Calendario
Info da proba

Pinga Pinga Marín

06/10/2018 16:10 - 18:10
Regulamento IX PINGA-PINGA (6 OUTUBRO 2018): Proba do calendario oficial da Federación Galega Atletismo (distancia non homologada)
Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 9ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada.

II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuices da competición.

III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

IV) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.


V) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

VI) A participación de atletas extranxieros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2017-2018. Máis información de esta norma en:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf

VII) Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou manipular este, falsificar datos persoais.

IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 6 de outubro de 2018
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)

II ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS o percorrido longo) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 17:00H.

CATEGORÍAS

CATEGORÍAS DE MENORES:
BENXAMÍNS (SUB 10):
Hora: 16:10
Benxamíns = 2009/2010
Percorrido: 500 mts aprox.

ALEVÍNS (SUB 12):
Hora: 16:15
Idade: Alevíns =2007/2008
Percorrido: 750 mts aprox.

INFANTIS – CADETES (SUB 14 - 16):
Hora: 16:25
Idade: Engloba Infantis e Cadetes = De 2003 a 2006
Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena de circuito.

PITUFOS E CHUPETES
Hora: A partir 16:45h
Idade: Pitufos: nados no 2011-2012-2013/ Chupetes: nados no 2014 e posteriores
Percorrido: Pitufos: 250mts aprox (16:50).
Chupetes: 100mts aprox (16:55)
MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 17:05h.
Percorrido: 7.200m – tres voltas.
Idade: a partir de 15 anos.
Engloba Sub 18, 20 e 23: De 1996 a 2002
Senior: 1995 e anteriores (ata veteranos)
Master A: De 35 a 44 anos
Master B: De 45 a 54 anos
Master C: De 55 en adiante

NOVIDADE: OPCIÓN CARREIRA POR RELEVOS MASC. E RELEVOS FEM. (3 RELEVISTAS) MESMO HORARIO QUE A PROBA ADULTOS (ESTA PROBA É PARA NACIDOS EN 2002 E ANTERIORES)
Os equipos de relevos debén levar a camiseta da mesma cor os 3 integrantes. Cada relevista dará unha volta do percorrido. Terá que dar o testigo ao seu compañeiro que esperará na zona habilitada (xunto a carpa da Festa da Sidra) Nesta proba por relevos haberá 2 categorías: MASCULINA E FEMENINA. Haberá premio para o primeiro equipo de cada categoría de relevos. Imprescindible entregar o testigo na zona habilitada e chegar a meta con el.
O primeiro relevista tomará a saida coa carreira de Adultos no campo de futbol. O segundo relevista fará algúns metros menos que o primeiro (recolle o testigo na zona habilitada no exterior do campo de futbol) O terceiro relevista tamén recolle o testigo na zona habilitada e remata a carreira na meta igual que o fan os da carreira de adultos.



3.- INSCRICIÓNS:
ANDAINA: Gratuita para todas as idades.
CHUPETES, PITUFOS E MENORES: Gratuita. Recomendase tamén na web www.carreirasgalegas.com
MAIORES: www.carreirasgalegas.com se encargará das inscricións, dorsais-chips e resultados da (Categoría Adultos). AS INSCRIPCIÓNS ATA 3 OUTUBRO. A inscrición individual dos adultos serán 5€ (1 € de cada inscrición individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro)
-A inscrición dos equipos de relevos será de 12 €( 2 € de cada equipo serán para AECC). Un integrante do equipo de relevistas será o que realice a inscrición.

OS DORSAIS SE ENTREGARÁN NA CARPA DA FESTA DA SIDRA (AO CARÓN DO CAMPO FUTBOL) DESDE AS 15:30H.

4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta.

-Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.
-Premio para o primeiro equipo de relevos masculino: invitación comida/cea para os 3 integrantes en rest. Da parroquia, e agasallo.
-Premio para o primeiro equipo de relevos femenino: invitación comida/cea para os 3 integrantes en rest. Da parroquia, e agasallo.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:

ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo de 7 días.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
Camiseta técnica para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes e regalos para os máis pequenos (MEDALLAS)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E O CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro e coa Asociación de Os amigos da Mazá e da Sidra de San Tomé.