Calendario
Info da proba

Razo

26/08/2018 11:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
5ª EDICIÓN
5 KM CORRENDO POLA PRAIA DE RAZO, O
DOMINGO, 26 DE AGOSTO DE 2018 ÁS 11:00 HS.
REGULAMENTO DA PROBA
ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto ca Federación Galega de
Atletismo esta proba, recorrendo toda a Praia de Razo desde a Explanada ata a Cabreira pola
area mollada. Os Muditos continua coa promoción do atletismo en Carballo e arredores ante o
auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello e levamos esta
carreira a Praia de Razo pois no verán, Razo convírtese nun lugar de encontro, de ocio… d@s
carballes@s e da multitude de persoas (turistas, emigrantes, extranxeiros,xente de
arredores…)sendo un lugar privilexiado para a práctica deportiva e en particular para andar e
correr.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que
desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Viraxes sl, Lotería
Alexandra, Metal Cebey, Bema e Centro de formación rural Fonteboa.
LUGAR DE SAÍDA:
A Explanada na Praia de Razo.
CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2011 E POSTERIORES
SUB 10 NADO/AS 2009 E 2010
SUB 12 NADOS/AS 2007 E 2008
SUB 14 NADOS/AS 2005 E 2006
SUB 16 NADOS/AS 2003 E 2004
SUB 18-20 NADOS/AS ENTRE 1999 E 2002
SUB 23- SENIOR NADOS/AS 1998 ATA 34
MÁSTER A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
MÁSTER B DESDE QUE CUMPREN 51
HORARIOS
A partir das 10:30 hs abrirase Secretaría da proba para a retirada de dorsais.
INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é
gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de m
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de
cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida,…
Baño na Praia controlado pol@s socorristas do concello de Carballo ou servizo de
duchas na propia Praia de Razo.
PREMIOS
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas da carreira
de maiores dos 5 km.
Recibirán trofeo/medalla os 1º e as 1ª clasificad@s de cada categoría, menos os
pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificad@ do concello de Carballo.
Ningún deportista levará máis dun premio.
Daremos un premio especial “A vida co deporte”.
SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de
accidentes (licencia ou licencia de día) e responsabilidade civil concertada por o club deportivo
Os Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia,
neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por
desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e
IAAF.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba, nin persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de
ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.