Foros ›
Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
420 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Out 2018, 22:08
Asunto: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): PECHADO

II Trail Orixes de Mondariz
Domingo 11 de novembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal
(o dorsal é válido para calquera das distancias, o gañador escollerá en cal quere participar no envío de datos despois do sorteo.)


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Mondariz, 11 de novembro de 2018.
Web da carreira: http://admondariz.org/gl/category/trail-running/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5697&date=20181111
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 7 de outubro de 2018 ao xoves 11 de outubro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 11 de outubro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 7 de outubro ata as 23:59 do 11 de outubro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **

Última edición por O_Circuito o Ven, 12 Out 2018, 18:47; editado 1 vez
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
25 Carreiras
7 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Dom, 07 Out 2018, 21:38
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/1

Desexo de participar no sorteo do dorsal para Trail Mondariz (11/11/18)
Nunca fun, e paréceme que pode ser toda una experiencia sobre todo despois de ir a Arcos de este fin de semana e pásalo tan ven.
As miñas experiencias en trail e pouca: os Urban trail de valença - Tui y el de Pontevedra. Eso sí, este año fixen os 101 de Ronda por equipos e acabamos de 18 dos 260. PA MORRER. Aplauso Pero e toda unha experiencia.
A ver si me apunto a maíz traíls.
Gracias


Última edición por Quique78 o Lun, 08 Out 2018, 19:56; editado 1 vez
davidtorron

Novo foreiro
Novo foreiro
22/11/15
55 Carreiras
22 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 9:55
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/10

Bos días

Apúntome o sorteo para o Trail Orixes de Mondariz. O ano pasado foime imposible participar por temas persoais. Pero nesta ocasión non quero faltar.

Levo seguindo o seu perfil de facebook dende o ano pasado, as fotos, a dedicación que poñen para preparar o percorrido, fan que teña moitas ganas de participar. A distancia de 46 kms faiseme demasiado, pero non me quero perder este ano o percorrido de 26.

Saudos

David


Última edición por davidtorron o Mér, 10 Out 2018, 11:06; editado 1 vez
xabierdeparada

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/11/15
666 Carreiras
126 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 10:13
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/10

Pois a ver se hai sorte e apuntándome me toca porque xa me tarda correr polos dominios de frenchmondariz jeje, e xa me tarda, é das poucas GRANDES que me faian por correr


Última edición por xabierdeparada o Mér, 10 Out 2018, 17:45; editado 1 vez
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
420 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 8:53
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/10

Por favor, recordad que para que vuestra participación sea tenida en cuenta, es necesario que cumpláis con el punto 5 del reglamento. Hay que hablar de la carrera. No os pedimos que escribáis El Quijote, pero tampoco lo dejéis en dos líneas del tipo “participo porque han dicho que la carrera está muy bien” o “participo porque me queda cerca, entreno por ese sitio, etc”. Si nunca la corristeis y no tenéis experiencia, algo habréis leído sobre ella que os motive a participar ¿no? Pues contádnoslo Guiño
En anteriores sorteos ya ha quedado gente fuera por ese motivo. Es fácil ver como escribir un mensaje, solo tenéis que leer a algunos de vuestros compañeros. La idea es no escribir rápido y breve para simplemente cumplir el trámite de participar.
Todo el que se considere aludido puede modificar su mensaje para adaptarlo a lo que pedimos. No es necesario que escribáis un nuevo texto, modificad el anterior.
¡Suerte a todos!

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
92 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 13:58
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/10

Hola,gustariame entrar no sorteo.
Tiven a sorte de participar na primeira edicion e teño q dicir q sorprendeume a beleza do percorrido,espero co incendio da semana pasada non lle afectara moito.
O trato o corredor e a implicacion dos organizadores son inmellorables asi que con moitas ganas de repetir na distacia de 26kms.
Un saudo.
Yoli-CR

Novo foreiro
Novo foreiro
19/05/15
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 16:30
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/10

Hola, me gustaría participar en el sorteo y probar suerte para poder asistir al trail de Mondariz, nunca he realizado esta prueba pero he investigado un poco y qué decir...., El recorrido me parece increíble, mucha vegetación y un colorido espectacular en esta época otoñal, saltando de roca en roca para pasar de un lado al otro del río, un trail divertido e intenso con una organización de lujo con comentarios muy positivos...., Y como no, un avituallamiento como dios manda para reponer energías.... Pues allá vamos, a disfrutar de esos parajes... Y también a competir un poco....
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 21:55
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/1

Me gustaría participar en el sorteo del dorsal para el trail de Mondariz.

Nunca he participado en él pero es una zona que me encanta, la conozco de participar en carreras de orientación cerca. Participar en un trail sería disfrutar de la zona de un modo diferente, pudiendo disfrutar más de la vegetación y las vistas sin tener que mirar el mapa
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
420 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 22:05
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): ata 11/10

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar y mucha suerte. Publicaremos los resultados a lo largo del viernes 12 de octubre. Estad atentos porque una vez publicados los ganadores, dispondrán de 48 horas para enviar sus datos. En caso de no recibirlos dentro de ese plazo, el dorsal pasará a uno de los suplentes.

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
420 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Out 2018, 19:26
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18): PECHADO

Ganador: Quique78

Enhorabuena al ganador de 1 dorsal para Trail Mondariz (11/11/18)

Necesitamos que envíes un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com

con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado

Recuerda que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos tus datos, perderás el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/9WC6zCr2



** Visita a web do Circuíto 2018-19 **





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos