Calendario
Info da proba

Lousame

04/11/2018 10:15 - 13:15
Regulamento - REGULAMENTO:
O Concello de Lousame organiza a IV CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO
SENRA” LOUSAME 2018 que se celebrará o domingo, 4 de novembro, na localidade de
Portobravo, no entorno da praza D. Teodomiro Hidalgo.
A proba en categoría absoluta disputarase sobre una distancia de 2 voltas de 5
kms ( 10 Kms ) e poderán participar atletas federados e non federados.
As categorías de participación e distancias a percorrer na IV CARREIRA POPULAR “PILAR
BARREIRO SENRA” LOUSAME 2018 serán as seguintes:
CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO
CHUPETE Atletas nados no ano 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2011, 2012 e 2013
BENXAMÍN Atletas nados no ano 2009 e 2010
ALEVÍN Atletas nados no ano 2007 e 2008
INFANTIL Atletas nados no ano 2005 e 2006
CADETE Atletas nados no ano 2003 e 2004
XUVENIL Atletas nados no ano 2001 e 2002
JUNIOR Atletas nados no ano 1999 e 2000
PROMESA Atletas nados no ano 1996, 1997 e 1998
SÉNIOR Atletas nados entre os anos 1984 e 1995
VETERANOS A Atletas nados entre os anos 1973 e 1983
VETERANOS B Atletas nados entre os anos 1963 e 1972
VETERANOS C Atletas nados no ano 1962 e anteriores
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
9:00 h RECOLLIDA DE DORSAIS NA PRAZA D. TEODOMIRO HIDALGO
10:15. INFANTIL /CADETE 1.800 m aprox.
10:40 h. ALEVÍN 1.000 m aprox.
11:00 h. BENXAMÍN 500 m aprox.
11:10 h. PREBENXAMÍN 200 m aprox.
11:20 h. CHUPETE 50 m aprox.
11:45 h. XUVENIL ( 1 volta ) 5 Km
JUNIOR/PROMESA 10 Km
SÉNIOR E VETERÁN 10 K ou 5 K
( según inscrición )
13:20 h. ENTREGA DE PREMIOS NA PRAZA D. TEODOMIRO HIDALGO
 Inscricións:
As inscricións centralizaranse na páxina web www.emesports.es, sendo a data
límite para inscrición o xoves 1 de novembro de 2018 ás 23:59 h.
Os/as participantes, co feito de inscribirse, admiten estar en perfectas
condicións para a práctica deportiva. Así mesmo, autorizan á organización, ó uso de
imaxes da súa persoa, nas plataformas de difusión utilizadas polo concello de
Lousame.
 Prezo:
O importe da inscrición é de 6 € para a categoría absoluta e totalmente gratuita
para categoría de menores, que dá dereito a participar na actividade, seguros,
avituallamentos, duchas e agasallos conmemorativos.
 Dorsais:
A recollida de dorsais levarase a cabo o mesmo día da proba, a partir das 9:00 h., na
Praza D. Teodomiro Hidalgo ( praza do concello ). É imprescindible presentar o D.N.I.
ou documento acreditativo ( licenza, permiso de condución, ….) para a recollida do
dorsal.
Está completamente prohibido participar na carreira cun dorsal doutra persoa. A
organización non se fará responsable dese corredor/a, e no caso de apreciar esa
neglixencia, será expulsado, do circuito da carreira, inmediatamente.
 Sinalización e controis:
Estarán sinalizados os puntos kilométricos ó longo da carreira, así coma tódolos
servizos a disposición do/a atleta ( gardaroupa, aseos, avituallamentos, duchas, ….).
A carreira estará controlada ao longo do percorrido a través dun chip que se entregará
a cada corredor/a e que deberá entrelazar no cordón dunha das súas zapatillas antes
da saída. Ó remate da proba, devolverá o chip na zona habilitada para a súa recollida.
Todo corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal o usen o seu chip, será
automáticamente descalificado/a.
 Avituallamentos:
Ó remate de cada proba na praza de D. Teodomiro Hidalgo e no kilómetro 5 da
carreira en categoría absoluta.
 Recordos:
Os participantes serán agasallados cunha camiseta conmemorativa da
actividade.
 Duchas:
Ó longo da mañá, os/as atletas terán a súa disposición o servizo de duchas, no
Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, situado a 2 kms da meta. ( estará
perfectamente sinalizado )
 TROFEOS
CATEGORÍAS TROFEOS
CHUPETE
MEDALLAS PARA
TÓDOLOS/AS
PARTICIPANTES
PREBENXAMÍN
BENXAMÍN
ALEVÍN
INFANTIL
CADETE
10k 5 k
XUVENIL MASC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3 PRIMEIROS/AS
CLASIFICADOS/AS
JUNIOR MASC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3 PRIMEIROS/AS
CLASIFICADOS/AS
PROMESA MASC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3 PRIMEIROS/AS
CLASIFICADOS/AS
CLASIFICACIÓN XERAL TROFEOS ÓS/ÁS 3 PRIMEIROS/AS
CLASIFICADOS/AS
TROFEOS ÓS/ÁS 3 PRIMEIROS/AS
ATLETAS DA CLASIFICACIÓN XERAL
5K
( CATEGORÍA ÚNICA )
SÉNIOR MASC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS
VETERANOS A MASC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS
VETERANOS B MASC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS
VETERANOS C MAC./FEM. TROFEOS ÓS/ÁS 3
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS
ATLETAS LOCAIS TROFEOS ÓS/ÁS 3
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS
TROFEOS ÓS/ÁS 3 PRIMEIROS/AS
CLASIFICADOS/AS
CLUB MÁIS NUMEROSO EN
PARTICIPANTES TOTAIS
( TÓDALAS CATEGORÍAS )
TROFEO
OS TROFEOS SERÁN ACUMULATIVOS
 Cambios e suspensión:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.
 Responsabilidade:
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade,
sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos
circuitos delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos
personais que poidan extraviarse ou danarse.