Foros ›
Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 23:27
Asunto: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): PECHADO

V CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA
Sábado 22 de decembro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais para chica e 2 dorsais para chico
IMPORTANTE: é necesario e imprescindible indicar se se quere optar ao dorsal de chica ou ao de chico, senón a mensaxe non se terá en conta.

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Ribadavia, sábado 22 de decembro de 2018.
Web da carreira: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/v-carreira-popular-de-ribadavia/1cc563f1-9baf-90a9-bca3-39e9af3f5e7e
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6194&date=20181222
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 26 de novembro de 2018 ao xoves 29 de novembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 29 de novembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 26 de novembro ata as 23:59 do 29 de novembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 29 Nov 2018, 23:59; editado 1 vez
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 12:19
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Borrome do sorteo xa que me saíu un compromiso para ese día e non poderei ir


Última edición por gertiz o Mér, 28 Nov 2018, 10:40; editado 1 vez
xabierdeparada

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/11/15
666 Carreiras
132 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 14:04
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Participo no sorteo pra un dorsal de CHICO porque despois de varios anos pretendo voltar ó asfalto e ademais a de Ribadavía é durilla a par de chula


Última edición por xabierdeparada o Mar, 27 Nov 2018, 20:42; editado 1 vez
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 23:20
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Quero participar no sorteo.
Dorsal de chico.
Carreira das q quedana tiro de pedra da casa e q non se pode faltar, cun circuto q ata a metade e moi comodo as beiras do Avia e do Miño e q garda toda a dificultade para a segunda tarte cun tramo final por algunhas das ruas do barrio xudio.Animarse.


Última edición por xaviarnoia o Mar, 27 Nov 2018, 15:56; editado 1 vez
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
452 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Nov 2018, 5:31
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Compis xaviarnoia e xabierdeparada, tedes que por dorsal chico ou chica se non, non vos van meter no sorteo. Mirade as regras
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
31 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 27 Nov 2018, 12:17
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Buenos Días
Quisiera participar en el sorteo de un dorsal para CHICO.
Estuve viendo y tiene muy buena pinta. Es por un la orilla de un rio y por el pueblo que creo que es en cuesta.
El sitio parece bonito y es una zona por la que no he ido mucho. Sería una buena oportunidad. a ver el tiempo.
Suerte a todos
Gracias
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Nov 2018, 12:48
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Como comenta o compañeiro Gertiz, recordade que é necesario indicar se queredes participar no sorteo do dorsal de chica ou no de chico. Senón a mensaxe non se terá en conta.

O motivo é moi sinxelo. En sorteos como este, nos que a petición da organización hai certo número de dorsais para cada sexo (ou para cada unha das distancias que ten lugar, como ten sucedido nalgunhas carreiras de montaña), necesitamos saber a que tipo de dorsal quere optar cada perdoa. Algúns se poden intuír polo nick ou porque os colaboradores coñecemos á persoa que está detrás dese perfil de usuario, pero para evitar caer en decisións subxectivas e arbitrarias que poidan provocar erros pola nosa parte, preferimos ser o máis obxectivos e neutros posible. Por este motivo, é necesario e imprescindible indicar a que tipo de dorsal se opta.

Da mesma forma, recordade os únicos requisitos que pedimos para poder participar no sorteo:

Cita:
4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Polo tanto, non esquezades que a vosa mensaxe cumpra o punto 5 do regulamento.

En particular, a razón de incluír de forma explícita o desexo de participar no sorteo é o mesmo que o de indicar a que tipo de dorsal ao que se opta. En anteriores fíos hai persoas que entran para comentar algo, falar con outro foreiro ou o que sexa, por este motivo e para non evitar casos confusos, pedimos que incluades algo como "Quero participar no sorteo". Pode parecer unha tontería, pero este requisito só nos facilita o traballo e evita que teñamos que recurrir a interpretacións que non sempre son correctas.

Moitas grazas por participar e moita sorte no sorteo!!!

Saúdos
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Nov 2018, 15:55
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Hola,
Puxeno na primeira frase "Quero participar no sorteo, dorsal de chico.".
Edito de todas formas a mensaxe para q se vexa mais claramente.
Un saudo
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Nov 2018, 16:42
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Todo correcto Xaviarnoia Guiño Se antes xa estaba ben, agora está máis que claro!

O noso comentario non era en particular pola túa mensaxe, senón que aproveitando o aviso de Gertiz, quixemos aclarar e insistir para que así ninguén quede excluído por eses motivos.

Saúdos!
Danielpato

Novo foreiro
Novo foreiro
27/07/18
22 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Nov 2018, 23:38
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Quero participar, dorsal de chico, nunca fui y me espero algo duro, no veo muchos llanos por ese bonito lugar.
malu

Novo foreiro
Novo foreiro
18/11/14
2 Carreiras
47 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Nov 2018, 0:04
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Participo para o dorsal de muller, se non teño sorte na sin son a ver se vou a Ribadavia. Nunca fixen esta carreira pero creo que podes er unha boa idea para pasar o dia, correr, visita o castillo e se podo ir as termas de prexegueiro, planazo!
jstsmmd

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/01/10
0 Carreiras
63 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Nov 2018, 6:34
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Bos días.
Participo no sorteo para un dorsal de home.
Carreira que permite disfrutar dun percorrido variado (paseo a carón do río, zona vella,...)e a que podendo lle engadiría un pouco máis de ruteo pola zona vella...aínda que xa digo,recomendable 100%.
Saúdos!
xoanciño

Novo foreiro
Novo foreiro
19/11/12
2 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Nov 2018, 17:10
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Quero participar no sorteo (Dorsal de chico)
O no pasado participei por primeira vez e non saiu como esperaba polo que teño espiniña cravada e a ver se a saco.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Nov 2018, 23:04
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): ata 29/11

Sorteo finalizado.

Muchas gracias a todos por participar. En unas horas publicaremos los resultados del sorteo. Permaneced atentos porque una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviar vuestros datos. Pasado ese plazo, si no los recibimos, perderéis el derecho al dorsal y pasará a pertenecer a un suplente.

Mucha suerte!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
570 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Nov 2018, 14:06
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18): PECHADO

Ganadores dorsal CHICO: Jstsmmd, Danielpato
Ganadores dorsal CHICA: Malu

Enhorabuena a los ganadores de Sorteo 4 dorsais Carreira Ribadavia (22/12/18)

En el caso del sorteo de dos dorsales para chica, como solo hubo una persona inscrita, se asignó directamente sin sortear. El segundo dorsal de chica queda vacante.

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos

- Fecha de nacimiento

- DNI

- Localidad

- Talla de camiseta

- Nick personalizado para el dorsal

- Email

- Teléfono

- Club al que perteneces

- Si estáis o no federados

- Nº de federado

Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/FA0pDSJA



Queda fuera del sorteo Xoanciño por no estar inscrito en el circuito





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos