Foros ›
Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 23:29
Asunto: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO

XVII Carreira Pedestre do Nadal de San Cibrao das Viñas
Domingo 16 de decembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: San Cibrao das Viñas, domingo 16 de decembro de 2018.
Web da carreira: https://sancibrao.es/xvii-carreira-pedestre-do-nadal-e-v-campionato-provincial-de-10km/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6153&date=20181216
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21129

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 26 de novembro de 2018 ao xoves 29 de novembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 29 de novembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 26 de novembro ata as 23:59 do 29 de novembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 30 Nov 2018, 10:40; editado 1 vez
urgon

Novo foreiro
Novo foreiro
11/04/08
96 Carreiras
29 Mensaxes
Burela
Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 10:18
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Buenos días,

Me gustaría participar en el sorteo, porque es una carrera con un ambiente muy agradable, con tintes ya navideños, con muy buen rollo y que siempre gusta correr. Además es cerquita de casa, otro aliciente más.

Un saludo y gracias por organizar estos sorteos!
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
31 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 11:09
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Buenos Días:
Me gustaría participar en el sorteo.
Por las fotos que estuve viendo, la carrera parece tener un buen ambiente ya que está próxima a la Navidad y la gente se lo toma con un poco más de alegría, y eso se agradece. El recorrido parece asequible.
La zona no la conozco, por lo que es una buena excusa para turistear.
Suerte a todos
Gracias.
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 11:44
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Pois probaremos sorte no sorteo a ver se vou de balde a esta carreira que ten unha pinta estupenda e nunha epoca que vai xenial antes de comezar cos turróns
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 12:17
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Pois probaremos sorte no sorteo a ver se vou de balde a esta carreira que ten unha pinta estupenda e nunha epoca que vai xenial antes de comezar cos turróns
xabierdeparada

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/11/15
666 Carreiras
132 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 14:05
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Participo no sorteo porque en San Cibrao se vive un gran ambente e me queda pretiño da casa subindo polo Montealegre
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 23:12
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Quero participar no sorteo. Unha das fixas do calendario, cun circuito q sin ser 100% chairo pernite manter bos ritmos e conseguir boas marcas. Gran ambiente o boa organizacion, moi recomendable.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Nov 2018, 10:40
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): ata 29/11

Sorteo finalizado.

Muchas gracias a todos por participar. En unas horas publicaremos los resultados del sorteo. Permaneced atentos porque una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviar vuestros datos. Pasado ese plazo, si no los recibimos, perderéis el derecho al dorsal y pasará a pertenecer a un suplente.

Mucha suerte!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Nov 2018, 14:03
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO

Ganadores: Gertiz

Enhorabuena a los ganadores de Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18)

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos

- Fecha de nacimiento

- DNI

- Localidad

- Talla de camiseta

- Nick personalizado para el dorsal

- Email

- Teléfono

- Club al que perteneces

- Si estáis o no federados

- Nº de federado

Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/t3nGFPRg


gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 01 Dec 2018, 8:21
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO

Grazaaaas!!!
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Dec 2018, 13:18
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO

Pola seguinte quero e debo pedir desculpas a Correr en Galicia, á organización desta carreira e a todos e todas os compis. Hai uns días tocoume o dorsal gratuito desta carreira e hoxe desafortunadamente non puiden acudir. O meu neno pasou mala noite e non era cuestión de estar a cento e pico quilómetros del e deixar a responsabilidade a avoa estando como está pachuciño. Nen eu tampouco desfrutaría a carreira.
Así que pido desculpas e quedo coas gañas desta carreira. Para unha vez que me toca algo
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Dec 2018, 13:28
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO

Boas tardes Gertiz, moitas gracias por avisarnos.

Non te preocupes, sabemos que a vida é así e non sempre podemos facer o que tiñamos planeado. Agora o importante é o teu pequerrecho, esperamos que se recupere axiña.

Será por carreiras... e sorteos. Ti sigue apuntándote, que seguro que volves ter sorte Guiño

Saúdos!
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Dec 2018, 15:02
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal CarreiraNadalSanCibrao (16/12/18): PECHADO

Grazas!
Estas días son complicados para a miña familia e por suposto para el, e penso que se lle uniron varios factores ao pobre. Pero tiraremos cara diante coma levamos feito





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos