Foros ›
Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Foros de debate / Kedadas e grupos
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
7536 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 08 Xuñ 2018, 16:09
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Saúde e Km Chancletas!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 14:25
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Hoxe temos o pracer de anunciar a chegada de dúas novas persoas ao C.A.R. Marisqueiro! Unha destas novas nécoras é Cristian Valencia, mentres que a segunda é a foreira Luciérnaga!
Benvidos ao CARMA! Aplauso
Saúde e quilómetros!!! Bailar

--------
Enlace directo á nova na web: carmarisqueiro.com


Última edición por carmarisqueiro o Lun, 11 Xuñ 2018, 9:00; editado 1 vez
Luciernaga

Novo foreiro
Novo foreiro
2/10/13
6 Carreiras
16 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 16:22
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Gracias!!! encantada de formar parte deste clube!! Bailar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1009 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 18:55
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Benvidos Chancletas, Cristian Valencia e Luciernaga!!! Aplauso
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Xuñ 2018, 9:12
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

24/52

Desde la fundación del club en diciembre de 2009, la edad media de entrada en el CARMA es de poco más de 40 años.

El más precoz entró con 12 años.
El más veterano con 67.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Xuñ 2018, 9:47
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 9-10 de xuño de 2018

Nesta segunda fin de semana de xuño houbo nécoras o sábado na VI Nocturna Correndo por Vigo - As Travesas e na IV Meia Maratona Sunset – Caminha, mentres que o domingo tamén na VII Eurocidade10, no Sky Marathon Serra Amarela e na XII Subida Roca – O Eirado (Trail de Esgos).

Comezamos falando da VI Nocturna Correndo por Vigo - As Travesas, onde tivemos a maior representación de toda a fin de semana. 14 nécoras percorreren as rúas de Vigo pola noite. Ademais dunha 15ª, Meigalicix, que non participou por lesión pero non deixou de animar en todo momento baixo a chuvia. Os resultados nos 10km foron os seguintes:
Fran Mallo (12) 35:53
sonsuso (34) 37:47
Alejofernandez (39) 37:58
Carioco (60) 38:43
Chancletas (136) 42:06
mikel_r (169) 43:35
Xan (235) 45:33
asiss (236) 45:34
Trécola (275) 46:40
Fonvigo (281) 46:44
JORGE.L. (311) 47:23
Luciernaga (341) 48:04
franoterosal (342) 48:06
Ademais o gran Karamés subiu unha vez máis ao podium, esta vez como primeiro clasificado da súa categoría na carreira de 5km. Noraboa!

Ao otro lado do Miño, en Caminha, celebrouse a IV Meia Maratona Sunset-Caminha. Alí estivo Moussambani, onde pese a non ser unha carreira nada fácil por mor da climatoloxía, puido facer un gran tempo final de 1:20:27; quedando 13º na clasificación xeral.

Cruzar o río Miño, pero dúas veces e en plena carreira, foi o que fixeron os nosos compañeiros gdmfirm, lybri e Sonsuso na VII Eurocidade10 o domingo pola mañá. Os tres fixeron un carreirón, quedando todos dentro dos 20 primeiros clasificados! Non só iso, senón que lybri foi 2º da clasificación xeral e 1º da súa categoría. Espectacular!!!
Estes foron os resultados:
lybri 35:22 – 2º da xeral (1º veteranos A)
Sonsuso 37:06 – 9º da xeral (6º senior)
gdmfirm 38:28 – 18º da xeral (8º senior)

Non só asfalto houbo esta fin de semana, non podía faltar a sección de Montaña neste domingo 10 de xuño. Primeiro, Quini participou no Sky Marathon Serra Amarela, cun tempo de 7:47:53 e 60º na xeral.

Ademais de ALFONSO e Míllara, que participaron na XII Subida Roca – O Eirado (Trail de Esgos).

---
Podedes consultar o resumo completo coas minicrónicas e fotos das nosas nécoras no seguinte enlace: fin de semana do 9-10 de xuño.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Xuñ 2018, 11:45
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Nestes últimos días non paramos de anunciar novas incorporacións ao C.A.R. Marisqueiro! Bailar

Hoxe temos o pracer de anunciar a chegada de Kmpon666! Asiduo xa aos adestramentos montunos das nosas nécoras, estrenará a negra nos 65km do Ultra Trail Serra da Freita. Benvido compañeiro! Aplauso

Aquí tedes o enlace á nova na nosa web: carmarisqueiro.com/nueva-incorporacion
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
7536 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 16 Xuñ 2018, 12:10
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¡Menuda vorágine de fichajes! Bienvenidos Luciérnaga, Cristian y Kmpon666!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Xuñ 2018, 9:29
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

25/52

La edad media actual de las nécoras es de 42 años y 8 meses.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Xuñ 2018, 18:58
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 16-17 de xuño de 2018

Unha gran fin de semana para o CARMA. Ademais de participar en grandes carreiras coma Os 21 do Camiño ou o Trail Fragas do Eume, as nosas nécoras estiveron nos postos de privilexio na Nocturna de Celanova, na Carreira Solidaria Colegio Aloya e, como non, no Campionato Galego Máster ao Aire Libre en Pontevedra. Comezamos co repaso!

CAMPIONATO GALEGO MÁSTER AO AIRE LIBRE

Alí tivemos a catro das nosas nécoras vestindo a negra, conseguindo ata tres preseas! No 1500 masculino, a proba por excelencia do medio fondo, lybri comezou moi forte intentando romper a carreira. Tal foi o ritmo que os seus perseguidores non puideron alcanzalo, obtendo así a medalla de ouro que o distingue como campión galego da súa categoría cun tempo de 4:28,69). Pero non só el estivo neste podium, senón que o noso compañeiro Fran Lago conseguiu unha máis que merecida medalla de bronce tras facer 4:54,12.

Pola tarde, no 5000 masculino, ademais de lybri e Fran (que repetiron) tamén correu Papabaloo. Gran carreira a que fixeron os tres. Cun nivel moi alto na participación, foron quen de facer 17:12,03, 18:18,50 e 20:55 , respectivamente. Temos que destacar a Papabaloo, que correndo na casa foi quen de rebaixar a súa marca nun minuto! Participar nun campionato galego co apoio de familia e amigos non ten prezo. Noraboa Papabaloo!

Por último temos que falar de lisi, que participou en tres probas: 400, 800 e por último o 200. A xornada non puido comezar mellor para ela, facendo mellor marca persoal (1:22,29) no 400 e logrando unha espectacular medalla de bronce! Despois debutou no 800, nunca antes correra tal distancia, facendo un tempo de 3:21,35 e sendo cuarta da súa categoría. E para rematar, quinta no 200 cun tempo de 33",48. Todo isto en 6h escasas, espectacular lisi! Como ela di, "lo mejor de todo es el poder correr con la camiseta de nuestro club. Hemos sido todos unos campeones". Un orgullo como nécora lisi!

MEDIA MARATÓN PALAS MELIDE – OS 21 DO CAMIÑO

Agora temos que falar da que se di que é a mellor media de toda Galicia, algúns din que hai rankings que asguran que tamén de España. Como para quedarse sen participar!

Alí tivemos o maior número de nécoras de toda a semana, chegando á decena! Chancletas, Aurora, Kapioviedo, ALFONSO, Lete, moterodeseco, artabro81, Montxo, Míllara e sonsuso percorreron 21km entre Palas ed Rei e Melide polo camiño de Santiago.

"Unha verdadeira festa do atletismo popular! Recomendala é pouco!" asegura sonsuso. Tamén Chancletas asegura que "o percorrido debaixo de carballeiras e o carón do río, todos e cada un dos voluntarios a animación dos puntos e das vilas de Palas e de Melide… e do trato que lle dan os/as corredores/as… impresionante. Aínda que non todo foi correr, xa que "el pulpo en Melide también mereció la pena" según di Aurora. Aínda que a algúns parece que non tiveron que recurrir á hostelería propia do lugar, xa que houbo "un impresionante avituallamiento post carrera donde no falta la cerveza, el jamón y los melindres" polo que di moterodeseco, asegurando que Chancletas fixo ata de camareiro!

A información e as fotografías inundaron as conversas e os grupos de whatsapp. As sospeitas de que algunhas nécoras non chegaron a coller o bus precarreira para ir á zona de saída, senón que quedaron en Melide directamente, comezaron a producirse. Tranquilos quedamos cando vimos que si, que correran. Que correran, que disfrutaran e que tamén fixeran tempazos nunha carreira tan dura coma esta!

27 sonuso 01:26:37
151 moterodeseco 01:40:47
152 Chancletas 01:40:47
157 Lete 01:41:04
165 Míllara 01:41:21
223 ALFONSO 01:45:31
377 Kapioviedo 01:54:54
546 Montxo 02:06:46
614 Aurora 02:16:45
630 artabro81 02:21:07

TRAIL FRAGAS DO EUME

Dúas nécoras participaron nesta terceira edición do Trail Fragas do Eume, que recorreron xuntos parte dos 31km do trail. Non só por Melide houbo manxares, senón que "para acabar paella y estrella galicia, la mejor hidratación post carrera. Carrera recomendada para el año 2019" di j.m.pedrosa. Tomamos nota!
Os tempos foron os seguintes:
j.m.pedrosa 102 - 4h32’58”
Kmpon666 109 - 4h39’58”

Por último...

Temos que falar da NOCTURNA DE CELANOVA e da CARREIRA SOLIDARIA COLEGIO ALOYA. Tres nécoras participaron en total, e tres podiums que temos que felicitar! O sábado pola noite foi Fran Mallo quen quedou 5º da xeral e 1º da súa categoría en Celanova, mentres que Moussambani (2º da xeral) e Karamés tamén subiron ao podium no porto de Vigo.

Queremos facer unha mención especial a Cristian Valencia, unha das últimas incorporacións ao CARMA. Ía participar no IRONMAN AS PONTES, pero como el mesmo nos conta: "Fue una putada. Todo el mundo con el neopreno puesto y yo intentando arreglar la bici. Pero no pudo ser”. Moito ánimo crack!

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de smana do 16 e 17 de xuño.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Xuñ 2018, 11:51
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

26/52

Desde su fundación, el año que más incorporaciones tuvo el C.A.R. Marisqueiro fue el 2010, con 20 nuevas nécoras.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 30 Xuñ 2018, 18:34
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 23 e 24 de xuño de 2018

Cuns días de retraso, pero mellor tarde que nunca, aquí chega un novo resumo da actividade das nosas nécoras!!! CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOAN (VIGO), CARREIRA DAS AGÜIÑAS, CHANDREXA DE QUEIXA e 10K VIRXE DOS REMEDIOS tiveron presenza da negra. Comezamos!

CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOAN (VIGO)
Numerosas nécoras participaron nesta carreira tan tradicional como as sardiñas, o pan de millo e as cacharelas, e iso que "las altas temperaturas que invitaban más a ir a la playa" como di Aurora. Os resultados foron os seguintes:
13 Fran.Mallo 26:22
19 Lybri 26:43
38 Miguel Ángel 27:53
39 Moussambani 27:54
63 carioco 29:01
71 sanmikel 29:26
99 moterodeseco 30:45
118 Cristian Valencia 31:34
146 Hos72 32:35
197 franoterosal 33:49
199 Fonvigo 33:51
265 Montxo 35:39
332 JAGC 37:33
406 Luciernaga 39:23
416 Aurora 39:51
437 Xan 40:49
438 XURXO 40:49

CARREIRA DAS AGÜIÑAS
No Porriño só tivemos a presencia de Chancletas, pero de forma especial. Como el mesmo nos conta, "tocaba carreira no que fora o meu clube ata o ano pasado e non podía faltar. Unha proba que fan con moito cariño e con carácter puramente “Popular”. Ademáis desde fai tres edicións adícase o que fora compañeiro, Diego Salgueiriño, falecido fai tres anos o que a convirte en algo máis que especial." Como el di, unha proba rompepernas na que marcou un tempo de 28:32. Noraboa compañeiro!

CHANDREXA DE QUEIXA
O que non pode faltar nunha fin de semana no CARMA, son os trails! Ata este acercouse moterodeseco para facer os 18km; daniel4734, xabi_callosraba, ALFONSO e Millara para facer os 34km; e tamén Aurora na andaina que transcurre polos mesmos 18km ca o trail curto. Como ela mesma nos conta: un lugar precioso e unha organización perfecta. Unha pena a calor que fixo, e que mesmo obrigou a dous dos nosos compañeiros (xabi_callosraba e dani4734) a abandoar. Ás veces hai que tomar ese tipo de decisión aínda que non sexan fáciles. Ben feito!

10K VIRXE DOS REMEDIOS
Para rematar, o prato curto pero tamén o máis galardonado desta fin de semana!!! No cal se puido ver a dúas nécoras no podium! Xa que Lybri venceu na carreira dos 5km e gdmfirm logrou un segundo posto na de 10km. Noraboa!!!

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 23 e 24 de xuño.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 30 Xuñ 2018, 18:35
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Ademais, temos o pracer de anunciar unha nova incorporación, unha nova nécora, a familia aumenta!!! Bailar
Benvida á túa nova casa Yarima! Aplauso
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Xul 2018, 10:31
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Novo convenio de patrocinio con EL Trigal

Esta semana o C.A.R. Marisqueiro firmou coa panadería, pastelería, cafetería e catering El Trigal, de Vigo, un convenio de patrocinio para as próximas 5 tempadas. El Trigal é unha firma sensibilizada co atletismo popular e dende o CARMA estamos orgullosos de lucir unha marca que ten como lema a calidade. Fruto desta colaboración, cambiaremos a nosa equipación e volveremos á nosa indumentaria orixinal: a negra!

Polo de agora só é oficial a nova versión do chándal (adxúntase imaxe). Nas vindeiras datas daremos a coñecer o resto da equipación.



chandal (494x640).jpg
Descrición: Novo chándal do CARMA
Visto: 403 veces
chandal (494x640).jpg

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Xul 2018, 10:44
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

27/52

El año en el que hubo más bajas en el C.A.R. Marisqueiro fue el 2013, con 14 nécoras que dejaron el club.






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos