Calendario
Info da proba

Á Pobra de San Xiao

18/08/2018 19:45 - 20:45
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
A Asociación Esmorga Galega organiza a II Carreira Popular A Pobra de San Xiao. A
proba organizarase o vindeiro sábado 18 de agosto, con saída e meta na rúa Valdriz do
núcleo de A Pobra de San Xiao.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todo os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización e estará sinalizado
en cada punto quilométrico e discorrerá polas rúas:
SAÍDA: Rúa Valdriz – Benigno Quiroga – San Julián – Benigno Quiroga – Estrada San Juan –
Campo da Feira – Castelao – Concepción Arenal – Rosalía de Castro – Alfonso Cela – Estrada
do Río – Río Neira, META: Rúa Valdriz
Os atletas das categorías máster pertencerán á categoría segundo o día que cumpran anos
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 19.30 h 100m
PROMOCIÓN (2009-2011) 19.35 h 400m
SUB-12 (2007-2008) 19.15 h 1000m
SUB-14 (2005-2006) 19.15 h 1000m
SUB-16/18 (2001-2004) 19.45 h 6000m
SUB-20/23 (1996-2000) 19.45 h 6000m
SENIOR (1995 e anteriores ata Máster) 19.45 h 6000m
MÁSTER A 35-40 anos 19.45 h 6000m
MÁSTER B 41-45 anos 19.45 h 6000m
MÁSTER C 46-55 anos 19.45 h 6000m
MÁSTER D 56-65anos 19.45 h 6000m
MÁSTER E 66 anos en adiante 19.45 h 6000m
Artigo 4: Peche de control:
• O control de chegada na proba absoluta pecharase 50’ despois da saída
da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de
Atletismo: www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o MÉRCORES día 15 de AGOSTO ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o día da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do reglamento, a
decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo:
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición tanto na carreira de menores coma na de adultos serán
GRATUÍTOS.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o club.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización na zona da saída
ata 45’ antes do comezo de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como
femininos.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como
trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será na zona demeta, ás 20.40h aproximadamente
• A organización da proba ofrece ao acabar a proba deportiva un ágape a todos os
participantes na mesma.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Recollida de dorsais, imperdibles e chips.
3. Vestiarios, baños e duchas no pavillón municipal sito na rúa Concepción Arenal.
4. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
5. Avituallamento líquido nos km 2.5 e 5.5, para a carreira de adultos.
6. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.