Foros ›
Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Out 2018, 22:06
Asunto: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): PECHADO

VI Carreira Popular Concello de Rianxo
Xoves 1 de novembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Rianxo, 1 de novembro de 2018.
Web da carreira: http://emesports.es/event/vi-carreira-popular-concello-de-rianxo/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5916&date=20181101
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21036

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 7 de outubro de 2018 ao xoves 11 de outubro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 11 de outubro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 7 de outubro ata as 23:59 do 11 de outubro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **

Última edición por O_Circuito o Ven, 12 Out 2018, 18:45; editado 1 vez
Lolinho38

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/10/13
147 Carreiras
250 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 10:38
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/

Quero participar no sorteo.
Participei nesta carreira hai dous anos, e quedei gratamente sorprendido da rapidez do circuito (3 voltas) e do gran ambiente que había polas rúas do centro de Rianxo, con gran cantidade de xente animando a todos os corredores que por alí pasabamos. Ademais, a organización está moi volcada na carreira, o que sempre é garantía de éxito.
baldrey

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/18
3 Carreiras
17 Mensaxes
santiago de compostela
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 11:08
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/10

Estoy interesada en participar en el sorteo y en la carrera, pese a no tener experiencia alguna en dicha carrera... .Asi que, para mi..primera experiencia en dicha carrera!
kinki

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/01/13
20 Carreiras
131 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 15:39
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/10

Quero participar no sorteo, carreira con bastante xente a animar e circuito moi rápido
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
335 Carreiras
2852 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 17:12
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/

Participo no sorteo.
Haberá que estar un ano máis nesta carreira, un circuito moi rápido de 3 voltas. Esta é unha carreira a que procuro non faltar, faltei só 2 anos, por gripe (estaba anotado) e o ano pasado por lesión.
Moita animación normalmente, xa que hai carreiras de cativos antes, o que sempre é un placer, cun lugar perfecto para a saida e o quecemento.
O único problema que pode haber é si nos ven un día de choiva e vento, como nos aconteceu nunha das edicións, ainda estou buscando a visera que levaba para resguardarme da choiva, que veu unha ráfaga e alá que se me foi pola zona do porto.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
523 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 18:13
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/10

Quero participar no sorteo, creo que fun xa fai anos pero non o recordo moito, terei que ir refrescar a memoria
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1580 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 21:59
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/

Quero participar no sorteo.

Nunca fun, pero me falaron moi ben dela e tiña gañas de participar. Este verán estiven bastante pola zona, así que me tira un pouco o tema de poder correr por alí.

Club: ESPRINTES OURENSE.
esprintes.blogspot.com
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
28 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 6:28
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/

Estoy interesado en participar.
No tengo experiencia en esta carera pero por lo comentarios tiene buena pinta. Por lo que se lee dicen que es de las rápidas, cosa que no me viene bien, pero hay que intentarlo, eso sí espero que no llueva.
Además es la provincia que me falta por correr.
Gracias


Última edición por Quique78 o Mér, 10 Out 2018, 14:12; editado 1 vez
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 8:53
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/10

Por favor, recordad que para que vuestra participación sea tenida en cuenta, es necesario que cumpláis con el punto 5 del reglamento. Hay que hablar de la carrera. No os pedimos que escribáis El Quijote, pero tampoco lo dejéis en dos líneas del tipo “participo porque han dicho que la carrera está muy bien” o “participo porque me queda cerca, entreno por ese sitio, etc”. Si nunca la corristeis y no tenéis experiencia, algo habréis leído sobre ella que os motive a participar ¿no? Pues contádnoslo Guiño
En anteriores sorteos ya ha quedado gente fuera por ese motivo. Es fácil ver como escribir un mensaje, solo tenéis que leer a algunos de vuestros compañeros. La idea es no escribir rápido y breve para simplemente cumplir el trámite de participar.
Todo el que se considere aludido puede modificar su mensaje para adaptarlo a lo que pedimos. No es necesario que escribáis un nuevo texto, modificad el anterior.
¡Suerte a todos!

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
292 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 7:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/10

Ola!
Gustariame participar no sorteo.
Nunca corrín esta carreira, e non son moi amigo de dar tres voltas ao circuito, pero a xente fala moi ben desta proba e nunca corrín por Rianxo. E de paso, voltar pasar por diante da casa de Dieste e Castelao, e comer uns pinchos ;D
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 22:06
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): ata 11/10

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar y mucha suerte. Publicaremos los resultados a lo largo del viernes 12 de octubre. Estad atentos porque una vez publicados los ganadores, dispondrán de 48 horas para enviar sus datos. En caso de no recibirlos dentro de ese plazo, el dorsal pasará a uno de los suplentes.

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Out 2018, 19:20
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18): PECHADO

Ganador: Quique78

Enhorabuena al ganador de 1 dorsal para Carreira Rianxo (01/11/18)

Necesitamos que envíes un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com

con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado

Recuerda que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos tus datos, perderás el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/NstElJAf



** Visita a web do Circuíto 2018-19 **





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos