Calendario
Info da proba

Vigo

28/10/2018 11:00 - 12:30
Regulamento ¿QUE É AVEMPO?
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) naceu o 16 de Outubro
de 1996 coa misión de axudar, informar e mellorar a calidade de vida dos afectados de
esclerose múltiple e o seu entorno. Dende os seus comezos, AVEMPO configurouse como
unha organización sen ánimo de lucro e adherida á Asociación Española de Esclerosis Múltiple
(AEDEM).
Como socios de AVEMPO, tódolos afectados de esclerose múltiple da provincia contan cun
espazo onde centrala busca de solucións e compartir as súas preocupacións con outras
persoas coa mesma enfermidade. Na sede da asociación, eixo da nosa labor, tódolos socios
que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que
ofrece AVEMPO: fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social,
ioga, pilates e pintura.
Tras moitos anos de loita, a redución de axudas que vimos sufrindo por mor da crise económica
nos últimos tempos, fai que a participación social e solidaria con entidades como a
nosa sexa máis importante e necesaria ca nunca. Precisamos axuda, a túa axuda.
REGULAMENTO
ORGANIZACIÓN
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico da
Asociación Deportiva Vigo Se Mueve, organiza a VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple.
DATA
A proba celebrarase o domingo 28 de Outubro, ás 11:00 horas.
PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuíto terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores – Rúa Eduardo Cabello - Av. Beiramar – Rúa
Jacinto Benavente - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso. A saída e a meta situaranse no mesmo
lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).
Dúas modalidades opcionais:
▲ ANDAINA (Non competitiva, non cronometrada): Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
▲ CARREIRA (Competitiva, cronometrada): Dúas modalidades opcionais:
→ 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
→ 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10100 m.
* Importante: os corredores da carreira 10K NON teñen que entrar na Alameda Suárez
Llanos na segunda volta, xirarán directamente cara a Rúa Pescadores.
ORGANIZACIÓN DA SAÍDA
A saída será simultánea para tódalas modalidades.
Sen embargo, os inscritos nas probas cronometradas (carreira 5K e carreira 10K) teñen prioridade,
polo que se deberán situar cara adiante na liña de saída.
Así, os inscritos na andaina deberán situarse cara atrás para facilitar a saída aos que compiten nas
carreiras.
* A organización resérvase o dereito a modificar a organización da saída para asegurar a
seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previa aviso nas redes socias do evento
AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as
probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademáis, os participantes da 10K terán un avituallamento líquido
ao inicio da segunda volta.
PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realizar a proba será de 1 hora 30 minutos para tódalas modalidades.
Transcorrido este tempo, os participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto.
PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de idade (18 anos cumpridos ou
máis) que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas
formas establecidas para elo.
Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos pais e/ou representantes legais,
permitirase a participación de menores de idade:
• Andaina: sen límite de idade.
• Carreira (5K e 10K): na categoría SUB 24 permitirase a participación dos corredores a partir
de 15 anos cumpridos.
Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero
si queiran contribuír a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible
realizar na propia plataforma de inscrición un donativo para a asociación.
INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de:
▲ ANDAINA:
→ Menores de 8 anos: 3 €.
→ A partir dos 8 anos: 6€
▲ CARREIRA:
→ 5K: 8 € para tódalas categorías.
→ 10K: 10 € para tódalas categorías.
A inscrición farase efe
Aconséllase a tódolos participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible.
Para a recollida, será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No caso de menores,
deberán ir acompañados do seu representante legal.
Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu dorsal/chip ou non o leve colocado de xeito
correcto poderá ser descalificado.
Non se descalificará a ningún atleta por levar auriculares durante a proba.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O sistema de cronometraxe, mediante chip de dorsal dun so uso, será facilitado por Laptime
(Homologado pola RFEA). O seu uso incorrecto será considerado motivo de descalificación.
* Os participantes na modalidade de andaina terán a obriga de cedelo paso aos participantes das
distancias cronometradas durante todo o percorrido, debendo camiñar pegados ao borde dereito
da calzada, deixando sitio para que os corredores poidan adiantalos sempre pola esquerda. Non
cruzar nunca as liñas de coneado.
CATEGORÍAS
▲ ANDAINA: Unha única categoría para tódolos participantes.
▲ CARREIRA: Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia (5K e 10k),
distinguindo na mesma as seguintes categorías:
Sub 24 15 a 24 anos.
Sénior 25 a 34 anos.
Veterán A 35 a 44 anos.
Veterán B 45 anos ou máis.
Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría en liña de saída
para a constitución da mesma. Os atletas das categorías non constituídas pasarán a formar parte
da categoría inmediatamente anterior á que lle correspondía.
PREMIOS
Os premios da modalidade cronometrada, tanto na distancia 5K coma na 10 K, serán os seguintes:
▲ Categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B
Medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino).
▲Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta (masculino e feminino)
Recibirán unha medalla acompañada dun agasallo.
* A organización descarta a duplicidade de premios: os participantes que resulten premiados na
carreira absoluta, quedarán excluídos de selo nas categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Servizo de Gardarroupa: a organización poñerá a disposición dos corredores un emprazamento
onde deixar as súas pertenzas controladas durante a duración da proba.
Servizo de Duchas: pendente de confirmación. Informarase do resultado da solicitude e, no seu
caso, a ubicación final do servizo en www.facebook.com/eumovomepolaem
Servizo de Fisioterapia: os atletas que o desexen poderán acceder a unha sesión no stand que a
Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo colocará no evento. (Pendente de confirmación)
Dispositivo sanitario de emerxencias: unha unidade móbil e un hospital de campaña estará a
disposición de aqueles corredores que presenten algún tipo de molestia dende media hora antes
de dar comezo a proba ata media hora despois do peche de control.
RESPONSABILIDADE
Este evento está amparado por unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil.
Os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan participar no
mesmo baixo a súa responsabilidade e propio risco. No momento da inscrición, manifestan atoparse
fisicamente aptos para completar o percorrido da proba con seguridade e se comprometen a
colaborar coa organización na prevención de accidentes persoais na medida das súas
posibilidades.
Os representantes legais dos participantes menores de idade comprométense a estar presentes
durante todo o desenvolvemento da proba, dende a recollida do dorsal ata que o menor cruce a
liña de meta e faga uso dos diferentes servizos.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1. A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera participante que, entre
outros aspectos, falsifique os seus datos persoais, reflicta mal estado físico, non realice o percorrido
completo, vaia acompañado de animais, cometa algunha infracción de este regulamento, ou
manifeste un comportamento antideportivo.
2. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao comité organizador, non máis tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
3. A organización garante o reintegro das cotas de participación no caso de cancelación do evento,
por causas propias ou alleas. En tal suposto, este reintegro se fará efectivo na sede de AVEMPO, sita
na Rúa Camilo Veiga, 44- Planta Baixa (Bouzas); no prazo de 30 días naturais dende a data prevista
para a carreira.
4. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.