Calendario
Info da proba

Maceda

04/08/2018 9:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO: TRAIL-ANDAINA EN FAVOR DA FIBROSE QUÍSTICA 04-08-2018
1.-LUGAR:
Celebraráse o Sábado 4 de Agosto de 2018, a saída terá lugar dende as piscinas municipais de
Maceda ,dentro do Concello de Maceda (Ourense).
2.- HORARIO:
9:30 h para a modalidade ANDAINA
10:15 h para a modalidade TRAIL
3.- CARACTERISTICAS DA PROBA.
Esta proba está organizada conxuntamente polo CONCELLO DE MACEDA e a ASOCIACIÓN
GALEGA DE FIBROSE QUÍSTICA. Tanto a Andaina como o Trail de montaña teñen unha distancia
de 10 km, o seu punto máis alto é de 675 metros e o máís baixo de 541 metros.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.
3.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 15 de Xuño de 2018 ata as 23:59 do día 2 de
Agosto de 2018. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións
posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:
1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:
https://championchipnorte.com/
2.- Presencialmente:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccións que se sinalan a
continuación:
Tenda CÓDIGO BIKE
Direccion: Cotelma 13, A Valenzá, Barbadás, 32890 Ourense
Tf: 988701365
Bar A TEIXEIRA
Rúa As Flores nº 46, 32700 Maceda
Tf: 988463445
No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será
devolto o 50% do valor da inscrición.
Os atletas poderán incribirse a título individual ou representando a clubs.
4.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será de 10 €,
dos cales 6 € doaranse a Asociación Galega de Fibrose Quística.
5.- NORMAS
O evento rexirase según este regulamento e seguindo as seguintes normas:
a) Poderán participar menores de 14 anos na modalidade de Andaina sempre que vaian
acompañados dos seus tutores (pai, nai ou tutor designado).
Ojo morado Na modalidade Trail soamente poderán participar persoas maiores de 14 anos
cumpridos a data de realización da inscrición na proba.
c) Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de enfermidade ou
dolencia.
d) Será motivo de descalificación:
• Non pasar por todos os controis de paso.
• Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100 m dos
avituallamentos).
• Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os seus propios
desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
• O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.
• Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e informar no
control máis cercano.
• No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
• Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da organización e dos
controis de paso.
e) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e
entrega do correspondente dorsal.
f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condici
k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes,
avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de
cantos agasallos consiga a organización.
6.- AVITUALLAMENTOS
A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. CARREIRA (TRAIL): km 5 (líquido) e na zona de Meta.
2. ANDAINA: km 5 (líquido) e na zona de Meta.
7.-PREMIOS
a) Na modalidade Trail, entregaranse trofeos conmemorativos os tres primeiros/as
clasificados/as das seguintes categorías:
Absoluta MASCULINO/FEMENINO: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba
Comarcal MASCULINO/FEMENINO: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba
empadroados en algún dos concellos que conforman a comarca definida neste
regulamento como aqueles concellos colindantes co término municipal de Maceda
(MACEDA, BAÑOS DE MOLGAS, VILAR DE BARRIO, MONTEDERRAMO, XUNQUEIRA DE
ESPADAÑEDO, ESGOS E PADERNE DE ALLARIZ).
Ojo morado A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.
8.- DORSAIS
Os dorsais poderán retirarse o día da proba nas inmediacións da salida (piscinas municipais de
Maceda) en horario de 8:30 a 9:30 horas.
9.- ATENCIÓN MÉDICA
A organización contarña cun servicio médico durante o percorrido que estará facultado para
retirar durante a proba a calquer participante que o seu xuizo manifeste un estado físico que
poida ir en detrimento da súa saúde.
Calquer participante con problemas médicos como alerxias a medicamentos ou outros, deberá
facelo consignar no dorsal que debe levar un sitio visible.
10.- DEREITOS DE IMAXE
A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente regulamento, implica que o
participante autoriza á organización do evento á grabación total ou parcial da súa participación
na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción
e difusión da proba de todas as formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, Internet,
carteis, medios de comunicación, etc.), e cede os dereitos relativos á explotación comercial e
publicitaria que a organización considere oportuno executar...
A organización deste evento garante o pleno cumprimento da normativa de protección de
datos de carácter persoal, e así o inscrito queda informado a través deste regulamento e presta
o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheros automatizados existentes e ao
tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas,
comerciais e outras actividades propias da organización, o titular dos datos terá dereito de
acceso, rectificación, cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica 15/1999
de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Todo corredor debe coñecer e
respetar o regulamento da proba. A inscrición implica cumprimento deste Regulamento.
11.- DONATIVO A ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROSE QUÍSTICA.
6 € de cada inscrición doaranse directamente a Asociación Galega de Fibrose Quística.
Si a túa intención é colaborar coa causa pero non tes pretendido participar no evento poderás
facer aporatar a túa colaboración de dúas maneiras:
1.- Entrando no portal www.championchipnorte.com no apartado do evento poderás facer a
túa aportación facendo a inscrición como dorsal solidario polo prezo de 10 €. No mesmo portal
podes elegir outra aportación distinta según os tramos recollidos e presentados a través do
portal.
2.- Facendo directamente un ingreso ou transferencia no número de conta da ASOCIACIÓN
GALEGA DA FIBROSIS QUÍSTICA, indicando os teus datos persoais ou ben facendo un ingreso
anónimo se prefires manterte en anonimato.
Nº CTA BANCARIO: ES55 2100 5656 0902 0016 2287 CAIXA BANK, S.A.
12.- COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES PROBAS.
Os participantes que se inscriban en calquera das probas TRAIL e ANDAINA non poderán
tomar a saída acompañados de animais.
Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgún
momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o paso na
medida do posible para evitar accidentes ou caídas.