Foros ›
Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 9:15
Asunto: Re: Listado de carreiras confirmadas con sorteo de dorsais

Hai moitas carreiras no calendario de Correr en Galicia. Hai moitas si, pero poucas teñen distancias singulares e distintas deses 5, 10 ou 21,097 quilómetros, e moitas menos contan con máis de corenta edicións. Hoxe anunciamos o sorteo de dorsais para unha delas.

Aínda no está anunciada oficialmente, pero xa podemos confirmar o sorteo de 10 dorsais para:
28/10/2018 - 41 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

O sorteo comezará este mesmo domingo 30 de setembro e rematará o xoves 4 de outubro, aínda non están abertas as inscricións, pero poderédevos anotar ao sorteo igualmente!

Recordade que para comentarios, preguntas ou dúbidas sobre a carreira, podedes empregar o fío creado dentro do apartado "Populares de Galicia".

Como sempre, grazas á organización e moita sorte a todos!

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
335 Carreiras
2852 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 21:21
Asunto: Re: Listado de carreiras confirmadas con sorteo de dorsais

Grandísima nova esta de Santiago, que se impliquen tantas carreiras no sorteo de dorsais, é sorprendente.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Set 2018, 15:46
Asunto: Re: Información sobre sorteos (lista de carreiras na 1ª mensaxe)

Pasan as semanas e avanza o circuíto, por iso consideramos interesante premiar aos foreiros que participan de forma activa no circuíto. Desta forma, pensamos que engadir o requisito de ter algún punto no Circuíto 2018/19 no momento de finalización de cada sorteo (é dicir, non ter cero puntos) pode ser positivo. Pero como non queremos penalizar aquelas persoas que por algún motivo aínda non puideron participar nalgunha carreira, polo que tamén será suficiente con ter 1000 ou máis puntos nalgunha das últimas 3 temporadas.

Así, e aínda que o regulamento oficial se atopa en cada un dos sorteos, os requisitos a partir de agora para poder participar nos sorteos son os seguintes (recollidos no punto 4 do regulamento dos sorteos):

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio da data do sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio da data do sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2018/19.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Moita sorte e atentos que mañá domingo comeza un novo sorteo!!! Bailar

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 13:04
Asunto: Re: Información sobre sorteos (lista de carreiras na 1ª mensaxe)

Anunciamos un novo sorteo para este mes de outubro!

Sortearemos 2 dorsais para:
27/10/2018 - XIII Trail de Outono – O Barco de Valdeorras

Dado que só quedan vinte días, o sorteo comezará hoxe mesmo. Estade atentos!!!

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 9:35
Asunto: Re: Información sobre sorteos (lista de carreiras na 1ª mensaxe)

Hoxe podemos anunciar un novo sorteo. Desta vez para a longa fin de semana que hai a comezos de novembro!

Sortearemos 2 dorsais para:
04/11/2018 - IV Carreira Popular Pilar Barreiro Senra - Lousame

Tedes máis información sobre a carreira no fío correspondente (enlace).
Moitas grazas aos organizadores e a todos vos por participar! Moita sorte!!!

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **

Última edición por O_Circuito o Mér, 10 Out 2018, 11:19; editado 1 vez
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 11:17
Asunto: Re: Información sobre sorteos (lista de carreiras na 1ª mensaxe)

Segundo anuncio dun novo sorteo de dorsais que facemos hoxe! Esta carreira tamén terá lugar o domingo 4 de novembro e tamén na provincia da Coruña. Pero ten unha peculiaridade, ti escolles a distancia durante a proba se queres!

04/11/2018 - 7-14-21 Km Cidade de Narón

Tedes máis información no fío aberto en "Populares en Galicia" (enlace)!
Como sempre, gracias á organización e sorte a todas as persoas participantes!

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 10:44
Asunto: Re: Información sobre sorteos (lista de carreiras na 1ª mensaxe)

Nova organización que colabora doando dorsais e polo tanto novo sorteo do que poderedes disfrutar todos os participantes do Circuíto 2018/19!

03/11/2018 - III Urban Trail Night Eurocidade

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Out 2018, 8:32
Asunto: Re: Listado de carreiras confirmadas con sorteo de dorsais

O_Circuito escribió:
Como anticipamos este mediodía, hoxe anunciaremos o sorteo de dorsais para unha carreira que é unha clásica do calendario de carreiras populares de Galicia. Comezou no ano 2000 con 613 participantes, e hoxe en día conta con máis de 5000. Unha carreira que este ano cumpre a súa vixésima edición e que para celebralo, este ano contará cun versión especial.

Falamos da Vig-Bay!


Sortearemos 5 dorsais para:
07/04/2019 - XX MEDIO MARATÓN VIG-BAY

E outros 3 dorsais para a maratón
07/04/2019 - MARATÓN VIG-BAY

Como sempre, moitas grazas a esta e a todas as organizacións por colaborar con nós doando estes dorsais e moita sorte a todos os que participedes Aplauso

Citamos esta mensaxe para avanzar que en breves comezará o prazo para anotarse ao sorteo dos dorsais da VIG-BAY!

3 dorsais para:
07/04/2019 - MARATÓN VIG-BAY (do luns 22/10/18 ao xoves 25/10/18)
5 dorsais para:
07/04/2019 - XX MEDIO MARATÓN VIG-BAY (do luns 29/10/18 ao xoves 01/11/18)

Revisade que cumplides todos os requisitos para así poder participar no mesmo Guiño

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Out 2018, 15:01
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

Hoxe temos o pracer de anunciar o sorteo de dorsais para dúas novas carreiras! Bailar

A primeira delas terá lugar nunhas semanas en Bueu:
11/11/2018 - XXIII Carreira San Martiño Bueu

Para a segunda aínda queda algo máis. Celebrarase no último día do ano, en Betanzos. Falamos da:
31/12/2018 - San Silvestre Betanceira

Moitas grazas ás organizacións por colaborar con nós e que non se vos pasen as datas dos sorteos! Guiño

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Out 2018, 7:58
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

Hoxe podemos anunciar que a organización de outro trail se suma a esta iniciativa doando un dorsal:

25/11/2018 - V Trail do Trega

O sorteo terá lugar entre o luns 29/10/18 e o xoves 01/11/18, que non se vos pase a data! Guiño

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Out 2018, 9:15
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

A finais de novembro terá lugar o sorteo de 2 dorsais para unha clásica das carreiras populares de Galicia. Unha desas carreiras que é imprescindible no calendario de moitos de vos. Falamos da:

23/12/2018 - SinSon 10K

Moitas grazas á organización pola súa colaboración! Aplauso

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Out 2018, 23:04
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

Primeiros desta nova semana, primeiros minutos do derradeiro luns deste mes de outubro, e anunciamos o sorteo de 4 dorsais para:
25/11/2018 - IV Carreira Montes de Teo

O sorteo comezará en breves, hoxe mesmo! Así que estade atentos!!!

Moitas grazas á organización pola súa colaboración! Aplauso

** Visita a web do Circuíto 2018-19 **
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Nov 2018, 12:48
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

Hoxe anunciamos un novo sorteo! Neste caso, serán 2 dorsais (e cada un coa posibilidade de inscribir a unha nena ou neno nas carreiras infantís) para
08/12/2018 - V Invasión Celeste


Moitas grazas á organización pola súa colaboración! Aplauso
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Nov 2018, 22:40
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

O luns comezará o sorteo de 2 dorsais para:
02/12/2018 - XLV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Grazas á organización por colaborar con nós doando estes dorsais e moita sorte a todas aquelas persoas que participen no sorteo!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
544 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 11:41
Asunto: Re: Información sobre sorteos (próximos sorteos na 1ª mensaxe)

É venres, e polo tanto comeza unha nova fin de semana cargada de carreiras populares! Pero non é a única boa noticia, senón que hoxe temos o pracer de anunciar o sorteo de dorsais para catro novas carreiras!!! Bailar

22/12/2018 - V Carreira Popular de Ribadavia
30/12/2018 - II Trail San Silvestre - Minas de San Finx (Lousame)
31/12/2018 - San Silvestre Santiago 2018
27/01/2019 - IV Trail Costa Doce (Sada)

Moitísimas grazas a estas catro organizacións por colaborar con nós doando estes dorsais! Aplauso

E vos recordade, que non se vos pase o prazo para anotarvos! Podedes ler na primeira mensaxe as datas previstas para cada sorteo. Moita sorte!!! Rezar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos