Calendario
Info da proba

Chantada

11/11/2018 9:30
Regulamento DESAFÍO VIA ROMANA DATA: 11 de novembro de 2018
HORARIOS:
• Desafío Clásico: 9.30 h.
• Desafío Heroico: 11.00 h.
ORGANIZA: VIA ROMANA ADEGAS E VIÑEDOS
COLABORA: CLUBE DEPORTIVO ATLETISMO CHANTADA
REGULAMENTO DESAFIO: Desafío Vía Romana é unha carreira de montaña de gran dureza e esixencia física, enmarcada nun entorno de
gran beleza. Está composta por unha manga de aproximadamente 6.000m de distancia, (Desafío Heroico), e unha de 1000m arox. en
ascensión cun desnivel de 147m, pendente media de 18% e pendente máxima do 80%.
O firme do percorrido é nun 90% terra, pedra e auga.
Desafío Clásico.- A saída estará situada na desambocadura do regato de Camporramiro, Belesar, e será individual, tipo contrarreloxo, cunha
diferencia de 30 segundos entre cada corredor/a.
Desafío Heroico.- A saída estará situada no pobo de Belesar, na Ponte sobre o Miño, organizaranse as saídas por tandas e o número de
tandas e participantes en cada unha poderá variar en función d@s inscrit@s nesta modalidade.
Tod@ corredor/a alcanzad@ deberá ceder o paso obrigatoriamente, pero pode continuar. A victoria final en cada proba será o tempo
oficial que figure na clasificación obtido nesta única manga. O percorrido estará controlado por xuices, identificados con chalecos da
organización, que poderán penalizar con 15 segundos, (bandeira amarela, falta leve) ou descalificar (bandeira roxa, falta grave). Tod@s
@s participantes deberán estar nas zonas de saída 30 minutos antes, cando terá lugar o briefing informativo. A organización terá
habilitado e sinalizado un espazo de quecemento.
INSCRICIÓN, PRAZAS E PREZO: A inscrición poderase facer a través da web championchipnorte.com, Establécese un límite de 300 prazas,
150 para a modalidade clásica e 150 para a modalidade heroica. O prezo da inscrición será de 5€ na modalidade clásica e 10 na
modalidade heroica por participante que se fará efectivo a través da pasarela de pago de championchipnorte.com. A data límite para
inscribirse será o XOVES 8 de novembro. A organización resérvase o dereito de aumentar ou reducir o número de prazas.
IDADE MÍNIMA: A idade mínima para poder participar será de 18 anos cumpridos antes da data carreira.
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE: @ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e manifesta
atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o
corredor/a @ únic@ responsable en caso de accidente ó no cumprir a normativa. A organización declina toda responsabilidade dos danos
que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmos como a terceiros. Tod@s @s participantes estarán cubertos
por unha póliza de responsabilidade civil e un seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da proba, e nunca como
derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis e articulado do regulamento. A
organización declina toda responsabilidade polos danos que @s participantes nesta proba poidan causarse a si mesmos, como a outras
persoas polas causas anteriormente citadas.
RECOLLIDA DE DORSAIS: O dorsal recollerase o día da proba, de 8:30 a 9:30 para a proba clásica e ata as 10:30 para a heroica no pobo de
Belesar no lugar habilitado pola organización, que estará debidamente sinalizado e identificado.
ABANDONOS: Calquera participante poderá abandoar a carreira de forma voluntaria en calquera punto do percorrido, pero deberá
comunicarllo a algún membro da organización e afastarse para non entorpecer a carreira do resto de corredores. A organización poderá
retirar da carreira a calquera participante se considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.
DESCALIFICACIÓN: Será motivo de descalificación: Non levar o dorsal nun lugar visible Agarrarse ao viñedo ou ás cintas balizadoras Non
facilitar o paso para ser adiantad@ Recibir axuda externa Non seguir as instrucións dos membros da organización en todo momento Non
prestar auxilio a calquera participante que sufra algún tipo de accidente.
DEREITOS DE IMAXE: Tod@ participante autoriza á organización e patrocinadores a publicar libremente calquera fotografía ou video
grabado no contexto da proba, sen dereito por parte d@ corredor/a a recibir unha compensación económica.
INFORMACIÓN DE INTERESE: O servizo de duchas estará a disposición d@s participantes no Pabillón Municipal de Deportes de Chantada,
tanto na saída como na chegada. Conta con baños e lugar recollido para mudar roupa, tamén contará con servizo de fisioterapia e
enfermería. (*) Ampliaremos información a medida que avancen las fechas
CATEGORIAS E PREMIOS: Establécese unha única categoría absoluta en cada unha das probas por sexo, 3 primeiros homes e 3 primeiras
mulleres.
PREMIOS: Tódolos participantes recibirán un agasallo por estar inscritos. Os vencedor@s además recibirán un lote de produtos así coma
outros importantes premios que iremos dando a coñecer na web http://www.viaromana.es/ e nas redes sociais desta marca. Os Atletas e
os seus acompañantes poderán recoller os agasallos dentro de adega ao remate da proba, onde tamén se poderán degustar os viños de
Vía Romana e uns petiscos.
TELEFONO DE CONTACTO: +34 982 454 005