Calendario
Info da proba

Nocturna do Xalo

24/11/2018 19:00 - 21:00
Regulamento REGULAMENTO
1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a
Nocturna do Xalo, unha proba deportiva en dobre modalidade de carreira de montaña e
andaina, que celebra a súa primeira edición.
2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o sábado 24 de novembro de 2018 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a
súa chegada no lugar na polideportiva de Castelo (Culleredo).
3 / DEFINICIÓN
Trátase dunha carreira e dunha andaina polo Monte Xalo de 12 e 9 km. respectivamente, cunha
única categoría para cada caso.
4 / RESPONSABILIDADE COA NATUREZA
A Nocturna do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do
monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar
os contenedores de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible,
material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas
horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a limpeza do mesmo. A comunicación en
papel reducirase ao mínimo, dando prioridade ao soporte electrónico.
5 / CATEGORÍAS
Carreira Maiores de idade 12,01 km.
Andaina Todas as idades 9,2 km.
6 / HORARIOS
A Nocturna do Xalo consta de dúas distancias, a percorrer polos participantes en diferentes
momentos da tarde do sábado 24 de novembro de 2018:
Carreira 19.00 horas
Andaina 19.30 horas
7 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o martes 20 de novembro de 2018 ás 23.59 horas en
www.emesports.es; o prezo da mesma será de 15 euros. O pagamento realizarase en todo caso
no momento da inscrición. Os socios da asociación Castelo Deporte coa cota ao día terán un
desconto na inscrición do 20%.
8 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 150 prazas para a carreira
12 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a
proba se considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa
seguridade.
13 / AGASALLOS
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, e recibirá
tamén un ticket para a cear na churrascada popular que se celebrará na polideportiva de
Castelo ao remate do evento.
14 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os
participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.
15 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de
cronometraxe nas dúas horas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo
electrónico info@castelodeporte.gal nas vintecatro horas posteriores ao remate da proba.
16 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes renuncian a empregar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e
aos seus patrocinadores a empregar e publicar libremente calquera fotografía ou vídeo
gravado no contexto da proba.
17 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.
18 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Abandoar a carreira sen avisar á organización
19 / SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a
organización resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o
percorrido e os avituallamentos. Neste caso non se devolverá o importe da inscrición.
No caso de suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete
días en relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en
función dos gastos non recuperables pola organización.
20 / MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.nocturnadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na
páxina en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a
proba. No correo electrónico info@castelodeporte.gal e no teléfono 881 942 986
proporcionarase información adicional aos participantes.