Foros ›
XI Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois.
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Dec 2017, 21:57
Asunto: XI Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois.

ANDAINA BISBARRA DO SAR 2018
La organización nos escribió:

11ª EDICIÓN
Sábado, 14 de abril de 2018

P R E S E N T A C I Ó N

Amig@ andareg@:

Uno máis imos a intentar que esta 11ª Edición da Andaina Bisbarra do Sar, organizada coa máxima ilusión e esforzo, sexa do teu agrado.

@s “veteráns” sabedes do traballo que da organizar un evento deste tipo, polo que estamos seguros saberás desculparnos os erros, que tentaremos minimizar no posible. O percorrido de 50 Km., dividido en 2 aneis, terá 21 Km inéditos.

O noso obxectivo, a parte de fomentar o sendeirismo, é favorecer valores como: o compañeirismo, o esforzo, a solidariedade e a constancia; así como o respecto pola natureza.

Vimos de modernizar a nosa páxina web e as inscricións faranse a través dunha plataforma de pago. Primaremos @s participantes que se inscriban con antelación. (En xaneiro haberá prezos superreducidos e un sorteo de participacións gratuítas nas probas de: “100 Km de los ITBS” y “Camiñata por Parellas de Rois”) .

Toda a información pode verse na nosa web: www.andainabisbarradosar.com

Agradecémoslle @s voluntari@s, casas comerciais, medios de comunicación e aos Concellos de Rois e Padrón o seu apoio, e a ti a fiel resposta de sempre.

Desexamos que goces da proba e teñas unha boa estancia na Bisbarra do Sar.

Saúde.
ANDAINA BISBARRA DO SAR 2018

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32 + 18), con saída (09:00) e chegada no Concello de Padrón o sábado 14/04/2018, e que transcorrerá por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado dos Concellos de Padrón e Rois.

Incluida na "Copa Galega de Andainas 2018" da Federación Galega de Montañismo. Obterán a distinción desta federación aqueles que completen un mínimo de 6 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2018.

Período de inscrición aberto do 01/01/2018 ao 10/04/2017, ou ata alcanzar un máximo de 500 participantes entre dúas modalidades dispoñibles. Consulta na web da andaina xa que disfrutaras de máis vantaxes canto antes te inscribas.



Modalidades:
* Camiñando:
- 400 participantes.
- Con retencións nos controis.
- Tempo: entre 7:40 e 11:40 horas
- Os participantes que completen todo o percorrido nesta modalidade, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2018 ”.
- Diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, para os que non a fagan completa.
* Correndo:
- 100 participantes.
- Sen retencións nos controis.
- Tempo máximo total: 6:30 h.
- Tempo máximo de paso: 4:00 horas no km. 32. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandonar.
- Terán a obrigación de levar mochila, para poder recoller provisións nos puntos de avituallamento que atopen abertos (Km: 12,5 e 32,0).
- Os que completen no tempo establecido, daráselle un diploma co tempo empregado (NON valedeiro para a Copa Galega de Andainas) .


Máis información e regulamento completo en: www.andainabisbarradosar.com
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Xan 2018, 15:50
Asunto: Re: XI Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois.

Desde onte xa se atopa aberto o período de inscrición, que ata o vindeiro día 7 de xaneiro pode facerse cunha cota superreducida (5€ federados na FGM, e 8 os non federados).

Podes consultar o resto de períodos e inscribirte na páxina da andaina.

Ademáis os inscritos entre o 1 e o 7 de XANEIRO entrarán no sorteo de 2 participacions de balde nos 100 Km dos ITBS (a celebrar o 30/06/2018).
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
556 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Xan 2018, 20:43
Asunto: Re: XI Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois.

Durante o mes de febreiro haberá un novo importe para a inscrición. Se queres aprobeitar o reducido de xaneiro ainda estás a tempo.
Ademais os inscritos en xaneiro entrarán no sorteo de 4 participacións para a Camiñata de Rois.
Máis información en andainabisbarradosar.com/
trasno061

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/03/10
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 31 Mar 2018, 0:33
Asunto: Re: XI Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois.

Hola.
Gustariame participar nesta proba na modalidade "correndo" facendo algun dos aneis dos se compon a proba, posiblemente o primeiro.
E a primeira vez q vou participar nunha proba deste tipo inda q xa corrin varias probas de fondo en asfalto e teño contacto co monte habitualmente pois tamen practico mtb.
Pero antes d decidirme a intentalo gustariame saber o desnivel positivo aproximado dos dous aneis e tamen si o percorrido esta marcado ou fai falla algun medio d orientacion.
Grazas d anteman e un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos