Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
961 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 24 Xul 2018, 19:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moita calma e non mirar mais alá do dia seguinte. Xa veras como pouco a pouco, o corpo vaise recompoñendo. Se aplicada cos deberes Meiga
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2067 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 24 Xul 2018, 20:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucho ánimo Alicia, la recuperación es lenta, pero créeme que se recupera. Lo de las molestias es normal. Poco a poco.

Lo del hielo es muy bueno, yo todavía me lo pongo. Y a riesgo de resultar pesada...estira mucho mucho Sorriso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2679 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Xul 2018, 8:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Fixen os exercicios todos: pesas, abdominais, glúteos. Puxen as plantillas todo o tempo. Pero ó mediodía puxen por si acaso unha plancha de xeo na "zona cero", polas sensacións que tiña.


Transcribo de otro diario Meiga:

"Mucho estiramiento, hielo y refuerzo, la biblia del runner tocado."

En eso estamos todos. Ahora transcribo de una peli que ya es clásico:

- Co Co Co Co Co Corven, ¿Qué haces machote?
- Intento mantenerte en tu negocio, Ruby.

Pues eso.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 25 Xul 2018, 22:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moi agradecida ós tres polos vosos comentarios.

Con respecto ó da Biblia do runner tocado, pois parece que Jota no ximnasio e a miña fisio deben profesar outra relixión diferente. Polo que me dixeron ó longo deste tempo, cando se trata de tendóns danados e desgarrados xustamente non se debe estirar en absoluto, simplemente poñer xeo, e que o exceso de estiramentos antes e despois da Vig Bay seguramente empeoraron a lesión. Este luns precisamente pregunteille á fisio se tiña que facer estiramentos xa que comezaba máis en serio cos exercicios de glúteos, e contestoume con cara de circunstancias que o tema de estiramentos neste caso era cousa delicada que xa trataríamos máis adiante. Así que seguiremos con masaxes e xeo.

Poño isto precisamente por se alguén ten pasado por unha entesopatía isquiática e recibiu outro tipo de indicacións /tratamentos, etc , que nunca está de máis saber e contrastar.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2679 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Xul 2018, 14:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga, lo de la biblia es un planteamiento preventivo y general. Cada lesión tiene su problema y lo que diga el fisio es lo que dice Dios. Of Course.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 29 Xul 2018, 19:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Alma de bolero"

Non polas mesmas razóns que cantaba Ana Belén hai tempo. Pero levo varios días sen saber ben o que sinto, se o sinto onde debería , se é de verdade ou mentira, e que " de nada valen los abriles que he vivido, si de lesiones al final nunca se sabe" ( ben , esto último é dun cha-cha-chá, non dun bolero)... Con todo iso, dúbidas e inseguridades a un lado, estou tratando de seguir a folla de ruta. " Tí fai ben os exercicios de reforzo durante 5 días, e pasado ese plazo te calzas as zapatillas , con plantillas sí ou sí, e tes permiso para facer as túas distancias habituais , pero andando". Ordes da fisio, e tal e como di Freaky, mandato divino .

Onte fixen un primeiro ensaio que non chegou ós 5 km, camiño de ida ata as Catro Pontes e volta pola Chumba, Camiño Real e Ríos. Hoxe quixen ir xa máis en serio, e non só calcei as zapatillas e puxen a roupa de entreno, senón que fun polo Garmin, esquecido e cuberto de pó no ángulo escuro do salón como arpa de Bécquer desde hai dous meses. Curiosamente ó encendelo aínda conservaba a carga de batería completa. Xa equipada de todo, enfilei cara Chapela, ás 9 da mañá.

Intentei meterlle ritmo, á respiración, ás pernas, con alegría e con xeito, acordeime de Jopart en Praga. En fin , o falar non ten cancelas, a imaxinación tampouco, e non se consola quen non quere.

Ó final rematei o circuito en 1:24:28, o que sae a un ritmo de 9:29 minutos o kilómetro.Está claro que teño o mesmo futuro como marchadora que como corredora popular, pero o caso é ir volvendo ó asfalto dalgún xeito.

Veremos como andan os músculos maña. De momento, xeo preventivo a falta de estiramentos na zona cero.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1744 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Xul 2018, 6:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

La salida de las lesiones siempre es dura y está llena de dudas. Estás recuperándote Alicia. Espero que las sensaciones postmarcha sean buenas y que pronto volvamos a coincidir.
Pd: Las referencias musicales casi me arrancan al cante Silbar
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 04 Ago 2018, 15:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: Catoira 3 - Alicia 0

Xa tiña claro que nestes días catoirenses non tería tempo de calzar as zapatillas, pero sí que viña decidida a cumplir diariamente cos deberes de abdominais, pesas e reforzo de glúteos, tendo que axustar o horario a primeirísima hora da mañá para estar libre antes da hora de estar co almorzo da miña nai e demais tarefas. Isto implica deitarse cedo e incluso enganchar pronto co sono: Misión imposible. Aparte do exceso de temperatura xeral que todos andamos a aturar, hai que sumar o ruido da Festa Vikinga. Polo visto, non contentos coas representacions teatrais de mércores e xoves, onte venres houbo verbena a tope de decibelios ata as 5 da mañá, que se dí pronto, por Odín e por "oder" á veciñanza que quere durmir... Pero non abonda do con iso, resulta que as tres gatas da casa, que son mais silvestres é de exterior, deulles por zafar do calor camuflándose en casa sen avisar. E como son de exterior, comen e fan as súas cousas fora. Como ademáis deben saber que os meus país están xordos e é inútil ir cabo deles, viñeron a miañar á miña porta. A primeira viu á 1 da mañá, e perdoeillo porque ainda non estaba eu durmida.
Cando a segunda me viu a miañar a isto das 2:45 xa non o toméi ben, pero pensei que xa estaba toda a cuadrilla fora é que xa morrera o conto. O que xa me pareceu unha auténtica tocadura de "gambancini" ( que diría Salvo Montalbano) foi cando me viu ás 5 da mañá a miañar a terceira gata. Total que cando sonou a alarma da tablet ás 7:30 da mañá non tiña o corpo nin para pesas nin abdominais, e malamente logrei erguirme ás 8:30 pasadas.
Hoxe xa me encargarei pasar o escáner felino por todo curruncho antes de deitarme. E a ver se mañá retomo o ritmo de exercicios.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 11 Ago 2018, 16:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "14-A Licencia para rodar"

Breve paréntese vigues (hoxe toca volver a Catoira)
Onte revisión coa fisio, e despois de darme o aprobado ó estado do piramidal dereito grazas ás plantillas, e de apalpar e esmagar con saña o que tocaba do lado esquerdo, díxome a ansiada frase: "O martes 14, cando xa estea a perna recuperada da mazada de hoxe, podes comezar a trotar, pero non máis de 5 km de cada vez, e como moito 3 veces entre o 14 e o 24, e en setembro penso que podes volver ó ximnasio sen problema"
En fin, feliz de saber que nos días que estarei por Louro e Muros poderei trotar algo, ademais de aplaudir ós que vaian á Carreira das Areas.
Pero na outra cara da moeda está que desde o 2 de setembro Catoira vense para Vigo. Se algúns falades do difícil que é cadrar horarios cando hai cachorros de por medio, penso que máis ou menos lle andará a cousa cando se trata cando de por medio están os ancestros.
De momento son positiva, e espero sair viva desta ultra trail que se me ven enriba
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3021 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 16:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grandísima noticia que puedas volver a correr.
Ahora poquiño a poco.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
12 Carreiras
417 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 21:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Excelentes noticias, Meiga. Ahora poco a poco a ir mejorando.
Supongo que el Berbés te pillará un poco corta de forma este año, pero sería una posibilidad de coincidir, como el año pasado. Veremos si esto es posible, según como evolucionemos y de nuestros respectivas ocupaciones, uno con sus cachorros y otro con sus ancestros, que como bien dices, aquí hay para todos.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
961 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2018, 8:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vense brotes verdes Meiga.....agora non lle pases a desbrozadora, tes que mimalos Aplauso Aplauso Aplauso
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 21:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Vense brotes verdes Meiga.....agora non lle pases a desbrozadora, tes que mimalos Aplauso Aplauso Aplauso

Tranquilo Nando, eu son máis de cortacéspede eléctrico ou de gadaña que de desbrozadora.

E si que tiña intención de mimar moito os meus músculos estes días, pero as circunstancias familiares non deron moita marxe ( só de decatas de canta materia inútil se pode acumular en 20 anos nun dormitorio cando toca facer mudanza forzosa...)

En medio de toda esa voráxine, si que logrei estrearme o día 14, e facer dúas saídas máis en días alternos (martes, xoves , sábado). Con plantillas, sen pasarme dos 5 km. Os tres días no circuito da Guía, que os que xa me coñecedes sabedes que o fago comezando Doutor Corbal, Avenida de Dona Fermina , carballeira, Oliveira, Baixada a Etea e remato subindo Ríos. Costas esixentes, pero coa vantaxe de ser un percorrido curto, tranquilo e con sombra a case calquera hora.

O primeiro día rematei en 36 minutos o que habitualmente remato en 28-29. Ritmos de 6:20 km en llano e costa abaixo. Máis lento é ir xa andando. Con todo iso, moitas, moitas maniotas pola zona dianteira dos muslos. Teño agotada a cuota láctica ata o ano que ven ( e que me perdoen o chiste malo os gandeiros da miña familia materna).

Hoxe na terceira saída, indo ó que podían dar pulmóns e pernas, que tampouco era gran cousa, xa cheguei a facer tramos de llaneo e baixada a 5:40, só sentindo o tirón das maniotas, sen sensacións sospeitosas na zona cero.

Por si acaso, ando a poñer xeo. Por outra banda como mañá toca volver a Catoira , xa toca 5 días sen correr, nos que espero poder atopar algún oco para seguir cos exercicios de reforzo de glúteos , e substituir os exercicios de pesas por planchas, agora que teño permiso para apoiarme nas pernas... O conto será poder atopar eses ocos, con todo o que toca de traballo e acompañamento a consultas médicas cando estou alí.

Pero polo menos sentir que podo correr, que xa é de abondo
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2529 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 29 Ago 2018, 0:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: Como era nun principio, agora ... e esperemos que sempre

Nos 11 días que levo sen actualizar o diario, teño pasado de estar en Catoira , co tempo xusto para facer só os exercicios de reforzo de glúteos, a reencontrarme con Louro, ese paréntese de relax e recuperación ó que me levo apuntando desde o ano 2010, e que máis que costume é xa unha auténtica necesidade, un retorno ás raíces.

As raíces, porque foi xusto en agosto de 2010 cando comecei a calzar as zapatillas por vez primeira, sen saber ben onde me metía. E coincidiu que aqueles primeiros entrenos foron buscando a hora fresca do mencer camiño do faro de Louro. Experiencia e entorno que lograron engancharme , namorarme desta tolería.

Así que volver a calzar as zapatillas despois destes tres meses de lesión o pe do Monte Louro ven sendo algo case ritual e simbólico... E tal e como era nun principio, agora sigo a facer ritmos que non baixan dos 6:30 min/km, con molestias no lado esquerdo mentras non dou quecido, e con folgos só para correr media hora. Pero aí estamos.

Creo que a recuperación vai ser lenta, polo que as saídas destes días serviron para concienciarme de que mellor non precipitarse e deixar pasar os 10km do Berbés.

Mentras , seguir cos exercicios e as saídas de media hora, facer de siareira e reporteira cando toque, como este domingo pasado en Carnota, e dosificar, lograr que o corpo se recupere e aguante, para que o que foi nun principio poida ser sempre , durante o maior número de anos posible.

E por suposto non esquecer nunca que isto faise para disfrutar, do corpo, da compañía e da paisaxe


Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
12 Carreiras
417 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 29 Ago 2018, 8:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga, una crónica impresionante y emocionante de verdad, incluida la foto, muy significativa dentro de su sencillez.
Sigue recuperando y cuando sea el caso ya llegará el momento de carreras. Aún queda para la San Martiño. Otro clásico, lo bastante lejano aún como para pensar que ya estarás recuperada para entonces.
Un saludo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos