Calendario
Info da proba

Silleda

22/07/2018 10:00 - 11:30
Regulamento CARREIRA-ANDAINA SOLIDARIA RUTA DO ROMANICO

REGULAMENTO
ARTIGO 1
AD Top Ten Sports e Qualité Sport, en colaboración co Concello de
Silleda, organiza o póximo 22 de xullo a I Carreira benéfica do
Románico
ARTIGO 2
Percorrido de 8,400 metros, rompepernas e combinando asfalto e
camiños rurais, pasando por diferentes edificios románicos da zona. A
saída e chegada será na igrexa de Breixa, no término do concello de
Silleda.
ARTIGO 3
-Poden participar todas as persoas que o desexen sen distinción de
nacionalidade ou sexo, a condición de que se inscribiron
correctamente. -A idade mínima de participación será de 16 anos e
cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade
e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para
afrontala. -A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil
segundo a lexislación vixente. Así mesmo, todos os participantes
dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o
día da carreira, contratado pola organización.
ARTIGO 4
A saída da carreira será conxunta, homes e mulleres comezando ás
10:30 h do domingo 22 de xullo de 2018 diante da igrexa de Breixa.
A entrega de dorsais e chips farase o sábado 21 de 18:00 a 21:00
horas no Hotel Nos de Silleda e o domingo de 9:00 a 10:15 horas no
punto da saída. Para recoller o dorsal-chip doutro corredor é necesario
presentar fotocopia do seu DNI ou documento acreditativo (carné de
conducir, pasaporte) ou xustificante da inscrición. -Ao finalizar a
carreira, haberá que mostrar o dorsal para recoller a bolsa de corredor
da proba, asi como devolver o chip de championchipnorte aqueles
participantes que non sexan propietarios do mesmo.
ARTIGO 5
Termos e prezos das inscricións:
-Establécese un MAXIMO de 300 participantes e o prezo de cada
inscrición será de:
8 euros desd
-Máis un euro en calquera dos casos aos non propietarios do chip de
championchipnorte. -En ningún caso devolverase o importe da
inscrición e NON se aceptarán inscricións o día da carreira.
A RECADACIÓN INTEGRA DA CARREIRA SERÁ DESTINADA PARA
DAR A COÑECER E RECUPERAR AS RUTAS E EDIFICIOS
ROMÁNICAS DA ZONA
ARTIGO 6
-O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta ben
visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal e haberá
avituallamiento líquido no km 4 aproximadamente e outro especial ao
finalizar a carreira (empanada, tortilla, froita, etc)
ARTIGO 7
Para a proba establécense as seguintes categorías:
-Categoría Absoluta, masculina e feminina
- Senior Masc. e Fem. De 16 a 35 anos.
-Veteranos A De 36 e 45 anos.
-Veteranos B 46 a 55 anos
-Veteranos C +56 anos
-Os premios NON serán acumulables
ARTIGO 8
Servizo Gardarroupa. Teremos este servizo na saída, entregando
todas as pertenzas a cada atleta ao finalizar a proba. A organización
NON se fai responsable de calquera rotura, perda ou dano dos artigos
deixados neste servizo.
ARTIGO 9
-Os servizos sanitarios e as ambulancias, coordinados polo equipo
médico, estarán situados na zona de Saída/Meta e pechando a
carreira xunto co coche escoba. Calquera corredor con problemas
médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar á
organización a través da súa páxina web ou no momento de facer a
inscrición.
ARTIGO 10
-Toda persoa que corra sen estar inscrita ó sen mostrar visible o
dorsal no peito, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de avituallamientos, trofeos nin obsequios. Así mesmo, non
estará amparada pola Póliza de seguro contratada e quedará
terminantemente prohibida a súa entrada en liña de meta.
-NON se permite a participación na proba de persoas con patíns,
bicicletas ou outros modos de locomoción. Tampouco acompañados
por mascotas.
-O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o
compromiso de NON adiantarse na saída, realizar o percorrido
completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal
auxiliar da mesma.
ARTIGO 11
-Ao inscribirse na carreira solidaria do Románico 2018, os
participantes dan o seu consentimento e de acordo aos intereses
deportivos, de promoción, distribución e explotación para todo o
mundo (reprodución de imaxes e fotografías da proba, publicación de
listaxes clasificatorias, etc.) mediante calquera dispositivo (Internet,
publicidade, etc.) e sen límite temporal, os inscritos ceden de maneira
expresa á organización o dereito para reproducir o nome e apelidos, o
posto obtido na clasificación xeral e a propia do participante, a
categoría, a marca deportiva realizada e a súa imaxe.
-A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no
presente regulamento se así o considerase, debendo comunicalo na
web e na información do corredor
ARTIGO 12
A organización resérvase o dereito, se fose necesario, de modificar o
devandito regulamento antes do dia da proba