Calendario
Info da proba

II trail Naturfest,ROIS

28/07/2018 10:00 - 13:00
Regulamento bos dias corremontes.

gardade o 28 de xullo para o que sera o II trail NATURFEST


aclarado o tema do nome,decideuse conservar o de Naturfest,pero nada ten que ver co ano pasado,seguimos medrando!!
estreamos novo emprazamento pegado a AC 301 (Padron-Noia).

https://www.google.es/maps/search/igrexa+rois/@42.7615668,-8.7078287,15.67z?hl=gl

o trazado sera un serrucho rompepernas de 14.5km con 800m positivos,no cal se comparte 1km do inicio o final.


contaremos cun avituallamento no km8 (marcado en rojo no perfil), e outro o rematar.

* tamen teremos unha camiñata que solo tocara o ultimo tramo do trail.
esta sera de uns 14km con 500m+ aproximadamente,con un avituallamento intermedio


-Recollida de dorsais: no lugar de inicio-fin da carreira dende as 8:30 ata as 9:30
·(seremos estrictos co orario de entrega de dorsais,posto que a xente se ten que desprazar os avituallamentos)

os prezos seran:

-Andaina 6 euros
-Trail 12 euros
-comida 15 euros
menu: Entremeses (empanada,embutido....) ,churrasco con patacas,postres,bebidas...

PREMIOS TRAIL:

-os tres primeiros-corredoras corredores absolutos-as.

-os tres primeiros corredores Senior. nados no 1979 ou posteriormente ( ata 39 anos )

-os tres primeiros veterans.nados no 1978 ou anteriormente. ( 40 anos ou mais)

-tres primeiras feminas Senior. nadas no 1979 ou posteriormente ( ata 39 anos )

-tres primeiras feminas veteranas. nadas no 1978 ou anteriormente. ( 40 anos ou mais)

-trofeo o mais veteran ou veterana que complete a proba no tempo establecido.

-trofeos non acumulativos!!!!

A TER EN CONTA:

-As inscricións realizaranse a través desta web ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.

-A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes do corredor, avituallamentos intermedio e final, servicio de ducha, asistencia sanitaria en carreira e trofeos.

-A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.

-A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.

-A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sin reservas (recoméndase a súa lectura).

-Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do plazo de cierre.


REGULAMENTO:

PERCORRIDO:

-O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terradebidamente sinalizado.

-A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.

-A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.

-Establécense un tempo máximo de 3:00 horas para a realización da proba . A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

PARTICIPANTES:

-Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

-Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.

-Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.

-Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.

-Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.

-Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.

-Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.

-A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).

-a organizacion non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

-A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.

-Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.

-Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.

-Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.