Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 73
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Carballo

07/04/2018 20:00 - 22:00
Regulamento IVª CARREIRA POPULAR POR PARELLAS
“DE DOUS EN DOUS”
07/04/2018 DE CARBALLO
O Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello de Carballo organiza a IVª Carreira
Popular por parellas “DE DOUS EN DOUS” que se celebrará o vindeiro 7 de abril do 2018. Esta proba,
terá un carácter solidario á favor dos máis desfavorecidos e será nocturna. Proba oficial da F.G.A.
CIRCUITOS:
Terá unha distancia aproximada de 5.000 m. non homologada nun circuito urbano de 1.000 m. A
saída de tódalas probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor.
As rúas polas que discurrirán as probas serán:
CATEGORÍA PITUFO: Gran Vía, desde rúa Pintor Urbano Lugrís ata a meta.
CATEGORÍA SUB 10: Gran Vía, xiro á esquerda por Rosalía de Castro, xiro á esquerda por Valle Inclán,
continúan por rúa Colón, xiro á esquerda por Desiderio Varela ata chegar ó punto de inicio e pase por
meta en Gran Vía.
CATEGORÍAS SUB, 12, 14, 16 E ABSOLUTOS: Gran Vía, xiro á esquerda por Dr. Fleming, xiro á
esquerda por Valle Inclán, continúan por rúa Colón, xiro á esquerda por Desiderio Varela ata chegar ó
punto de inicio e pase por meta en Gran Vía.
INSCRIPCIÓNS:
1º.- Faranse a través de http://www.carballo.gal/ e http://www.carreirasgalegas.com/
2º.- As inscripcións cerraranse unha semana antes da proba e haberá un tope de 600 corredores.
3º.- Serán gratuitas para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar
un litro ou kilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene infantil ó recoller o dorsal,
en beneficio de Cruz Roja e Cáritas.
4º.- A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do
Concello de Carballo a partir das 16:00 h. do día da carreira.
PARTICIPANTES CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
1º.- As persoas con diversidade funcional poderanse rexistrar nunha distancia inmediatamente
inferior da idade correspondente, se o xulgan oportuno.
2º.- Os participantes con diversidade funcional poderán ir acompañados ou utilizar os
instrumentos necesarios para o seu desprazamento durante todo o percorrido na forma que
decidan máis convinte.
3º.- As persoas con diversidade funcional terán unha “INCLUSIÓN TOTAL”, polo que non terán
clasificacións aparte.
4º.- Segundo sexan os seus instrumentos de desprazamento, poderán tomar saída diante do
pelotón caso das handbike por ser rápidas ou ó final do mesmo, participando cunha cadeira de
rodas por poder ser mais lenta.
En calquera dos casos serán dispostos polo responsable do circuito.
REGULAMENTO:
1º.- Os corredores de tódalas categorías levarán ben visible o dorsal no peito, e na categoría de
adultos disporán de un chip por equipo.
2º.- Para os adultos, haberá unha alfombra contavoltas pola que terán que pasar para non ser
descalificados.
Nas categorías de adultos, infantís e cadetes terán que correr por parellas femininas, masculinas
ou mixtas atadas por unha cinta no pulso que se entregará xunto co dorsal, nas outras
categorías inferiores, poderán correr de forma individual.
Na categoría absoluta haberá unha clasificación para as parellas que sumen 100 anos ou máis
entre os dous integrantes do equipo.
3º.- Na proba absoluta, o percorrido quedará aberto ao tránsito de vehículos 30 min. despois de entrar en
meta o primeiro corredor.
4º.- Nas demais categorías inferiores, pecharase o circuito ao paso do vehículo de Protección Civil e
incluirá unha revisión do percorrido por parte das autoridades, minutos antes do comenzo da seguinte
proba.
5º.- As reclamacións deberán ser presentadas aos xuices árbitros non máis tarde de 30 min. despois da
publicación dos resultados.
6º.- Todo o non disposto na presente normativa, rexerase polas normas de competición da F.G.A. e a
R.F.E.A da presente tempada.
7º.- Tódolos corredores que participen na proba, aceptarán o regulamento e serán responsables dos
danos que provoquen durante a mesma.
8º.- Tódolos corredores estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil, excluidos os casos
derivados de padecemento previo, imprudencia ou neglixencia. Quedarán excluidos os casos por
accidentes “in itínere”. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos. Non se permitirá a
entrada a ningún vehículo no percorrido alleo á organización.
9º.- A organización disporá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA durante tódalas probas. Poderán
asimesmo retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico.
10º.- Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estríctamente o presente regulamento e
calquera posible modificación. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin estará amparada polos seguros da proba.
HORARIOS, CATEGORÍAS E DISTANCIAS E TOPE DE INSCRITOS:
19:45 PITUFO 2011 e posteriores 150 m.
19:55 SUB 10 2010-2009 800 m.
20:05 SUB 12 2008-2007 1000 m.
20:15 SUB 14 POR PARELLAS:
-Equipos masculinos
-Equipos femininos
-Equipos mixtos
2006-2005 2000 m.
20:30 SUB 16 POR PARELLAS:
-Equipos masculinos
-Equipos femininos
-Equipos mixtos
2004-2003 3000 m.
21:00 POR PARELLAS:
-Equipos masculinos
-Equipos femininos
-Equipos mixtos
-Equipos masculinos,femininos
ou mixtos que superen os 100
anos entre os dous.
2002 e anteriores 5000 m.
O tope de inscritos será de 600 corredores entre todas as categorías.
PREMIOS:
-Categoría Pitufo: terán medalla tódolos participantes.
-Categoría Sub 10 feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e
medallas para tódolos participantes.
-Categoría Sub 12 feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e
medallas para tódolos participantes.
-Categoría Sub 14 por parellas: medallas para tódolos participantes.
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
-Categoría Sub 16 por parellas:
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
- Absoluta por parellas:
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os
100 anos entre os dous.
- Non haberá clasificación para persoas con diversidade funcional. Haberá “INCLUSIÓN TOTAL”


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy