Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 2
Visitantes: 90
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Andaina do Barbanza

29/04/2018 9:30 - 18:30
Regulamento Inscricións: www.andainas.com e www.arousa.com
Saída e chegada: Parque García Bayón - Ribeira
Distancia: 20 km.
Dificultade: Media
Custe inscrición: 7€
Avituallamentos: 3 (2 intermedios + meta)
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 22 de Abril

Un roteiro único, de dificultade media, que che levará por sendas, prados, ríos e montes, para rematar a carón do mar, na praia de Coroso de Ribiera. Si queres disfrutar dun evento deportivo multidisciplinar, con presencia de todo tipo de deportistas que teñen en común a súa paixón polo monte, a Andaina do Barbanza é a túa andaina.

O primeiro e o derradeiro kilómetro son de asfalto, a carón do mar, polo paseo marítimo de Coroso. Será o único asfalto que teñamos, que representa un 10% do total do recorrido.

En menos de dous km, estarás transitando pola Carballa, entre os restos dos seus muiños, e que che conducirán ao monte de San Alberte, donde ao abandonalo e despois de repoñer forzas no primeiro avituallamento tocará salvar a primeira das subidas: a das Lobeiras; necesario salvala para que te achegue ata a fervenza de San Amedio e as pozas que fai o rio Arlés no seu nacimento.

De alí saimos á falda do monte da Curota, e por ela transitamos -xa en baixada- ata o cruceiro de Moldes, donde o segundo avituallamento nos espera antes de continuar baixando de novo polo monte de San Alberto ata a Pedra das Cabras (petroglifo) e desembarcar novamente no paseo de Coroso

Recorrido de boa pegada, ainda que terá pequenos tramos que facerán que o sendeirista saque o mellor da súa condición física para afrontalos, pero que lles permitirán botar unha mirada atrás ao rematar para comprobar a beleza paisaxística do entorno polo que está pasando.

Bosques, prados, rio e unha espectacular fervenza agochada e alonxada dos roteiros habituais: vas a perderte todo esto?



2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy