixen 1km con eles a 5:50, e outro de volta tamén a 5:50.
Total 17km en 1h:21m, ppm 141 ppMax 157.

Martes 13 de novembro, máis difícil para entrear, pero o final saquei un oco antes da cea. Ata Samil. Tiña pensado facer unhas series de 1k, pero me pareceu moi preto da carreira do Domingo.
Estiven buscando por Samil as marcas do antigo circuíto de 10K Homologado, e xa quedan poucas, os asfaltados borraron algunhas, queda un 2k no que se ten que dar volta a rúa, e varios soltos. A ver se me fixo mellor, pois algunha serie de 1k se pode facer alí.
43 minutos de trote, 9km, a 4:43 de media.
Empezando a 5:00 e despois a 4:40. A subida de Avenida de Europa a fixen forte, empezando de menos a máis (acabando a parte máis dura moi forte), sobre 1.4km en subida. Quedando contento do entreno. ppm 140, ppMax 179

O que me resulta curioso, e que dende fai case 50 días non baixo de peso, estou estancado nos 64-65kg. De xullo ata setembro, ia baixando pouco a pouco, pero baixaba. A alimentación segue sendo parecida destos meses, os kilómetros semanais so moitos máis que nos últimos 2 anos, e agora estou sendo constante, pero me queda ahi. Me noto fondon, quizáis teña que facer un pelín de pechar a boca entre semán para ver se o consigo, pero a verdade e que non como unha barbaridade.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1101 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 12:32
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A veces hay momentos en que pese al entreno intenso el peso se estanca momentaneamente y no sabes por qué. Yo tampoco le daria importancia siempre que no te pases con las grasas.
Buena carrera en Vigo y crónica. El perfil no era fácil.
Aun te leo ahora porque llevo parado unos dias por un trancazo con algo de fiebre y cuando no corro prefiero no leer ni saber nada de running del cabreo que me da. Muro
A seguir dándole que llevas ya encadenados unos entrenos muy buenos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 8:29
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Que sorte Fran que sexas capaz, eu sempre me colo para ver algo.
A alimentación non é perfecta, pero a verdade que non ten moitas graxas, son maís de proteina e pastas, ainda que no inverno os guisos e os cocidos abundarán. Iso si, a hidratación a base de cebada, que non a quite ningúen, por o menos ata despois de Reis. Nese intre me vou tomar un pouco máis en serio a alimentación/bebida.
Os meus entrenos pegados os teu, se quedan en "principiante".
Actualizamos:
Mércores 14, partido de fútbo sala, 50min relaxados. Antes fixen 5km por Cabral, 2.5 de baixada e 2.5 de subida. Aproveitei a subida a Álvarez para darlle un pouco forte, pois existe un tramo de Strava, foi a propósito, ainda que non fun a full, conseguin quedarme a Cabeza Ríndose
Xoves 15, 1 hora de trote relaxado, Casa-Castrelos-Casa, 12km (5:00 aprox)
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1125 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 19:00
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Sobre o que comentas da alimentación, eu foi unha das cousas que mellorei moito dende hai máis dun ano, e como ti dis, non hai que cambiar nada especial, pódese comer normal pero collendo certos hábitos. Eu intentei quitar cousas que tomaba cada día e realmente non me aportaban moito (como o colacao, as galletas para almorzar ou o embutido pola noite) e coller certos hábitos aos que non me costou acostumarme (como cear pouco e xeralmente verduras cocidas, ou evitar alimentos azucarados). Pero pola contra non me corto nos alimentos que me gustan, como o leite fresco, o queixo, o chocolate... ou os garavanzos xD). Penso que a idea é non facer esforzos nin queimarse, senón ir cambiando pequenas cousas pouco a pouco a medida que o corpo nolo pide. Aínda que non é algo fácil.

Con isto quero dicir que eu si que creo que a alimentación ten importancia. A medio-longo prazo nótase. Aínda que como todo, é saber valorar se merece a pena, porque engadir restriccións a disgusto para matados como nós por aforrar uns segundiños non ten sentido. Así que realmente falo por falar, que cada un é un mundo.

Agora ben, eu esa hidratación a base de cebada non a cambiaría por nada do mundo. A vida é vida, e hai que disfrutala Guiño

PD: Sanmikel entrando en modo competición Strava, noraboa por ese primeiro posto Demo sorrindo
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 9:35
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Da gusto que che den tanta información, ánimos e o mesmo tempo que te tranquilizes que xa chegará....
A dieta non é unha obsesión para min. Básicamente non como sucres, chocolates, dulces, bolos.. o único sucre que como é de moita fruta. Tampouco fritos, máis ben, guisos, plancha, e algo de pasta. O pan non o perdoo, e tampouco a cervexa. Quizais peco de frutos secos (tamén salados), do demáis de todo un pouco. Ata despois de Ano novo non me vou a preocupar, nen facer nada, si cando empeze a preparacións, so pequenos detalles.
Pasamos o atlético: O final a semán quedou escasa:
Estaba inscrito para a San Martiño, pero como Suso falo de facer un entreno forte o sábado, pois aceptei, pois a SanMartiño supoñía quebradeiros de cabezas familiares.
Venres Descanso.
Sábado17, as 11:00.
Con Suso,1 km ata chegar a Castrelos, despois 4 km máis de quecemento, o último con cambios de ritmo para activa as pernas.
Eu non recordaba os ritmos, como Suso pasou o entreno, lle deixe a responsabilidade a él.
3k en 12:00 tocaban, o final sairon en 11:20 (3:46), sairon frenandonos, neste iamos falando case todo o rato. Me topaba demasido cómodo, o descanso fixemolos de 2min.
2k en 7:30 tocaban, pero saíron en 7:16 (3:38), as dúas voltas exactas, aquí xa me notaba máis xusto ,e xa sabía que me ía costar o seu. Aproveitei para ir a mollar a boca.
3k en 11:00, saíron 1s máis lentos ( 3:42,3:41: 3:38), aquí xa me costou moito, sobre todo a partir do 1.5k onde as necesidades físicas case fan presencia, e me fixo controlar a velocidade, pero iso non foi excusa, ia o límite, Detrás de Suso case todas as 3 voltas. Non se me foi nunca, pero me da que se eu o paso houbese tirado maís. Seguro que o último houbese, pero so puiden elexir a velocidade que me permitiu o corpo.
A recuperación miña foi un pouco maior, por necesidades, e depois fixemos 3 km para soltar, e voltamos andando para a casa, onde fomos falando (das poucas veces que eu podo entrenar sen estar controlando a hora de volta sen problemas).
16km en total, ppm: 153 ppm 186 ppMax
O Domingo descanso.
A semán rematou con 59km.

Quedan 7 días para Vilagarcía, e xa teño claro que non estou para máis do que fixen en Pontevedra 1:22, así que o obxetivo será sair a 3:53, e veremos se dou, que isto xa son palabra maiores. Tiña pensado atacar 01:21:07 que teño de mmp, pero non o vexo o alcance.
Esta semán espero poder facer un día unhas series de 1k, xa veremos como transcurre.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
70 Carreiras
773 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 12:00
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Sobre a dieta, quizáis eu non sexa o más adecuado para dar consellos pero si que quero comentarte unha cousa que a min me ven moy ben cando quero adelgazar. Eu non son moi estricto e procuro comer de todo. O que si que procuro facer e tomar conciencia do que tomo e cal é o seu aporte (calórico e nutricional, a grandes rasgos que non son dietista) e tentar, en condicións normais, límitar o consumo calórico. Para min unha axuda fundamental é o uso da aplicación MyFitnesPal para levar un rexistro de todo o que como. Como ten unha base de datos moi ampla é moy doádo ir introducindo os datos. Non se trata de ser moi preciso nen de pesar a comida. O importante é ser consecente da inxesta calórica diaria e analizar os días que nos pasamos en esta e en que alimentos dos que tomamos pode influir ou podemos prescindir. Eso sí, hay que ser honesto con un mesmo e tentar rexistrar todo o que levamos a boca. Xa que dis que pecas dos froitos secos, esta aplicación serve para cuantificar, de xeito apróximado, canto pecas (é que os froitos secos son moi saudables, pero tamén moi hipercalóricos e é doádo pasarse). Ademáis a aplicación pode conectarse co Garmin Connect (me consta que o usas) para por unha parte axustar o obxetivo calorico co exercicio diario e para gardar as estadísticas de calorías consumidas/quemadas no propio Garmin Connect.

Bótalle un ollo, xa que podería axudarte a indentificar as causas de por que no adelgazas cando crees que debieras.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2460 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 12:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas por a indicación Andrés, coñezo esta aplicación, useina no verán de 2014, durante 2 meses. Que foi cando empezei a correr, e coincidía con facer a MM Maralba, que era un obxetivo. Xa no seu día era moi completa, imaxino que agora 4 anos despois será mellor. Xa de aquela se integraba con Garmin.
A verdade e que non tiña pensado usala agora, se non cando empezase o plan da Vig-bay, pero quizías sexa unha forma de empezar a controlalo. Vou darlle unha oportunidade antes de tempo. Xa irei contando, grazas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos