Foros ›
I ROTEIRO RIBEIRAS DO RIO SOR (Concello de Mañón)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
YagoBreijo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/11/17
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Out 2018, 8:25
Asunto: I ROTEIRO RIBEIRAS DO RIO SOR (Concello de Mañón)

A.D.NORTHWEST ADVENTURE organiza na área recreativa de Ponte
Segade, no concello de Manón, un roteiro a pé o vindeiro Domingo 21 de
Outubro.
UBICACIÓN: https://goo.gl/maps/J5CbZWHyuRv

A actividade conta con dous percorridos polo enclave das ribeiras do río
Sor e aledaños do concello de Mañón formando unha ruta circular que será GUIADA polos membros da A.D.Northwest Adventure e serán os encargados de marcar o ritmo de progresión (tranquilo e facendo paradas para sacar fotos e desfrutar do entorno);
- Curta: 10 kilómetros e 550 metros de desnivel positivo acumulado,
sendo un percorrido de dificultade media, polo que será accesible a
maioría de persoas que acostumen facer actividade física.
- Longa: 18,5 kilómetros e 850 metros de desnivel positivo
acumulado, no que o nivel de exixencia física é medio/alto e os
participantes que decidan aventurarse neste percorrido han de ser
consecuentes consigo mesmo e valorar realmente se son capaces
de asumir a ruta na súa totalidade.

Será preciso estar inscrito previamente na actividade e deberá
formalizarse de forma online na plataforma habilitada na web
www.galitiming.com ou presencialmente na instalación da tenda Atmósfera Sport de Cariño , antes do Xoves día 18 as 23:59h .
¡PLAZAS LIMITADAS a 100 persoas! (50 persoas para cada percorrido).

A inscrición por participantes ten un importe de 10€ e inclúe;
- Seguros de R.C. e accidente.
- Café ou chocolate de benvida con algo pa pingar.
- Avituallamento sólido e líquido.
A maiores proponse un xantar ó rematar, na mesma zona de
concentración (área recreativa de Ponte Segade), na que poderemos degustar
unha fantástica paella de carne + consumición (auga, refresco ou cervexa), pan
e postre. Ésta opción terá un incremento no momento da inscrición de
8€/persoa.

DESCARGA O REGULAMENTO PREMENDO AQUÍ

MÁIS INFO NO EVENTO DO FACEBOOK

YagoBreijo

Novo foreiro
Novo foreiro
21/11/17
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 12:28
Asunto: Re: I ROTEIRO RIBEIRAS DO RIO SOR (Concello de Mañón)

Inscricións en:
roteiroriosor.galitiming.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos