Calendario
Info da proba

Amaia

06/10/2018 17:00 - 19:30
Regulamento XXXVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA – BRIÓN

"VI Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña"
O Concello de Brión organiza a XXXVI edición da súa carreira popular o sábado 6 de outubro de 2018 a partir das 17 horas na Carballeira de Santa Minia (Brión), baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago), e na que poderan participar atletas tanto federados como non federados.

Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada e está integrada dentro do VI Circuito de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña que se desenvolverán ao longo do ano 2018.
SERVIZOS:
Duchas, no Pavillón Polideportivo de Brión.
Gardaroupa, situado na Casa da Cultura.
Avituallamentos: LÍQUIDO nun punto intermedio do circuito da carreira absoluta e LÍQUIDO na liña de meta para tódolos participantes.
Ambulancia e Médico, servizo médico-sanitario
Seguro de accidentes e de RC
CIRCUITOS:
A organización da XXXVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA deseñou un NOVO CIRCUITO para os atletas que disputen a carreira absoluta. Neste 2018 a proba absoluta vaise celebrar sobre un circuito de 4,75kms (98% asfalto e 2% terra en bó estado) que os participantes terán que completar duas veces (9,5kms). Coa planificación deste novo trazado preténdese que a carreira sexa mais visible e vistosa e ademais eliminase gran parte da dureza converténdose nunha carreira moito mais rápida e amena. En canto aos circuitos das carreiras de menores serán os mesmos que na anterior edición.
HORARIOS
16:00 H. - RECOLLIDA DE DORSAIS
17:00 H. - CARREIRA PITUFOS/AS :: 100 M.
17:10 H. - CARREIRA PREBENXAMÍN :: 350 M.
17:20 H. - CARREIRA SUB 10 :: 500 M.
17:30 H. - CARREIRA SUB 12 :: 500 M.
17:45 H. - CARREIRA SUB 14 :: 1.500 M.
17:45 H. - CARREIRA SUB 16 :: 1.500 M.
18:00 H. - CARREIRA ABSOLUTA :: 9.500 M.
INSCRICIÓNS:
Inscricións: Na web: www.carreirasgalegas.com ata o mércores 3 de outubro de 2018 as 14:00 hrs. NON SE ADMITIRAN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
- CARREIRAS DE NENOS/AS [de PITUFOS a SUB 16]: Gratuíta
- CARREIRA ABSOLUTA [de SUB 18 a MASTER 6]: 5€
TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Recibiran trofeo e premio en metálico os tres primerios homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta. Os premios económicos establecense da seguinte maneira:
1º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A: 200€ + TROFEO
2º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A: 170€ + TROFEO
3º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A: 150€ + TROFEO
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN que non serán competitivas.
Na carreira absoluta tamén recibiran trofeo os tres primeiros homes e tres primerias mulleres en cruzar a liña de meta empradroados no Concello de Brión (para optar a este premio os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrición)
Todos os participantes das categorías PITUFO/A E PREBENXAMÍN recibiran unha medalla conmemorativa.
Todos os participantes que consigan rematar a proba recibirán unha CAMISETA TÉCNICA agasallo da organización como recordo da súa participación.
Os PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión. A entrega de trofeos farase ao rematar todas as carreiras.