Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 94
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Oroso

22/04/2018 10:00 - 13:00
Regulamento VI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO
Domingo 22 de abril de 2018
Sigüeiro - Oroso
A partir das 10:00 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada
proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. Esta carreira pertence ó
VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A inscrición da proba absoluta (de junior a veteráns) poderá realizarse nas webs
www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite:
mércores 19 de abril ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas
web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar
o formulario de inscrición (data límite: mércores 19 de abril ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o sábado 21 de abril de 10:00
a 14:00 ou de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas
locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse
no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos
antes de cada proba correspondente.
5.- PREMIOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e
feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os
participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría
absoluta masculina e feminina.
As cuantias son as seguintes:
1º Clasificado/a: 200 €
2º Clasificado/a: 100 €
3º Clasificado/a: 50 €
Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordó
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos
os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
12.- Categorías e horarios
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse,
á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na
carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF
en vigor.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy