Calendario
Info da proba

Riveira

29/09/2018 17:00 - 19:30
Regulamento XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA
SÁBADO 29 DE SETEMBRO DE 2018
O Concello de Riveira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 29 de
setembro de 2018, a partir das 17.00 horas, a XXI edición da Carreira Popular de Santa
Uxía que formará parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación
da Coruña, así como do III Circuíto de Carreiras Populares da Mancomunidade de
Concellos de Arousa Norte.
A proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km aprox. na súa categoría absoluta.
As probas levaranse a cabo na localidade de Riveira e estarán baixo o control técnico do
Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo. As probas estarán suxeitas o
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta.
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Para a XXI Carreira Popular de Santa Uxía as categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2011, 2012, 2013
SUB 10 H/M anos 2009 e 2010
SUB 12 H/M anos 2007 e 2008
SUB 14 H/M anos 2005 e 2006
SUB 16 H/M anos 2003 e 2004
SUB 18 H/M anos 2001 e 2002
SUB 20 H/M anos 1999 e 2000
SUB 23 H/M anos 1996, 1997 e 1998
SENIOR H/M de 1995 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 40 anos
MASTER 2 H/M de 41 a 49 anos
MASTER 3 H/M de 50 a 59 anos
MASTER 4 H/M de 60 anos en diante
“SAPATILLA
INCLUSIVA”
Categoría única absoluta para persoas
con diversidade funcional
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

3. DISTANCIAS E HORARIOS
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIVEIRA (Paseo
marítimo).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17.00 h Sub 14 – Sub 16 2.500 metros aprox.
17.30 h Sub 12 1.000 m aprox.
17.40 h Sub 10 750 m aprox.
17.50 h Prebenxamín 400 m aprox.
18.00 h Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e
máster
10 km aprox.
(2 voltas)
18.00 h “Sapatilla Inclusiva” 5 km
(1 volta)
19.10 h Pitufo 100 m aprox.
19.30 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIONS
Os participantes na XXI Carreira Popular de Santa Uxía poderán realizar a súa inscrición na
web www.riveira.es e www.emesports.es, con data límite o xoves 27 de SETEMBRO ás
12.00 horas.
PREZOS DA INSCRICION
- CATEGORIAS BASE (ata sub 16 incluido): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (De sub 18 a máster): 6,00 €
- Nesta proba abrirase un segundo e prazo final de inscrición ao circuito de
carreiras populares Arousa Norte 2018.
I M P O R T A N T E: Non se permitirá a participación de ningún deportista que non
houbera realizado a inscrición previa. Non se realizarán inscricións o día da proba.
5. PREMIOS
Na XXI Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
a) 10 kilómetros:
1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
3º clasificado/a 90,00 euros + trofeo
 Trofeo ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
 Trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento.
 OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, a excepción dos primeiros
clasificados locais..
Ojo morado Categorías base:
 Trofeos para os tres primeiros clasificados/as das categorías sub 16, sub 14, sub
12 e sub 10.
 Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín, Nestas
dúas categorías non se realizará clasificación nin entrega de trofeos.
6. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba na zona do malecón, en caso de mal tempo trasladarase o
AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde, ata media hora antes do inicio de
cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na
parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu
dorsal será descalificado.
OS PARTICIPANTES NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE
2018 XA TERÁN O SEU DORSAL DE COMPETICIÓN CO CAL TERÁN QUE COMPETIR.
Poderán con él recoller o agasallo de organización.
7. DESCUALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro
da competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO
DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as ditas normas de
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
 A participación de atletas extranxeiros regularase segundo o artigo 3.4. do Regulamento
para as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de
pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas.
Dito artigo pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf
 Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A Fieiteira
ou Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso).
 Haberá servizo de gardarroupa.
 Haberá servizo de ambulancia, e seguro deportivo (licenza de día) para os participantes.
 Haberá sinalización dos puntos quilométricos.
 Haberá avituallamento intermedio líquido e líquido/sólido final.
 Aparcamento nas inmediacións da saída, na zona portuaria.
 Haberá sorteo de agasallos entre os corredores.
 A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.