Foros ›
Autor
Mensaxe
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
6 Carreiras
55 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 16:40
Asunto: Zapatillas Kalenji, opiniós

Acabo de facerme cunhas Kalenji Fast por apenas 70€.

Buscando info delas por internet, atopei que eran adecuadas para andar en ritmos cercanos a 4 min/km. sen necesidade de gastar moitos cartos.

¿Alguén ten experiencia mais ou menos recente con esta marca de zapas do Decathlon?

Graciñas.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1808 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 05 Set 2018, 10:02
Asunto: Re: Zapatillas Kalenji, opiniós

Juaaaan!!! Moi feliz

o que anda a 4'/km es ti, non as zapatillas!

Igual che rompen antes (a min descoséronseme), pero polo demáis son fenómenas (como calquera outra de 200 leuros). Con esto non pretendo ofender aos fanboys.

Ti mira que che permitan correr con comodidade ao xeito en que estás afeito a facelo, que algunhas con tanta trangallada que lles meten cambianche algo o apoio ou a flexibilidade e botas unhas semanas medio renqueante.


Moita sorte e que desfrutes na carreira esa que tes por ahí... Mr. Green

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
6 Carreiras
55 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 05 Set 2018, 14:25
Asunto: Re: Zapatillas Kalenji, opiniós

Ola compañeiro!!.

Sí, é certo que quen corre eres tí, e non as zapas, pero tamén é verdade que hai uns modelos mais axeitados que outros para cada un de nos.

Se me decidín a coller este modelo foi porque pensaba, e penso, que me pode dar o que busco e todo iso gastando menos cartos, un 30-50% menos que outros modelos similares de marcas de mais prestixio.

Que tampouco é cuestión de irse a cousas mais económicas porque sí.

Pensa que, seguramente, sexa o calzado o punto no que menos deberíamos tratar de aforrar precisamente. É a peza mais importante de todo o equipamento que podes adquirir cando saes a correr, penso eu, por iso creo que débese mirar ben onde metemos os cartos.

As referenzas que teño destas zapas son boas, polo que decidín probalas a ver que tal.

De entrada teño que decir que ten unha horma moi ancha, tanto que nas Asics DS Trainer tiña que pedir un 44 é cando son novas non me entra calquer tipo de calcetín de correr, soamente cando van cedendo algo có paso do tempo.

Sen embargo con este modelo de Kalenji puden calzar un 42,5, axustando perfectamente.

Levo tan só 2 días con elas (hoxe sairei a facer fartlek), pero tanto en series como en tandas largas vense bastante ben.

Lóxicamente vense mais adaptadas a esa alta velocidade das series que non a largas distancias a ritmos mais moderados, pero cumplen para 10K.

Xa verei como segue evolucionando isto.

Saúdos!
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
6 Carreiras
55 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 05 Set 2018, 15:19
Asunto: Re: Zapatillas Kalenji, opiniós

Outra cousa que tamén quixera ir virando é a posibilidade de usar unha soa marca, tanto para mixtas como para de entrenamento/rodaxes tranquilos, e ahí a que ten Kalenji, a Long, non me convence demasiado, non.

Excesivo peso e amortiguación. Buscaría algo mais reactivo.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
524 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Set 2018, 10:31
Asunto: Re: Zapatillas Kalenji, opiniós

Boas, quizaís as Saucony Kinvara te poídan valer, o único é que o drop é de 4mm e son neutras.
Respecto o da marca Decathlon poís eu non podo opinar, o que sí e que prefiro mercar primeiras marcas, polo simple feito de que ata agora sempre atopeí boas ofertas en webs estilo Sportshoes, etc.... e entre, por exemplo, unhas Saucony rebaixadas de 120 € a 75 € e unhas Decathlon por 70 €, poís sempre collo a primeira marca. Ben é certo, que as veces (non sempre) son modelos do ano anterior pero a efectos de rendemento, no caso do corredor popular, non vexo que notemos a diferencia.
Un saudo.
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
391 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Xov, 06 Set 2018, 11:10
Asunto: Re: Zapatillas Kalenji, opiniós

JuanBellas escribió:
Acabo de facerme cunhas Kalenji Fast...

Pero home, se xa o fixeches... a toro pasado non pidas opinións que xa non hai volta atrás.

Eu so merquei unhas kalenji "rapidillas" por 45 € e de oferta (eran esas e ese número)...

Os únicos problemas que lles vin foron: -se gastan rápido e non agarran moito con humidade (choiva lixeira, etc...)

De todas formas, por 70 euracos eu penso que tamén hai que tirar de ofertas e modelos antiguos como che apuntan por ahí arriba.

Eu as kalenji utiliceinas para ter no coche un par de zapatillas cos que dar zapatilla aproveitando que tiña algo de tempo, adestramentos cos que non contabas, etc..





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos