Calendario
Info da proba

Pontenafonso

06/10/2018 16:30 - 18:00
Regulamento 1. Nome e data:
X TRIATLON PONTENAFONSO MEMORIAL “MICHEL” 2018
Sábado 6 de Outubro do 2018

2. Organizan:
Asociación Deportiva O Peirán Pontenafonso
CIF: G-15852551
Ceilán nº10
15236 Outes
A Coruña

3. Patrocinan:
- REVOLUTRION

4. Entidades colaboradoras:
- Excmo. Concello de Outes
- Excmo. Concello de Noia
- Cruz Vermella de Noia
- Proteccion Civil de Outes
- Proteccion Civil de Noia
- Policia Local Outes
- Policia Local Noia
- Clube Piragüismo Taxamar de Outes

5. Lugar da proba:
Lugar: Ponte Nafonso (Outes – Noia) A coruña.
Zona de Boxes situada no paseo fluvial de Ponte Nafonso (Outes).
Centro de información e control da proba situado no paseo fluvial de Ponte Nafonso (Outes)..
Zona de aparcamento situada nas inmediacións do paseo fluvial de Ponte Nafonso.
Mapa:
https://maps.google.com/maps/ms?msid=205262994135953205032.0004e30824d3096faa37c&msa=0

6. Datas e horarios das saídas:
Data:
Sábado 6 de Outubro do 2018
Hora da saída:
As 16:30 saída conxunta de todalas categorias masculina, feminina e por equipos.

7. Horarios:
Sábado 6 de Outubro 2018
Hora - Acto - Lugar
14:30 a 16:00 - Recollida de dorsais - Paseo Fluvial Ponte Nafonso - Carpa Organización
15:00 a 16:00 - Control de material - Boxes
16:15 - Reunión técnica - Zona de saída
16:30 - SAIDA única Baixo a ponte de Ponte Nafonso
18:00 (Aprox.) - Chegada aproximada último participante- Paseo Fluvial Ponte Nafonso
18:30 (Aprox.) - Entrega de Trofeos - Paseo Fluvial Ponte Nafonso

8. Distancias:
750 m de natacion – 20 km en bicicleta – 5 km de carreira a pé
Triatlón modalidade SPRINT

9. Participantes e Categorías:
Categoría individual e por equipos.
Os equipos estarán formados por 3 persoas (Nadador, ciclista e corredor) e cada unha realizará un segmento do triatlón. Os 3 compoñentes do equipo daranse o relevo na ¨zona de relevos¨que estará debidamente delimitada pola organización. O “testigo do relevo” é o chip de cronometraxe.
Neste campionato poderán participar:
A/ Tódolos deportistas federados en Tríatlon con licencia en vigor na tempada 2018.
B/ Non federados, a partir de 15 anos, a quén se lles tramitará un seguro de accidentes dun día según póliza adxunta a este reglamento.
Numero máximo de participantes:
- 170 na categoría individual.
- 30 Equipos de 3 persoas na categoría por equipos. (Reservando un mínimo de 3 prazas para equipos femininos e de 3 prazas para equipos mixtos)
A maiores das prazas arriba mencionadas, a organización conta con 10 invitacións para categoría individual e 5 invitacións para a categoría de equipos das que poderá dispoñer e asignar antes da celebración da proba.
Categorias:

*Individuais
- Cadete
- Absoluta
- Junior
- Absoluta
- Senior
- Absoluta
- Veteran

*Equipos de 3 persoas Categorías
-Feminino
-Mixta
-Masculino

Nº máx. de participantes
170 individuais
30 equipos de 3 participantres

10. Servicios e Instalacións:
Local para organización e cronometraxe: Carpa da organización. Paseo Fluvial de Pontenafonso.
Vestiarios, duchas e gardaroupa: Instalacions do Clube Piragüismo Taxamar de Outes.

11. Inscricións:
Apertura: 6 de Agosto de 2018 ás 10h00
Peche: 15 de setembro de 2018 ás 23h59
Límite de inscrición de 170 participantes na modalidade individual e de 30 equipos de 3 personas, na modalidade de equipos; por orde de formalización (completada) da inscrición. Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web.
A inscrición realizarase on-line, a través da seguinte web:
http://emesports.es/inscripciones-x-triatlon-pontenafonso-memorial-michel/
Os deportistas da Categoría Cadete non pagarán inscrición.

Custe da inscrición Individual: 15€ Equipos: 30€

11. Baixas e devolucións: As baixas con devolución da inscrición poderán facerse ata as 23h59 do Sábado día 15 de Setembro do 2018. A partires do día 16 de Setembro do 2018 non se devolverá o custo da inscrición.
As baixas e devolucións solicitaranse por email a: soporte@emesports.com

12. Premios:
Trofeos:
Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina.
A entrega de trofeos realizarase aproximadamente 30 minutos despois de facer a entrada en meta o derradeiro clasificado.
Realizarán a entrega de Trofeos :
Representante do Exmo. Concello de Outes
Representante do Exmo. Concello de Noia
Representante da Asociación Deportiva O Peirán.

13. Información e contacto:
Triatlon Pontenafonso Memorial Michel
Email: triathlon.pontenafonso@gmail.com
Inscricións: http://emesports.es/inscripciones-x-triatlon-pontenafonso-memorial-michel/
Web: https://sites.google.com/site/tripontenafonso/
Facebook: https://www.facebook.com/triatlonpontenafonso.memorialmichel
Persoa de contacto: Teléfono: 650 321 004 (Pablo)

14. Regulamento:
A proba rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Española de Tríatlon.

15. Sistema de cronometraxe:
Sistema de cronometraxe con chip. Tódolos deportistas recibirán un chip en aluger xunto co seu dorsal que deberán devolver ó finalizar a proba.

PARA OS EQUIPOS: O chip de cronometraxe, será “o relevo” que se terán que dar
os equipos entre os seus compoñentes na área de transición e na zona establecida
para o relevo.

16. Percorrido e planos de circuitos:
NOTA: Percorrido de bicicleta exactamente idéntico ó do 2013, 2014, 2015, 2016 e
2017.
1. Itinerario Segmento Natación:
Río Tambre. Nas inmediacións da Praia fluvial de Pontenafonso.
1 volta a un circuito de 750 m.
2. T1 - Fluxo en Boxes
O fluxo en boxes e area de transición é provisional e poderá sufrir
modificacións antes da proba. Calquer cambio será notificado previamente.
3. Itinerario segmento ciclismo:
20 km facendo 4 voltas a un circuito de 5km.
Saída e chegada: Estrada AC-196 a altura de Pontenafonso no punto kilométrico 4.
O circuito transcurre 4,2 km pola AC-196 e 800m pola AC-550 entre os puntos kilométricos 68,8 e 69,5. En total un circuito de 5 km ó cal se darán un total de 4 voltas.
Rutómetro:
Circuito de 5 km: Saída, estrada AC-196 a altura de Pontenafonso (Outes), continuase na AC-196 por 2 km pasando por Ceilán ata chegar ó enlace coa AC-550 no punto kilométrico 68,8. Atravesase a ¨Ponte nova¨sobre o río Tambre pola AC-550 ata opunto kilométrico 69,5 onde se gira á esquerda para volver a entrar na AC-196 continuando 3,2 Km e pasando por Pontenafonso (Noia) ata chegar ó punto de saída.
Ver o seguinte mapa para o detalle do circuito de ciclismo.
O itinerario detallado pode verse no seguinte enalce:
https://maps.google.com/maps/ms?msid=205262994135953205032.0004e30824d3096faa37c&msa=0
4. T2 – Fluxo en Boxes
O fluxo en boxes e area de transición é provisional e poderá sufrir modificacións antes da proba. Calquer cambio será notificado previamente.
5. Itinerario segmento carreira a pé:
5 km facendo 4 voltas a un circuito de 1,25 km.
Transcorre nun circuito de 1,25 km nas aceras-paseos do paseo fluvial de Pontenafonso ó cal se darán 4 voltas. Ver o seguinte mapa para o detalle do circuito da carreira a pé.

17. Avituallamientos:
Entrega de Trofeos:
LÍquido no paso de volta de carreira a pé.
Sólido e líquido en zona post meta.

18. Plan de seguridade:
Entrega de Trofeos:
1. Datos do seguro de accidentes.
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e accidentes para tódol@s participantes.
Un certificado do seguro pode ser obtido baixo petición previa.