Calendario
Info da proba

Monforte de Lemos

12/08/2018 19:00 - 20:00
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Club A Gándara de Monforte organiza a II Milla Urbana Monforte de Lemos. A proba organizarase o vindeiro
Domingo 12 de agosto de 2018, con saída e meta na Rúa Reboredo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón dunha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 20.00 h 100m
PROMOCIÓN (2009-2011) 19.00 h 1 volta (600m)
SUB 12 (2007-2008) 19.10 h 1 volta (600m)
SUB 14 (2005-2006) 19.20 h 2 voltas (1200m)
SUB 16 (2003-2004) 19.20 h 2 voltas (1200m)
SUB 18/20 (1999-2002) 20.10 h 3 voltas (1609m)
SENIOR (1998 e anteriores ata Máster) 20.10 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER A 35-44 anos 19.30 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER B 45-54 anos 19.30 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER C 55-64 anos 19.40 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER D +65 anos 19.40 h 3 voltas (1609m)
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o XOVES día 9 de agosto ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o día da proba.
• A inscripción na proba é persoal e intransferible
• A inscripción implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda alguna dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en man da
organización.
• A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal oua manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para
a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 5: Inscrición:
A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo. www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición serán GRATUÍTOS.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 6: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada na Rúa Reboredoata 45’ antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
• Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría
nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros
clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será aproximadamente, ás 20.20h.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no campo de fútbol a escasos metros do circuito.
3. Roupeiro, os participantes poderándeixarno local de recollida dos dorsais a roupa, que será custodiada por
voluntarios da organización.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9:Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que
estou en bo estado físico.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seusdereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Club A Gándara de Monforte.
Colaboran: Concello de Monforte de Lemos, La Caixa, Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).