Foros ›
Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2018, 20:44
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Pollastre escribió:
Como dice el título de tu diario, perdón Juan Bellas, no sé si me lo he perdido, pero una pregunta, ¿no pones crónicas de las carreras?. El otro día estuviste en Sada, ¿no?

Ola!, si estiven en Sada.

¿Sabes que pasa?, que ando un pouco de pardillo de momento nisto dos diarios, ao igual que se me pasou poñer a sesión de descanso activo do sábado víspera da carreira.

Ando un pouco dubitativo se meter cousas ou non, ou mesmamente, pola falta de costume, ás veces pásaseme poñer cousas novas...

Supoño que có tempo iremos mellorando Guiño
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2018, 20:53
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Respecto á carreira de Sada, pois a verdade é que levaba un certo recelo tras ver as ramplas a partir do km. 3, pero logo puiden comprobar que cheguei mellor do que pensaba ao último tramo, subindo a 4:20 e adiantando a bastante xente.

Non sei....noto que aínda me falta moito para coñecerme ben e ser consciente de ata onde podo dar. Entre outras cousas porque noto como cada semana de adestramento vai cambiando a miña forma de correr, en forma é en rapidez, vendo como, pouco a pouco, vou rebaixando os tempos de paso e o ritmo por km.

O que hoxe me parece rápido, para o mes que ven xa non o é.

É, por outra banda, estas carreiras están sendo as primeiras nas que participo. Noto que teño moito que aprender aínda. Xa non me pasa como nas dúas primeiras, que miraba nos cruces se viñan coches.....je, pero sí que teño que mirar a forma de colocarme mellor nas saídas, por exemplo. Salgo moi amodo, andando practicamente. Dende que dan o pistoletazo ata que paso pola liña de meta en Sada pasaron uns 30 segundos....e logo vas adiantando como podes, subindo beirarrúas ou colándote de lado entre a xente.

Tanto nesta carreira coma na de Narón do outro día de ASOTRAME, pásome todo o tempo adiantando xente.

Son detalles que, pouco a pouco, teño que ir mellorando, e potenciar outros que xa teño como es plus que sempre me da por aumentar o ritmo no último km adiantando a moita xente.
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 04 Out 2018, 15:15
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Mércores 3 de outubro // Día 14

Bueno, pois onte tocaba traballar un pouco os cambios de ritmo.

Sempre digo que calquera dos adestramentos que fagamos vai a repercutir no noso melloramento en xeral, aínda que afondemos en aspectos mais concretos, como a velocidade, a resistencia ou a potencia.

Neste caso vamos a mellorar a nosa capacidade de resposta ante ese desexo de aumentar o ritmo na carreira ou querer dalo todo nese último km, pero tamén é verdade que, ao andar movéndose entre a fase aeróbica e a anaeróbica, pois vamos a traballar tamén a nosa resistencia, a nosa capacidade por aguantar mellor a entrada nesa fase que parece que nos falte o aire é empecemos a xerar lactato como por encargo das festas do noso Patrón....

Algo que tamén facemos, por exemplo, nas series, aínda que estás soen ser mais intensas e con tempos de recuperación, mentres que no fartlek ou intervalos vai a ser todo seguido, sen parar, alternando fases suaves con outras intensas.

Nese sentido, o fartlek auténtico habería de mirar de facelo en terreos con desniveis, sen mirar cronómetro nin nada, e buscando un pouco a improvisación: corro forte ata aquela sinal de tráfico de alí...logo suave ata aquela árbore de acolá....e así todo o rato, facendo que tamén sexa mais ameno, sen mirar reloxos nin historias.

A falta dun terreo así, o que fago é gravar no meu Garmin unha sesión de adestramento de tal forma que traballemos en sentido piramidal, é dicir, vamos de menos a mais (tempo), para logo volver a menos.

Desa maneira, empezo con 1 minuto a ritmo 5:20-5.40, para logo pasar a outro minuto a 4:00-4:20. Continúo con 2 minutos mais amodo, outros dous minutos rápidos, logo 3 é 3, para volver a 2 é 2, e finalmente 1 é 1.

Por iso o nome de 1-1, 2-2, 3-3, 2-2, 1-1

Tiña a dúbida de si empregar a rutina 2-2, 3-3, 4-4, 3-3, 2-2, pero iso alongaría os tempos, e aquí non buscamos tanto coma nas series manternos nun nivel alto de ritmo, senón os cambios do mesmo.

O que si noto é que a mellora física vaime levar a aumentar a velocidade na fase rápida, pasando a 3:50-4:10, xa que no rango actual vexo que con certa facilidade estou correndo mais rápido de 4:00.

Son eses detalles que vas vendo có paso do tempo que che indican os teus avances no estado de forma

Algún día tamén os farei eu en Central Park....;-)



En Strava:
-Quentamento: www.strava.com/activit...1882083903
-Fartlek: www.strava.com/activit...1882084504
Seguímonos lendo, compañeiros de fatigas! Guiño
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
2949 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Out 2018, 16:27
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Gracias por compartir el video. Mola ver cómo adelanta como un rayo a los corredores mortales, y como, aún en sus minutos lentos, sigue adelantando.
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 04 Out 2018, 16:28
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

corredor101 escribió:
Gracias por compartir el video. Mola ver cómo adelanta como un rayo a los corredores mortales, y como, aún en sus minutos lentos, sigue adelantando.

De nada! Guiño
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Ven, 05 Out 2018, 15:17
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Xoves 4 de outubro // Día 15

Mais lonxe, mais rápido, mais feliz, ese ben podía ser a frase que define o meu actual estado de ánimo no día a día que nos toca vivir.

Onte tocaba facer algo de pesas na casa para logo completar con carreira por 1 hora de tempo buscando moverse nese 80% da nosa frecuencia cardíaca máxima, e que marca un pouco a fronteira dese réxime respiratorio que podemos ser capaces de aguantar en longas quendas.

Algo que vou notando có paso das semanas é ver como cada vez vou sendo capaz de correr algo mais rápido para ese mesmo ritmo cardíaco, e iso será un pouco o que marque o camiño a seguir de cara a afrontar carreiras como a media maratón Adolfo Ros que xa nos espera para primeiros de decembro.

Na medida que consiga seguir baixando (ou aumentando, segundo se mire....) ese ritmo de velocidade para ese valor de pulsacións, e que no meu caso andan entorno ás 152, mellor poderei rematar esa carreira tan esixente.

Sempre digo, baixo risco de repetirme mais que o allo....que corro para sentirme mellor, en tódolos aspectos, que as marcas que vaias conseguindo son unha consecuencia dese adestramento diario e participacións nas propias carreiras, pero que, en ningún caso, son o obxectivo a cumprir.

Esas marcas, ou ese querer conseguilas, non deben ser o que me mova cada día do sofá. No momento que perda a ilusión por correr, estou perdido, pero mentres tanto debo seguir empuxando, facendo forza a base de moita, moitísima ilusión.

Pero é xusto recoñecer como o ver que vas mellorando, ver que aquel esforzo que lle metes día a día, vaise plasmando en melloras marcas, ver que es capaz de chegar mais lonxe correndo, que es cada pouco tempo algo mais rápido ca antes....iso faiche un pouquiño mais feliz.

Non se pode negar que todos necesitamos algún tipo de estímulo é, aínda que non de maneira exclusiva, algo ven pola parte da mellora que vas conseguindo pouco a pouco.

Mais lonxe, mais rápido, mais feliz.

En Strava:
-Quentamento: www.strava.com/activit...1884203931
-Carreira ao 80% F.C. max.: www.strava.com/activit...1884207095

Seguímonos lendo compañeir@s de fatigas! Guiño
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Sáb, 06 Out 2018, 15:56
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Venres 5 de outubro // Día 16

Onte venres tocou traballar un pouco o tema das costas.

Unha que teño preto de casa anda polos 200 m. de lonxitude para un 6% de desnivel medio. Fixen 10 subidas por ela a un bo ritmo de 3:30, 3:40.

No tema das costas está aceptado que se pode ir por dous camiños ben distintos: ou ben por costas curtas, de 60-90 metros e con moita pendente (de mais dun 10%), para gañar forza explosiva, ou ben costas mais longas, de entre 200 a 400 metros, loxicamente con menos pendente, dende un mínimo dun 3-5% ata o 10% que marca o inicio das costas mais curtas. Con este tipo de costas mais longas xa buscamos traballar mais a forza-resistencia, habituar o noso corpo, ou mellor dito, as fibras musculares, a ese estado de fatiga que nos ven ás veces cando subimos costas duras no medio dunha carreira.

Outra opción sería introducir costas nos percorridos habituais de cada semana.

Aínda que ben....non todo o mundo vive en zonas nas que se den as costas no medio dun percorrido dado, é, sen embargo, si pode ser que teña unha costa cerca, aínda que non estea no medio de mais kms.

O importante é que, dunha maneira ou doutra, traballemos as costas. será outro beneficio mais que lle esteamos aportando ao noso corpo.

En Strava:
-Adestramento con costas: www.strava.com/activit...1886055106

Seguímonos lendo, compañeir@s de fatigas! Guiño
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
40 Carreiras
2495 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 07 Out 2018, 22:24
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

JuanBellas escribió:


Aínda que ben....non todo o mundo vive en zonas nas que se den as costas no medio dun percorrido dado, é, sen embargo, si pode ser que teña unha costa cerca, aínda que non estea no medio de mais kms...

Pluriempleados das costas vivimos en Teis . O problema aquí é atopar un percorrido onde non te atopes con dúas ou tres de cada clase Sorriso
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 9:54
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Meigalicix escribió:
JuanBellas escribió:


Aínda que ben....non todo o mundo vive en zonas nas que se den as costas no medio dun percorrido dado, é, sen embargo, si pode ser que teña unha costa cerca, aínda que non estea no medio de mais kms...

Pluriempleados das costas vivimos en Teis . O problema aquí é atopar un percorrido onde non te atopes con dúas ou tres de cada clase Sorriso

Iso ten a súa parte positiva e outra que non tanto claro, xa que si queres facer unha tirada longa pero suave, telo mais complicado pola dificultade desas costas.

Non obstante, seguramente o agradezas có paso do tempo, xa que, dalgunha maneira ou doutra, vai a repercutir no teu beneficio, axudando a mellorar o teu estado de forma.
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 10:35
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Domingo 7 de outubro // Día 17

Onte foi un día deses que, unha vez instalado na rutina das carreiras do fin de semana dáche unha certa rabia non poder acudir a unha que tiña tan boa pinta como a de Coruña10.....que se lle vai a facer, a ver si para o ano que ven coincide mellor, aínda que o traballo a turnos, incluídos os fins de semana botan ao traste con moitas iniciativas....pero ben, éche o que hai....

Tras saír do traballo ao mediodía, mais ben case a media tarde, dispuxen a facer a miña primeira volta á ría por Narón, Neda, Fene é Ferrol, para un total de algo mais de 16 km.

O verdadeiro motivo é irse adaptando a distancias mais longas, é a primeira vez que corro tantos kms., pensando na media maratón de decembro Adolfo Ros, pero tamén un pouco porque quería irme acostumando a facer semanalmente ese tipo de distancias.

Esa media maratón está aí....no horizonte, e teño que adestrarme para ela, pero quixera que, dalgunha forma, seguir con ese tipo de adestramento facendo mais habitual o correr tiradas longas.

Noto que é onde me atopo ben de verdade. Gozo mais nunha carreira de 10 km que noutra de 5, e posiblemente me pase o mesmo coa media maratón respecto á de 10 km.

Entón a miña maquinaria mental xa empeza a dar voltas sobre como afrontar mellor esas distancias mais longas.

Algo que veño aprendendo das carreiras de 5-10 km. é que sempre vou un pouco de menos a mais, como indo con certas precaucións ao principio pensando que así porei chegar mellor ao final.

Pero sempre acabo quedando con esa sensación de que puiden ter apertado un pouco mais polo principio-medio desa carreira, xa que chego non moi canso ao final é dáme para facer un último km bastante rápido.

Por iso ando xogando bastante coas pulsacións, usando a banda pectoral cada vez que salgo a adestrar.

A falta de realizar unha proba de esforzo que teño pendente para saber, de maneira seria e profesional como estou realmente, a proba de esforzo mais aproximada que teño é a carreira de San Xoan de Piñeiro, na que na última rampla case paro da fatiga que levaba e logo puiden comprobar que o corazón me latía a 178 ppm, que é o valor que tomo como máxima.

Tendo en conta que en repouso, acabado de despertar, teño unhas 50, pois iso xa me da para sacar os meus valores para distintos porcentaxes de 80%, 85%, 90% e 95%.

Porcentaxes que deben ser bastante aproximados xa que a uns valores de 80% vou bastante ben nesa zona aeróbica na que o corazón é capaz de bombear o osixeno suficiente para non entrar en escena a produción de lactato, coa conseguinte fatiga.

É por iso que necesito ir recopilando datos e mais datos acerca de como se vai comportando o meu corazón, a través da banda pectoral que conecto ao meu Garmin.

Ben, con todo iso iniciei onte o ataque a ese muro que supoñen os 21 quilómetros máis 97 metros.

Seguramente nas próximas datas irei atopando información acerca de como preparar mellor esa proba pero, a día de hoxe, pareceume boa idea para afrontar este primeiro percorrido de 16 km. o intentar moverme, nos primeiros km. a rito que poida aguantar toda a distancia (80-85% da miña f.c. max.), para logo variar polo camiño en función dos kms. que falten.

Entón, unha primeira idea é pensar que os 10 km. podo aguantalos con pulsacións entorno ao 85-90%, e os 5 km. con valores entre 90-95%.

Desa forma, cando falten uns 10 kms., entorno ao km 6 nesta proba pasaría a aumentar un pouco as pulsacións, dun 80-85% a un 85-90%, e 5 km. mais tarde, cando queden 5, pasaría a aumentar a valores de 90-95%, que é o que podo aguantar correndo un 5k.

Claro, todo iso é moi teórico, xa que hai que ter en conta as costas coas que te vas a atopar (O puntal en Neda-Fene, O Alto en Narón, ata o cruce da Mourela en Neda....) que fan que as túas pulsacións suban considerablemente aínda que vaias mais lento incluso.

Tamén hai que sumar o propio cansancio en si mesmo da acumulación de kms.

É por todo iso que as cousas, en principio tes unha idea de como facelas, pero logo a propia realidade da carreira vaiche marcar o camiño por onde ir.

De todas maneiras, nesa busca por intentar dar o que poidas en cada km. da proba, o fiarse polas pulsacións pode ser un dato vital, xa que moitas veces vamos a unha velocidade que nos parece moi rápida e paramos algo cando é posible que puidéramos seguir con ela xa que o ritmo que levaba o corazón bombeando sería asumible por el, e polo tanto por nos.

Non se trata de saír moi lanzado ao principio, de tal maneira que aos 4 kms. xa estes desfondado, nin tampouco saír tan lento que perdas un tempo precioso que logo non vas a ser capaz de recuperar.

Por iso debemos ser capaces de dar todo o que realmente poidamos en cada km. e para iso irán encamiñados os meus adestramentos..

Ao final saleume un ritmo de 4:39 min/km para 1 hora 15 minutos correndo que, para ser a miña primeira distancia longa, podo estar satisfeito....pero hai que mellorar Guiño

En Strava:
-Quentamento previo: www.strava.com/activit...1890587458
-Volta á ría: www.strava.com/activit...1890587946

Seguímonos lendo compañeir@s de fatigas!, que xa se sabe que non hai camiño, que o camiño faise ao andar....;-)


cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
896 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 7:21
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

As porcentaxes de frecuencias cardíacas que falas son bastante axeitadas pero non solo de cardio vive o corredor. Tes que ter en conta mais cousas coma que co paso dos kms. a fatiga aumenta, poden aparecer calambres, as pulsacions tenden a subir, pode haber roces coa roupa ( a min pásame sobre todo se chove),... Eu non intentaría ir mais ala do 92% da fcmax en tiradas moi longas pois o desgaste soe ser excesivo.
Toda esa sabiduría, darancha os entrenos e os kms. Moito animo compañeiro
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 13:11
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

cK13 escribió:
As porcentaxes de frecuencias cardíacas que falas son bastante axeitadas pero non solo de cardio vive o corredor. Tes que ter en conta mais cousas coma que co paso dos kms. a fatiga aumenta, poden aparecer calambres, as pulsacions tenden a subir, pode haber roces coa roupa ( a min pásame sobre todo se chove),... Eu non intentaría ir mais ala do 92% da fcmax en tiradas moi longas pois o desgaste soe ser excesivo.
Toda esa sabiduría, darancha os entrenos e os kms. Moito animo compañeiro

Claro claro...unha cousa é a teórica é outra a práctica, claro.

Pero ben, tan só trato de darlle algo de sentido ás miñas saídas correndo, e buscar es punto no que sabes que estás dando o que podes dar nese momento tendo en conta as circunstancias da carreira nas que te atopas.

Grazas polas túas palabras Guiño
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 14:33
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Mércores 10 de outubro // Día 18

Ola xente!.

Esta semana está sendo un pouco especial. Especial por como empezou, xa que a tanda (ou tunda) que me metín o domingo coa miña primeira volta á ría de Ferrol-Narón-Neda-Fene, necesitaba algo de descanso, xa que tampouco estou eu afeito a correr distancias de 16 km. aínda que sei que teño que traballalo mais, de cara a esa media maratón de decembro é, tamén, de cara a ir sendo capaz de dominar cada vez un pouco mais as distancias longas, tanto físico como mentalmente, que ten a súa tela.....

O caso é que o luns decidín tomalo con calma e relaxación, sabedor que o descanso é tan importante como o adestramento en si mesmo.

Pensaba retomar o martes, pero uns dolores tremebundos de cabeza impedíronme facer nada mais aló que ir a Cedeira a visitar á familia e pouco mais.

Pastilla de ibuprofeno e repouso. Non quedaba outra.

Para onte programei unhas series. E nese aspecto si que quería ir variando algo o que acostumaba facer ata hai un par de semanas, e non é outra cousa que ir variando as series a unha distancia maior, pera ser capaces de adoptar tamén en carreira maiores ritmos en distancias longas.

Desa maneira empecei a facer series de 1.000 metros, catro, a ritmo de 3:50-4:10, aínda que logo acabou saíndo unha media de 3:55 por km.

Cando vexo estas cousas e penso que antes do verán as series de 800 metros facíaas a ritmos de 4:10....é cando, de verdade, vas sendo consciente das túas evolucións, das túas melloras. Son dese tipo de cousas que te motivan a seguir adiante.

A idea sería facer series de distancias que poden variar entre 1 e 3 kms. pero, de momento, vamos empezando coas de 1.000 metros.

Outra cousa que tamén noto có paso do tempo é que, ao principio custábame moito ser capaz de manter a velocidade en distancias de 400 metros, non porque fora velocidade moi alta, que non era (en torno a 4 min/km), senón por esa falta de costume que te leva a desconcentrarte na carreira e parece que nunca chega o final.

É como si romperas unha especie de barreira invisible que che impedía correr con naturalidade unha distancia dada, mais aló dos típicos sprints de poucos metros.

Vas aumentando esa capacidade de concentrarte nesa carreira, o que sumado á túa mellora física trae consigo que sexas capaz de correr, cada vez distancias mais longas e a mais velocidade.

Vas acostumando ao corpo a moverse nos famosos límites aeróbicos/anaeróbicos.

A verdade é que saíron mellor do que esperaba, xa que eran as miñas primeiras series de 1.000 metros ademais de que facía bastante vento de cara por momentos.

E o outro motivo que fai especial esta semana de adestramento é o Trail de San Andrés de Teixido deste domingo 14, que condiciona a túa semana de adestramento.

De feito hoxe farei algo de pesas na casa para logo saír a correr por unha hora a ritmo do 80% da F.C. máx., e, seguramente xa o deixe aquí por esta semana, para chegar descansado a ese domingo.

Proba, a do domingo, que é unha auténtica caixa de sorpresas para min, xa que supón o meu primeiro Trail (realmente este ano todo esta supoñendo a miña primeira vez....), e non teño nin idea de como responderei. Xa veremos.

Aparte de que estes día a de chover e aquilo vai ser un inferno na terra...

En Strava:
-Quentamento: www.strava.com/activit...1896516388
-Series 4x1000: www.strava.com/activit...1896517158

Seguímonos lendo compeñeir@s de fatigas! Guiño
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
58 Carreiras
742 Mensaxes
Valdoviño & Laxe
Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 19:54
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Me gusta lo metódico que eres y como explicas la base de tus entrenamientos. Otros somos más bajos y en 6 años corriendo hemos hecho series un día. Mr. Green

Disfruta del Trail de San Andrés, que como bien sabrás la zona es una gozada.
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Ven, 12 Out 2018, 5:52
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

beuckelssen escribió:
Me gusta lo metódico que eres y como explicas la base de tus entrenamientos. Otros somos más bajos y en 6 años corriendo hemos hecho series un día. Mr. Green

Disfruta del Trail de San Andrés, que como bien sabrás la zona es una gozada.

Grazas! Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos