Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2531 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Nov 2018, 17:08
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Aínda que algúns xa sabemos os resultados, esperamos ansiosamente a crónica Sorriso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2018, 10:44
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 4 de novembro e por terceira vez estaba na liña de saída da XV Maratona de Porto. O día era bastante desagradable, pero con moitas ganas de afrontar a aventura e tamén con moi boas sensacións. Tanto eu coma o meu compañeiro Lete, co que ía correr toda a carreira. O obxectivo era baixar de 3h10', e ata o km 38 íamos tanto en tempo como en ritmo de facer 3h09' moi baixo. Pero ata aí chegamos. O km 39 e o km 40 xa foron en 5'/km. O reloxo marcaba 3h00'30" e 2,195km en 9'30" era factible, pero o ritmo xa non estaba por debaixo de 4:30/km como ata o km 38. De feito, km 41 algo máis lento todavía e o último quilómetro a 7'/km. Tempo neto 3h12'45" e tempo oficial 3h13'00".

Moi moi contento. Non se puido lograr o obxectivo, pero nin o día acompañaba nin houbo esa pizca de sorte. Un pracer compartir toda a carreira con Lete e poder disfrutar dunha maratón sen ir ao extenuado ata o límite. Pero é que ademais, para min é a miña segunda mellor marca! Así que moi satisfeito de rematar unha maratón máis, nun gran tempo e cunhas sensacións tan boas.

Como comenta Meigalicix, prometo crónica e comentar un pouco como foi a carreira. Pero prefería ir actualizando o diario e comentar un pouco foi.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
567 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2018, 17:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Me alegro que che saira bén. Agardo que os ánimos que che dín na glorieta e falta de 2 kms (aínda que non me recoñezas) valeran de algo. A verdade e que o mal tempo fixo que moit@s fixeran peor tempo do previsto.
Saudos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2018, 18:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Rufino escribió:
Me alegro que che saira bén. Agardo que os ánimos que che dín na glorieta e falta de 2 kms (aínda que non me recoñezas) valeran de algo. A verdade e que o mal tempo fixo que moit@s fixeran peor tempo do previsto.
Saudos.

Ei Rufino! Non sabía que eras ti! Sabía que era alguén dos Tartarugas (ou iso creo), pero non que foses ti. Moitas grazas polos ánimos! Aplauso E un pracer coñecerte! Sorriso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2018, 19:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

XV MARATONA DO PORTO 2018

Inicialmente non me plantexara facer unha maratón neste outono. Todo comezou tomando algo con Lete, onde comentamos a posibilidade de correr os dous xuntos algunha maratón, que por facilidades e loxística, resultou ser Porto. Esta sería a miña oitava maratón e a terceira participación en Porto. Non me apetecía impoñerme un plan nin ter obxectivos moi ambiciosos, quería escapar desa dinámica. Por iso a idea de correr xuntos a 4:30/km e intentar facer un sub3h10', que sería a súa MMP, gustábame moito.

Despois de mes e medio parado, volvín adestrar a finais de agosto. O único obxectivo do plan era facer suficientes quilómetros para encarar con tranquilidade a maratón. Foron 8 semanas: as 5 primeiras de carga (con tiradas de 22, 26, 29, 28 e 32 km, respectivamente), 2 de descarga (competindo na MM Pontevedra e na Pedestre de Santiago) e a semana da maratón. Con resultados moi bos como a tirada de 32km a 4:22/km ou a MM de Pontevedra en 1h20'42", o traballo parecía estar ben feito para buscar ese sub 3h10' en Porto.

Fin de semana da maratona

O sábado viaxei cos foreiros Amina e Lihto, e co compañeiro do C.A.R. Marisqueiro Lete. Xa en Porto, este último e máis eu fomos ao noso hostal e logo a recoller o dorsal. Onde estivemos tanto con Amina e Lihto, como con outros compañeiros do Carma como Moussambani. Charlas e algunha foto, cea nun dos moitos sitios que hai pola ribeira do Douro e para o hostal a descansar. Unha boa noite, descansando moi ben. Seguramente a falta de nervios axudou. Bo almorzo, preparar todo e xa estaba o gusanillo no corpo. Baixo a ameaza de chaparrón e algo xustos de tempo, imos ao guardarroupa e entramos no caixón. Últimos minutos, falamos cuns compañeiros de Atletismo A Estrada, quitamos as dúas camisetas vellas que levaba, e saída!

A maratón

A idea era saír por diante do globo de 3h15' e poder coller ritmo constante a 4:30/km (ritmo exacto para facer 3h10'00"). Moito tráfico e km 1 en 4:41. Comeza a chover, que xunto co vento, vai darlle á carreira ese punto incómodo; aínda que eu atópome mellor nesas condicións que con calor. Dende aí, todos os quilómetros ata o km 15 saen entre 4:26 e 4:33 (non era unha obsesión ser un reloxo exacto, porque o perfil de cada km é distinto; pero a idea é que o corpo fose constante ao mesmo ritmo e relaxado). De feito, pasamos o km 10 en 45'06". O ritmo é bo e imos cómodos, pinta ben!

No km 15 paro para ir ao baño. Lete continúa nun grupito de 10 unidades que vai ao noso ritmo e no que fixemos a parte de máis vento. Tomeino con calma, non quería parar outra vez. Así que foi máis de medio minuto que logo tiña que recuperar. Xa que íamos xuntos, prefería recuperalo rápido e así poder seguir tranquilo despois. Polo que o km 16 saiu en 5' e o km 17 en 4'07". Aínda que vendo o ritmo do gps, fixen uns 800m a 4'00"/km.

Xa no grupo de novo, fixemos o avastecemento do km 20, cruzamos a ponte e chegamos á media maratón: 1h34'56". Seguimos clavados para 3h10' e as sensacións son boas. De feito, dende o km 18 ata o km 24 con vento a favor, mantemos un ritmo constante de 4:24-4:27/km. Ao xirar en Gaia, o ritmo mantense pero o vento é en contra, polo que o ritmo dende o km 25 ata o km 30 volve a ser de 4:27-4:30/km. Porén, comezamos a adiantar moita xente. Xa estamos nunha altura avanzada de carreira, nós mantemos ritmo e isto pinta moi ben. Despois de volver cruzar a ponte e ir cara o leste máis dun quilómetro, xiro de 180º e km 31 en 4:34. Lete dime que vai xusto, que xa vai sufríndoo e anímoo. Dígolle que imos moi moi ben! O ritmo, collendo a moita xente. Se nós imos mal, como vai o resto! Así que seguimos por esa longa Ribeira do Douro. O km 32 en 4:30, o km 33 en 4:32, pero logo volvemos a recuperar ritmo e facemos o km 34 en 4:27, o km 35 en 4:29, o km 36 en 4:28, e o km 37 en 4:29. Só quedan 5 km e o reloxo marca 2:46:09. Así que tíñamos 30 segundos de marxe! Pequena, moi pequena, pero estábamos aí!

No km 38] Lete dime que non pode moito máis, que baixemos uns segundos. Anímolle dígolle que sen problema, que íamos por debaixo de 4:30/km, que hai marxe! Ese km 38 sae en 4:39 e o km 39 en 4:41, que é subida con adoquín. Chegamos a arriba da costa e agora pica para abaixo e temos vento un pelín a favor, pero Lete coméntame que non pode máis, que non ten forzas. Así que toca disfrutar dos últimos quilómetros e deixarse levar. Disfrutar de que o intentamos, de que ata ese momento foi unha carreira espectacular! 39 km moi moi bos! Así que a disfrutar e sufrir o menos posible. Km 40 en 4:53. O reloxo marca 3:00:24! Aínda nese momento estábamos en tempo, aínda que evidentemente non era factible. Pero iso mostra que o tíñamos aí aí. Km 41 en 5:14 e km 42 en 5:44. Xa os últimos 195, costa arriba foron moi moi suaves, a case 7'/km.

Tempo oficial: 3h13'00"
Tempo neto: 3h12'45"


Postcarreira

Moi moi contento pola carreira que fixemos e por poder disfrutar dunha maratón en equipo. Penso que a estratexia era boa e que non houbo sorte. Ademais el correra hai 4 semanas a Extreme Marathon de Sistelo, polo que o cansancio acumulado e a falta de frescura penso que foron os causantes dese baixón final. Aínda así, non hai que quedarse con iso, que é o de menos. Rematar unha maratón máis, correndo así tantísimos quilómetros e disfrutando cada un dos 42, é o importante. A verdade, é unha pasada compartir tantos quilómetros e tantos momentos polos que se pasa nunha carreira tan longa, sabendo que é unha cuestión de equipo pase o que pase.

No aspecto persoal, moi boas sensacións. Disfrutei moito de poder correr a un ritmo alto tantos quilómetros. Sen presión nin ir extenuado. Muscularmente moi ben. Tan só a partir do km 32 notaba os isquios algo cargados, pero pouca cousa. Non foi ata o km 40, cando baixamos moito o ritmo, cando si que as pernas xa estaban moi moi pesadas. Imaxino que ao baixar tanto o ritmo apareceu o ácido láctico ou similares e aí xa se queixaban os músculos. Certo é que na volta ao hostal, máis de 30 minutos andando con vento, frío e chuvia, si que o pasei mal tanto en isquios e xemelos. Pero na carreira creo que todo perfecto.

Hoxe luns ningunha molestia. Tampouco cargado ao baixar escaleiras ou facer algún tipo de movemento. Si que noto as pernas cansas, pero molestias cero. Tan só os dous aquiles ao despertar me saudaron, pero moito máis leve que unhas semanas atrás. Así que máis non podo pedir. Uns días de descanso, e volta ao traballo!

Recuperar ben para intentar chegar fresco á MM de Vilagarcía, despois intentar facer moito traballo de forza durante decembro e en xaneiro comezar un plan que farei nas vindeiras semanas para chegar ben á Maratón VigBay.

Agradecementos

Moitas grazas a todas as nécoras compañeiras do Carma por seguirnos aos cinco que alí estabamos, así como tamén aos Jackbauers polos seus ánimos, e aos compañeiros de viaxe Amina e Lihto, un pracer viaxar con eles! A Rufino polos ánimos en Porto! E como non, a Lete, por poder disfrutar desta aventura con el e compartir esa chegada a meta na alfombra vermella.

Quero mencionar a dúas persoas que nestes meses, sen plan de adestramento ningún, me permitiron adestrar con eles. Unha é Gefreiter, que é un luxo de compañeiro de adestramento e que grazas a el estou como estou. Moitas grazas Miguel! E tamén á isaac.f.m., porque con el fixen as 4 tiradas máis longas destes 2 meses e case toda a MM Pontevedra; sorte en Valencia!

E para rematar, sanmikel, para a próxima, conto contigo eh! Mr. Green Molón


Última edición por sonsuso o Mar, 06 Nov 2018, 9:36; editado 1 vez
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
65 Carreiras
799 Mensaxes
Valdoviño & Laxe
Respostar citando Envío Lun, 05 Nov 2018, 21:55
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Buena carrera pero ¡mejor crónica! Aplauso
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
400 Carreiras
3536 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 06 Nov 2018, 11:20
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Crónica espectacular,vas sobrado pero sobrado,un placer el viaje y la compañía.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1123 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 06 Nov 2018, 16:26
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Una maratón más finisher. Y liebre de lujo. Hicisteis una carrera perfecta a ritmo. Gran maratón.
Ahora a por el siguiente objetivo
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
45 Carreiras
2531 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 06 Nov 2018, 21:34
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Unha pasada de crónica e experiencia (quédome tamén con iso de que "hoxe luns cero molestias"). Con esta progresión que levas vas chegar o infinito e máis alá ... e nos que teñamos a sorte de velo.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3026 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2018, 8:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Gracias por la crónica.

Entiendo que fuiste clavando el ritmo de 4:30, sobrado, y acabaste en 3:12 casi sin despeinarte. Además tampoco había preparado mucho este maratón.
Así que la próxima, si la preparas, que tiemble la élite que llega Sonsuso.

A Lete me gustaría darle ánimos. Estas cosas pasan, es lo que tiene el maratón, 3:12 es una buena marca, y seguro que en la próxima, si toca menos viento y lluvia, bajas de esos 3:10.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 08 Nov 2018, 12:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas aos cinco polos vosos comentarios e a todos os que se pasaron por aquí a ler a crónica ou botar un ollo! Grazas! Sorriso

Esta semana é de descanso total. Vendo o temporal que hai estes días, aproveito para non facer nada e que o corpo recupere ben. O luns dinme un baño de 20 minutos en auga fría con xeos, pero o martes e onte mércores non fixen nada.

A ver se entre hoxe xoves e mañá venres me animo a facer algo de bici e xa na fin de semana intentaría trotar uns minutos moi suaves.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 11 Nov 2018, 22:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

O xoves fixen 20 minutos de bicicleta estática no ximnasio da universidade e uns estiramentos. O venres descansei, o sábado saín a trotar 15 minutos moi suaves (pouco máis de 3km) e hoxe domingo volvín saír para facer 22 minutos suaves (algo máis de 4km), ambos días pola Alameda.

Sen molestias ningunha e con algo máis de peso despois de non facer nada estes días e de darlle un pouco aos bos vicios alimenticios. Así que de marabilla jejeje

Agora sete semanas nas que intentarei adestrar con continuidade, sen ningún obxectivo (só a MM de Vilagarcía, na que intentarei facer un bo tempo sen presión ningunha). A idea é reducir quilómetros pero meter máis forza e velocidade, pero a ver que sae. Despois comezarei un plan de 14 semanas para a Maratón VigBay.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 13:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Primeira semana (de dúas) pensando na MM Vilagarcía

A idea nestas dúas semanas é adestrar con continuidade, reducindo o volumende quilómetros, e intentando insistir en forza e series de bloques.

Así, ata agora fixen:

Luns 12: 27' suaves para un total de 4,67km. Fun co meu compañeiro de piso, e a idea era trotar a un ritmo cómodo para el e parar cando quixese.

Martes 13: 50' de carreira continua (a 4:50'/km aprox) con Gefreiter e un compañeiro de facultade pola Alameda. Para rematar, acerqueime con este último (que é de Sevilla e está preparando a MM Sevilla) á Praza da Quintana para facer 2 repeticións a un circuíto nas escaleiras da praza.

Mércores 14: de novo con Gefreiter, 25' de quecemento e 30' de carreira continua por un circuíto de escaleiras e costas (no entorno do Monte da Condesa). Para rematar, 3 costas de 80m case atope.

Xoves 15: despois de volver a facer adestramentos de 1h e comezar cos exercicios de forza, faltaban os bloques a ritmo controlado. Así que decidín facer un 4x2000. Primeiro fixen 15' de quecemento, e logo chegaron as series (as tres primeiras pola herba ao redor das pistas do estadio, e a última pola rúa 8 das pistas):
7'29"2 = 3'50"0 - 3'39"2
7'09"5 = 3'39"6 - 3'29"9
6'59"1 = 3'33"4 - 3'25"7
6'41"3 = 3'22"4 - 3'18"9
Moi moi contento, pois a idea era comezar cun 7'50" e rematar cun 7'00. Para rematar, volta a casa trotando.

Venres 16: hoxe con Gefreiter a primeira hora de mañá e despois de durmir pouco esta noite, tocaba 2 repeticións de 10 costas de 80m e 4x600 a 2' cada un. O día anterior estaba animado para facelo, pero xa ao despertar notábame moi canso por durmir tan pouco. Así que falando con Gefreiter e vendo o que fixera o día anterior, eliminei os 600 do meu adestramento (faríaos el só, mentres eu trotaba). Resume: quecemento de 20', 10 costas de 80m, outros 10' de trote moi suave, e outras 10 costas para remtar.

Agora atópome bastante canso, pero creo que é máis polo sono que polos adestramentos. Mañá máis e mellor e o domingo descanso.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1164 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 17 Nov 2018, 13:21
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Hoxe sábado 17 quedei con Sanmikel en Castrelos para facer un 3000+2000+3000 (11'45”, 7'30" e 11'00", respectivamente) con 2' de recuperación. Primeiro fixemos 5km de quecemento, rematando con varias progresións. O primeiro 3000 saiu en 11'19"5 (3:52,7 - 3:44,3 - 3:42,5), logo o 2000 en 7'16"9 (3:38,8 - 3:38,1), mentres que o último 3000 en 11'01"4 (3:42,1 - 3:41,7 - 3:37,6). Para rematar, 3 km moi suaves. En total 16km en 1h17'10".

Creo que un adestramento moi bo. Facer estas cousas en compañía axuda moito. Mentalmente foi moito máis sinxelo que o 4x2000 do xoves. Boas sensacións pero notando un pouco o cansancio acumulado destes días, o descanso de mañá vai vir moi ben.

Mañá domingo 18 descanso. Non sei se merecido, pero necesario sen dúbida.

Así remata esta semana, con 63km e bastante traballo de forza e series de bloques de media distancia, que era o que quería.


Última edición por sonsuso o Sáb, 17 Nov 2018, 15:54; editado 1 vez
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2491 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Nov 2018, 15:46
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

¿Pero ti te adicas o cálculo? A primeira serie foron 10s menos. Silbar
Moitas grazas, poder facer un entreno asi acompañado, non ten prezo. Grazas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos