Foros ›
Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Foros de debate / Kedadas e grupos
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
423 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Xul 2018, 15:50
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 30 de xuño e 1 de xullo de 2018

Unha de montaña e outra de asfalto, ese é o número de carreiras nos que tivemos participación este domingo. Non foron moitas, pero si especiais Guiño


TRAIL SERRA DA FREITA

Oito foron as nécoras que se desprazaron ata Portugal para participar nesta gran proba. Mentres que na modalidade de 65km competiron pichu, Kapioviedo, Lete e Kmpon666; nos 100km estiveron Míllara, ALFONSO, Agüita e jgvillanueva.

Podemos atopar a espectacular crónica de Kapioviedo neste enlace: aquí.

Así coma o novo video (falando sobre como foi a carreira) do noso youtuber Runnercello (Lete):


Estes foron os resultados dos nosos compañeiros:
65 kms
Kapioviedo 11:59:39
Kmpon666 13:27:51
Iván 14:30:25
Lete 14:30:28
100 kms
Míllara 23:51:14
Alfonso 23:51:14
Agüita e jgvillanueva non puideron rematar a proba e tiveron que rematar. Moito ánimo e cedo virá a seguinte. Noraboa a vos e a todos por enfrentarvos a unha proba así!!! Aplauso


CARRERA POPULAR DE REDONDELA

Outras oito nécoras percorreron as rúas de Redondela. Unha carreira que pasou a ser de 9km este ano e onde "cuidan a los corredores" como di moterodeseco, que engade que non lle defraudou en absoluto, pese a non atoparse moi ben fisicamente. "Carrera para volver" conclúe.

Algo moi parecido comenta Moussambani, que elixiu esta carreira como broche final a este primeiro semestre do ano antes de tomarse un descanso. "Excelente organización y trato al corredor de 10, esta carrera siempre que pueda será una de mis fijas en el calendario" afirma.

Os resultados foron os seguintes:
Moussambani (13) 31:54
Miguel Ángel (18) 32:25
Chancletas (87) 37:30
moterodeseco (89) 37:38
Karamés (136) 39:55
Fonvigo (140) 40:05
Xan (141) 40:05
Montxo (189) 42:32

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 30 de xuño e 1 de xullo.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
423 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Xul 2018, 12:26
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

28/52

Desde su fundación, el C.A.R. Marisqueiro todos los años ha crecido en número total de socios, salvo en el 2013.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
423 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 10 Xul 2018, 17:09
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 7 e 8 de xullo de 2018

Xa en período de vacacións para moitos, a actividade atlética é menor. Pero aínda así, podemos seguir contando as andanzas de varias nécoras en diversas carreiras.

Trail Urbano Muralhas de Valença

Pouco dicir desta carreira que non nos conte JAGC na súa crónica! Aquí a podedes atopar: Trail Urbano Muralhas de Valença

VI Trail Vila de Cuntis

Aurora e moterodeseco acercáronse ata Cuntis. Ela participou na andaina, mentres que el no trail (había que asegurarse de que a negra participase en ambas modalidades!). Esta carreira conta con dúas distancias de trail (18 e 26 km), e a andaina de 17 km. Aurora destaca "la belleza de la zona, unas vistas muy bonitas. Esto junto con la buena organización hizo que la impresión fuera fantástica, y no me quejara tanto de las continuas subidas y bajadas." Mentres que moterodeseco destaca, como curiosidade, que o percorrido se realizou en sentido contrario. Fose cal fose o resultado, ao final tocou "disfrutar de la cerveza, empanada (la cual voló en nada) y los correspondientes callos, que a pesar del calorazo, tuvieron mucho éxito!” Así que polo que se ve, non foi nada mal Guiño

VIII Carreira popular Concello de Cambados

En Cambados puideron disfrutar da participación de catro nécoras. Carreira especial para unha delas, Papabaloo, que volveu á que foi a última carreira que correu sen vestir a camiseta do CARMA. Como el mesmo nos di, "el resumen del día es calor, mucho calor"; o que posiblemente fixo que as tres voltas de ao circuíto de 3,33 km se fixesen máis duras do habitual.
Estes foron os resultados:
Papabaloo (151) 45:32
Fonvigo (170) 46:30
Montxo (198) 47:58
ANPABAL correu peor sorte, e tivo que retirarse despois de tropezar cun adoquín ao cruzarse por diante un espectador. Esperamos que non fose nada!

XXXV Carreira Popular de Leiro

Dúas nécoras e un podium, de Karamés (que nunca falla), é o resumo desta carreira. Os tempos dos nosos compañeiros foron:
Karamés (62) 42:34
Mclego (128) 54:25

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 7 e 8 de xullo.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
423 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Xul 2018, 10:52
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

29/52

Desde su fundación en 2009, forman o formaron parte de la historia del C.A.R. Marisqueiro 104 hombres (84,45%) y 19 mujeres (15,55%).






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos