Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 94
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Ourense - Carreira do Vinteún

22/04/2018 12:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO VIII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DE OURENSE
CORRENDO POR OURENSE 2018
Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar
manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes
Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club
Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VIII Circuíto de Carreiras
Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello
de Ourense.
A Comisión Técnica está formada por:
• Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do
Vinteún.
• Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
• Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do
Centro.
• Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
• José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
• Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da
Carballeira.
• Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)
• Roberto Abad González (Coordinador do Consello Municipal de Deportes)
2 de 9
1. DATA E LUGAR
O Circuíto “Correndo por Ourense 2018” está integrado por 6 carreiras:
NÚM. DATA NOME
1ª DOMINGO
22/04/2018
CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO
26/05/2018
CARREIRA DO COUTO
(nocturna)
3ª DOMINGO
3 de 9
2. HORARIOS E PERCORRIDOS
CARREIRA DO
VINTEÚN
DOMINGO
22/04/2018
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Júnior,
Promesa, Senior e Máster
Saída: Rúa Madre Soledad, Avda. Santiago,
Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río
Cobas, Río Camba, Avda. Santiago, Rúa do
Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.
CARREIRA DO
COUTO
SÁBADO
26/05/2018
22,00h: Pitufos
22,05h: Benxamín, Alevín
22,15h: Infantil e Cadete
22,30h: Xuvenil, Júnior,
Promesa, Senior e Máster
Saída: Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges,
Remedios, rotonda cara Antonio Puga,
Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.
CARREIRA DE
CORPUS
DOMINGO
24/06/2018
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Júnior,
Promesa, Senior e Máster
Saída: Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII,
Progreso, Avda. de Pontevedra, Lamas
Carvajal, Paseo.
CARREIRA DA ZONA
UNIVERSITARIA
DOMINGO
09/09/2018
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Júnior,
Promesa, Senior e Máster
Pista de atletismo, Campus universitario
(sur-este), Casarellas, Bamio,Rabaza,
Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro,
Campus universitario (norte), Pista de
atletismo.
CARREIRA DA
PONTE
DOMINGO
30/09/2018
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Júnior,
Promesa, Senior e Máster
Saída: Francisca Herrera (12 de Octubre),
Avda. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e
volta), Avda. Caldas, J. Antonio Moretón,
Ribeiriño, Avda. Caldas, Mercado, Rosalía de
Castro, Vicente Risco (ata a rotonda e volta
ata a meta).
CARREIRA DA
CARBALLEIRA
DOMINGO
21/10/2018
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Júnior,
Promesa, Senior e Máster
Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo,
Paspallás, Salto do Can, Rula, Castelo
Ramiro, Praza da Lexión.
➢ Os percorridos por categorías están especificados na información gráfica do
Circuíto.
➢ Por necesidades organizativas e/ou de seguridade cidadá estes percorridos
poden ser modificados.
➢ Ao longo do percorrido, a Organización poderá establecer tantos controis como
estime oportunos.
➢ Establécese un tempo de corte (peche do circuíto) de 1 hora desde a saída dos
atletas
➢ É obrigatorio seguir a sinalización e as indicacións marcadas pola Organización.
➢ O avituallamento estará situado na meta.
4 de 9
3. PARTICIPANTES
As categorías son as seguintes:
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2011e posteriores
BENXAMÍN-sub10 Nados/as en 2009 e 2010
ALEVÍN-sub12 Nados/as en 2007 e 2008
INFANTIL-sub14 Nados/as en 2005 e 2006
CADETE-sub16 Nados/as en 2003 e 2004
XUVENIL-sub18 Nados/as en 2001 e 2002
JUNIOR-sub20 Nados/as en 1999 e 2000
PROMESA-sub23 Nados/as en 1996, 1997 e 1998
SENIOR Nados/as en 1995 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA
➢ Para que os Máster non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese á
data da primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.
➢ Poderán participar atletas federados e non federados.
➢ Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.
4. INSCRICIÓN
o As inscricións realizaranse na páxina web [www.deportesourense.com]
facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. É
imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes.
o O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comeza o día
14 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir
o luns seguinte a cada proba.
o Ó límite para as inscricións por equipos poderanse facer ata a data de peche da
segunda carreira.
o A inscrición no circuíto ten un custe de 7€ (6 carreiras) para as categorías júnior,
promesa, senior e máster. Para as demais categorías será gratuíta.
o Unha parte da inscrición irá destinada a axudar a un colectivo social. Os
participantes que así o desexen poderán facer unha aportación económica a un
colectivo social
o A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os atletas
inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para
5 de 9
todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio
levar o chip na zapatilla e o dorsal ben visible no peito.
o Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
o Para as categorías xuvenil, júnior, promesa, senior e máster é imprescindible
que teñan un chip amarelo de Championchip en propiedade (pódese adquirir no
procedemento de inscrición). Este chip xa queda en posesión do seu dono para
ser utilizado no Circuíto Correndo por Ourense e noutras carreiras que estean
cronometradas pola mesma empresa.
o No caso de que o corredor perda o chip propio deberá auto xestionar, a través de
Championchipnorte, a compra doutro chip para seguir participando no Circuíto.
o As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete poden ter un chip en
propiedade (sempre que teñan DNI) seguindo o procedemento das categorías
superiores ou ben, poden usar o chip de préstamo que proporciona
gratuitamente a Organización. Neste último caso, no procedemento de inscrición,
deberá chequear a casiña que indica a anulación do pago do chip en
propiedade.
o O chip de préstamo (válido para todas a carreiras desta edición do circuíto)
recollerase para a primeira carreira na que se participe e, obrigatoriamente, terá
que devolvelo na última carreira do Circuíto, na última carreira na que participe
ou, por circunstancias particulares, nas oficinas do Consello Municipal de
Deportes de Ourense (CMD), no Pavillón de Deportes dos Remedios, sita na
Avda. Pardo de cela, nº 2, Ourense.
o Na categoría de pitufos corren sen chip.
o Ó finalizar o Correndo por Ourense 2018 os corredores que adquiriron o chip
neste Circuíto:
• Poden devolvelo chip nas oficinas do CMD, no Pavillón dos Remedios no
prazo de 15 días a partires do luns seguinte á última carreira do Circuíto
2018. Ao remate deste prazo os corredores que devolveron o chip
recuperarán 6€ que lle serán devoltos na propia tarxeta coa que se fixo o
pago a través tamén da “pasarela de pago” de Championchipnorte.
• Poden quedar co chip para futuras edicións do Circuíto ou resto de
carreiras controladas por Championchipnorte.
EN NINGÚN CASO SE PODERÁ DEVOLVER UN CHIP QUE NON FOI ADQUIRIDO
NESTE CIRCUÍTO
6 de 9
o A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas,
rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 142/2016: “Reglamento de
Competiciones de Campo a Través, Pista (AL/PC), Marcha, Ruta, Montaña y Trail
para la temporada 2016-2017”.
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2016621123621.pdf
Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba,
proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descualificados.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA,
rexeitará a inscrición dos corredores federados doutras federacións autonómicas
que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito
autonómico.
o A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 21 de abril
de 2018 no Pavillón dos Remedios de 10:00h. a 20:00h. Con carácter
extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que
participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira
proba.
o O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado
por procedementos automatizados.
o Gravarase a chegada para salientar calquera reclamación.
o Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente
Regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes,
fotografías e/ou vídeos do evento.
5. CLASIFICACIÓN E PREMIOS
o A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na
clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que
teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
o Todos os que estén na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán
un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo. Na
clasificación absoluta haberá 2 modalidades:
Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
7 de 9
Clasificación Equipos mixtos dobres parellas: grupos integrados por 2 homes
e 2 mulleres. Sumaranse os postos dos 4 integrantes e gañará o equipo que
menos puntos sume en total.
o Recibirán Trofeos ó 1º, 2º e 3º equipo clasificado.
o Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente
o ano de nacemento dos atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.
o A entrega de trofeos (19 h.) e agasallos (de 10 a 20 h.) terá lugar o sábado 17
de novembro de 2018 no recinto feiral de Expourense, no Sportur 2018 (Salón
do Deporte e Turismo activo). En caso de cambio de lugar será comunicado aos
atletas con antelación suficiente.
o Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un
agasallo en cada carreira. Nesta carreira faranse varias quendas de saída, a
criterio da Organización, para un mellor desenvolvemento da chegada á meta, a
entrega de medallas e a seguridade dos cativos. Faranse tantas quendas como
sexa necesario para axilizar a chegada á meta e a entrega de medallas aos
cativos.
o Un corredor non poderá inscribirse en máis dun equipo.
o Os integrantes dos equipos tamén optan á Clasificación Xeral Individual.
o Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán a
disposición dos corredores na sede do organizador ata 8 días despois. A partir
desa data enténdese que se renuncia a eles.
o No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral,
resultando gañador o que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será
o Comisión Técnica do Correndo por Ourense quen decida o criterio para
resolvelo.
6. RESPONSABILIDADE
o É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes.
o Todos os inscritos participan voluntariamente baixo a súa responsabilidade e
admiten gozar dun nivel de condición física suficiente para afrontar esta carreira.
o A Organización:
• Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero
declina toda responsabilidade en caso de padecemento latente, accidente
por abandono do itinerario establecido ou neglixencia do participante.
8 de 9
• Contará con servizos médicos a disposición dos corredores e coa
colaboración da Policía Local de Ourense e de Protección Civil nos puntos
máis estratéxicos do percorrido.
• Recoméndalle aos participantes someterse a un recoñecemento médico
previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade
física.
• Non se fai responsable dos obxectos de cada participante, pero disporá no
Pavillón dos Remedios de taquillas suficientes para quen as precise, tendo
en conta que para o seu uso é necesario traer un cadeado.
• Porá a disposición de todos os participantes duchas e servizos de aseo.
• Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes desta proba.
• Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición
defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.
7. DESCUALIFICACIÓN
o Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non seguir a sinalización específica da carreira (vallas, cintas...) ou as
directrices do persoal que intervén na Organización, que irá debidamente
identificado.
• Non completar todo o percorrido ou non pasar os controis.
• Non levar dorsal ou manipulalo.
• Falsificar datos persoais, ou a suplantación da identidade.
• Utilizar vehículos de axuda ou mesmo bicicletas, patíns, carriños de bebé
e/ou similares.
• Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na
proba ou inscritos noutras categorías.
• A utilización de reprodutores de música con auriculares. A Organización
prohíbeo pola seguridade dos propios participantes nas carreiras.
• Cando continuar a participación supoña un risco para a súa propia
seguridade, para outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.
• Que os corredores se atopen no interior do percorrido da carreira,
sempre e cando supoña un risco real para os participantes que están
competindo.
• Calquera outra circunstancia non prevista no presente Regulamento pero
que a Organización considere que é motivo de descualificación.
9 de 9
8. RECLAMACIÓNS
o As reclamacións deberán ser feitas ao xuíz árbitro ata 30 minutos despois da
publicación oficial dos resultados.
o Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
O presente Regulamento pode ser modificado para a súa mellora por parte da
Organización.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy