Calendario
Info da proba

Xermade

13/10/2018 17:30 - 19:00
Regulamento IX CARREIRA POPULAR DE XERMADE
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Xermade organiza a IX Carreira Popular de Xermade. A proba organizarase
o vindeiro Sábado 13 de Outubro de 2018 ás 17:30 horas, con saída da Praza do Concello
(no caso de que o tempo non o permita será desde o pabellón polideportivo) e discorrerá por
vías do Concello de Xermade.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. o recorrido estará controlado por vehículos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 17.30 h 150 m
PROMOCIÓN (2011-2012) 17.35 h 300 m
SUB 10 (2009-2010) 17.40 h 800 m
SUB 12 (2007-2008) 17.50 h 1600m
SUB 14 (2005-2006) 17.50 h 1600m
SUB 16 (2003-2004) 17.50 h 1600m
SUB 18 (2001-2002) 18.20 h 6300m
SUB 20-23 (1996-2000) 18.20 h 6300m
SENIOR (1995-1984) 18.20 h 6300m
MÁSTER A (1974-1983) 18.20 h 6300m
MÁSTER B (1964-1973) 18.20 h 6300m
MÁSTER C (1963 e anteriores) 18.20 h 6300m
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscripción faranse a través da paxina web da federación galega de atletismo.
http://www.carreirasgalegas.com/carreira/viii-carreira-popular-dexermade/6f8119bc-1952-ae70-3fc3-39e1b849e6b7
• As inscricións pecharanse o mércores 10 de outubro ás 23:59 horas.
• A inscripción na proba é persoal e intransferible
• A inscripción implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada polo Comité de Xuices da Federación Galega de
Atletismo, e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o
regulamento.
Motivo de descualificación son, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar dorsal ou manipular este.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores
Artigo 5: Inscripción:
A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo e
terá un custe de 5 € por persoa. Os dereitos de inscrición na carreira de menores será
GRATUITA.http://www.carreirasgalegas.com/carreira/viii-carreira-popular-dexermade/6f8119bc-1952-ae70-3fc3-39e1b849e6b7
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo electrónico e club.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número
de licenza.
Artigo 6: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, ata media hora
antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
• Na categoría de Pitufos e Prebenxamín haberá medallas para todos os
participantes. Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.
• Nas categorías dende Sub-10 ata Veterán C: trofeo para os tres primeiros de cada
categoria e sexo.
• A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará,
aproximadamente, ás 19:00h. (no caso de que o tempo non o permita será desde o
pabellón polideportivo)
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa,
que será custodiada por voluntarios da organización
6. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
7. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 9: Seguro:
A proba conta con un seguro que cubra os posibles danos e responsabilidade civil, da licencia
de día creada pola federación
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Concello de Xermade