Calendario
Info da proba

Lira

11/08/2018 18:30 - 21:30
Regulamento XXV CARREIRA A PÉ - LIRA
 DATA: sábado 11 de agosto.
 LUGAR: Portocubelo (Lira)
 PROMOVE: A. C. Canle.
 PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
 COLABORA: Concello de Carnota.
 Categoria, ano de nacemento, distancias, hora de saída e inscricións:
Categoría
Ano de
nacemento Distancias Hora de saida
Gastos de
Inscripción
Prebenxamíns 2011 e posteriores 300m aprox 18:30h non
Benxamíns 2009-2010 500m aprox 18:50h non
Alevíns 2007-2008 1500m aprox 19:15h non
Infantís 2005-2006 1500m aprox 19:15h non
Cadetes 2003-2004 3118m aprox 19:30h non
Xuvenís 2000-2001-2002 10.200m aprox 20:00h 5 €
Senior 1980-1999 10.200m aprox 20:00h 5 €
Veteráns 1979 e anteriores 10.200m aprox 20:00h 5 €
NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación se presenta algún
imprevisto de última hora.
 Inscricións:
- Ata o xoves 9 d
 Entrega de chips e dorsais
- O sábado 11 de agosto en Portocubelo(Lira) a partir das 17:00.
 Datos obligatorios para as inscricións:
D.N.I. con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, sexo, teléfono
de contacto (se o ten) e mail de contacto (se o ten).
 Premios:
Prebenxamíns – trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de
participantes.
Benxamíns – trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Alevíns – trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Infantís – trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Cadetes – trofeo para 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado.
Xuvenís – trofeo para os tres primeiros clasificados.
Seniors– trofeo para os tres primeiros clasificados
Veteráns– trofeo para os tres primeiros clasificados
 Percorridos:
Todas as carreiras saíran e chegarán a Portocubelo.
- 300 m - prebenxamíns.
- 500 m - benxamíns.
- 1.500 m - alevíns e infantís.
- 3.000 m - cadetes
- 10.200 m - xuvenís, seniors, veteráns.
 Regulamento:
1. A asociación CANLE será a organizadora da XXV CARREIRA A PÉ de
Lira.
2. A carreira estará controlada por personal de Championchip e de A.C. Canle
(comité organizador).
3. A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de daños
morais, fisicos ou materiais que asi mesmo ou a outras persoas lles
ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que, con motivo
da competición, poidan corresponder ante o seguro da proba ou outra
mutualidade.
4. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes
bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
5. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu
cumplimento.
6. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola
organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de
estar sempre ben visible.
7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sin
dorsal ou a xuízo da organización cometa algúnha irregularidade , será
descalificado.
8. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da
proba. Os horarios son os seguintes.
 Prebenxamíns – 18:30 h
 Benxamíns- 18:50 h
 Alevins – 19:15h
 Infantís – 19:15h
 Cadetes – 19:30 h
 Xuvenís – 20:00 h
 Seniors – 20:00 h
 Veteráns – 20:00 h
9. Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun
avituallamento na metade do percorrido (Susiños).
10. O control de chegada na carreira de 10 km pecharase 40m despois de que
entre na meta o primeiro corredor clasificado.
11. Os trofeos non serán acumulativos.
12. O horario da entrega de trofeos estará suxeita a decisión do comité
organizador (o remate de cada carreira ou todos xuntos o final das probas).
13. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais publico
que presencie a proba, un comportamento ejemplar cara aos compañeiros,
público, organización en xeral.
14. Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
15. Limite de participantes 500 corredores.