Foros ›
X Canicross de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas
Foros de debate / Canicross
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
289 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Ven, 05 Ago 2016, 9:30
Asunto: X Canicross de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

Hola a tod@s,
un ano máis presentamos outra nova edición deste canicross popular de Boimorto.
Podedes obter toda a información sobre o regulamento pinchando no calendario ou ben accedendo á páxina de www.championchipnorte.com
Inscricións abertas dende o 27 de xullo.
Dende a organización iremos informándovos de todo.
Saúde e Kilómetros correlegas.
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
289 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 11:36
Asunto: Re: X Canicross de Boimorto (3 de Setembro), inscricións ab

Presentamos o slogan ou lema deste ano:
Boimorto, espíritu olímpico
Podedes seguir toda a información que vais saíndo da carreira na seguinte páxina de facebook:
www.facebook.com/X-Car...9/?fref=ts
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
289 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mér, 10 Ago 2016, 15:50
Asunto: Re: X Canicross de Boimorto (3 de Setembro), inscricións ab

O que responda correctamente a seguinte pregunta na páxina de facebook da carreira, entrará no sorteo de unha inscrición gratuíta para a mesma:
¿Cantos deportistas olímpicos tivo Boimorto?
A.- 0 B.- 1 C.- 2 D.- 3


Concursade aquí:
www.facebook.com/X-Car...9/?fref=ts
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
289 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 30 Ago 2016, 11:48
Asunto: Re: X Canicross de Boimorto (3 de Setembro), inscricións ab

Entramos na recta final para esta cita, lembrade que este xoves día 1 de setembro é o último día para formalizar a inscrición.
Estas son algunhas das cousas que vos ides topar:
- Unha camiseta conmemorativa de calidade e distinta.
- Bebida, froita, galletas, bica e bola de bacon ao remate da proba.
- Aparcamento e duchas próximos á saída e meta.
- Mangueira para os vosos cans.
- Sorteo de 10 entradas para o festival de "La Luz" durante a entrega de premios no pavillón polideportivo.
- Pinchos na entrega de premios.
- Ambiente festivo pois son as festas na honra a Virxe do Rosario en Boimorto.
- E sobre todo, o que é máis importante, un trato agradable e cariñoso por parte da xente deste pobo e a organización, que de seguro estaranvos agardando cos brazos abertos.

Información do tempo que pode levar chegar a Boimorto dende algúns lugares de Galicia:
- De Lugo: uns 45 minutos.
- De Santiago: uns 35 minutos.
- De Vigo: 1h15´(por autopista ata a saída da autovía que vai para o aeroporto).
- De Coruña: 45 minutos.
- Ourense: 55 minutos (autovía ata Lalín e despois por Vila de Cruces e Arzúa).
- Arzúa: 5 minutos Ríndose
- Melide: 13 minutos Ríndose
- Frades (Pontecarreira): 10 minutos (por Brates) Ríndose



Algunhas imaxes da carreira:











Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos