Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 5
Visitantes: 83
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Santiago

08/04/2018 12:00 - 14:00
Regulamento I MILLA URBANA “PORTAS DE COMPOSTELA”
CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA E DE 1 KM EN RUTA
2018
A Federación Gallega de Atletismo e o Clube Atletismo Santiago organizan, co patrocinio do Concello
de Santiago de Compostela, a I Milla Urbana “PORTAS DE COMPOSTELA” que terá lugar o
vindeiro domingo 8 de abril do 2018, a partir de las 10:00 horas da mañán, na Praza de Galicia de
Santiago de Compostela, sendo a mesma Campionato de Galicia de Milla en Ruta absoluto e das
categorías sub 18, sub 20, sub 23 e de máster, e Campionato de Galicia de 1 km en ruta das
categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 da tempada 2017 / 2018.
Paralelamente celebraranse carreiras populares nas mencionadas distancias. As probas rexiranse polo
seguinte:
REGLAMENTO
1. PARTICIPANTES
Poderán participar atletas federados e non federados. Nas probas de menores de 1 km haberá
unha clasificación conxunta da proba. A maiores haberá as probas do Campionato de Galicia de
Milla en Ruta e unha milla popular absoluta e de categoría máster.
2. CATEGORÍAS DA MILLA POPULAR
CATEGORIA ANOS SEXO
PREB-SUB 2011-2012 H / M
BENXAMÍN – SUB 10 2009-2010 H / M
ALEV - SUB 12 2007-2008 H / M
INF – SUB 14 2005-2006 H / M
CAD – SUB 16 2003-2004 H / M
AFECCIONADO/A De 2002 ate máster H / M
MASTER 1 De 35 a 45 anos H / M
MASTER 2 De 46 anos en adiante H / M
AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA REXIRANSE POLO RECOLLIDO NA CIRCULAR DO
CAMPIONATO
3. INSCRIPCIÓNS, PRAZO e PREZO
CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA e DE 1 KM EN RUTA: a través da plataforma
https://isis.rfea.es/sirfea2/ ate o martes anterior á proba ás 20:00 horas.
MILLA POPULAR e CATEGORÍAS MENORES NON FEDERADAS: a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com e ate o mércores anterior á probas ás 23:59 horas.
PREZOS
• MILLAS POPULARES MASCULINA e FEMENINA 4,00 €
• ESCOLARES e CAMPIONATOS DE GALICIA GRATUITA
4. HORARIOS (a criterio do xuiz árbitro poderá modificarse o horario das probas)
HORA DISTANCIA PROBA
10:00 h 350 m Categoría Prebenxamín (2011-2012)
10:10 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 10 masculino e popular (2009-2010)
10:20 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 10 feminino e popular (2009-2010)
10:30 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 12 masculino e popular (2007-2008)
10:40 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 12 feminino e popular (2007-2008)
10:50 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 14 masculino e popular (2005-2006)
11:00 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 14 feminino e popular (2005-2006)
11:10 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 16 masculino e popular (2003-2004)
11:20 h 1 km Campionato de Galicia 1km sub 16 feminino e popular (2003-2004)
11:30 h ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE 1 KM EN RUTA E POPULAR ESCOLAR
12:00 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster feminino (W 35 e superior)
12:10 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster masculino (M35-M40)
12:20 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster feminino (M-45 e superior)
12:30 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster masculino (W-45 e superior)
12:40 h 1,609 km Milla popular feminina (2002 ata máster)
12:50 h 1,609 km Milla popular masculina (2002 ata máster)
13:00 h 1,609 km Milla popular máster feminina (máster 1 e 2)
13:15 h 1,609 km Milla popular máster masculina (máster 1 e 2)
13:30 h 1,609 km Campionato de Galicia Absoluto de Milla feminino (2002 e anteriores)
13:45 h 1,609 km Campionato de Galicia Absoluto de Milla masculino (2002 e anteriores)
14:00 h ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA E PROBA POPULAR
*En cor vermello as probas populares. Os escolares das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 participarán
na mesma proba que o Campionato de Galicia de 1 km en ruta.
* Calquera atleta de categoría máster poderá correr a milla absoluta do Campionato renunciando deste xeito a
correr na súa categoría máster.
5. PREMIOS
✓ Medallas os 3 primeiros/as clasificados/as da milla popular masculina e femenina absoluta e
máster 1 e 2.
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada campionato de Galicia segundo o
establecido na circular do campionato.
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as populares das probas de sub 10 a sub 16.
6. DUCHAS e VESTIARIOS
INDICARASE NOS DÍAS ANTERIORES Á PROBA
7. ENTREGA DE DORSAIS
Realizarase no lugar de saída das probas (Praza de Galicia) ate 30’ antes do inicio de cada proba
en cuestión.
8. CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Todo o non recollido no presente regulamento rexirase polo regulamento da FGA e RFEA en
vigor para probas en ruta.
Circular dos Campionatos de Galicia na web http://www.atletismo.gal
9. NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscripción o corredor consiente expresamente que os seus datos básicos sean cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día e ranking popular de probas de ruta.
En todo caso e tal e como establece a ley de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os sus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.
Todo participantes polo xeito de inscribirse permite que as imaxes, videos e entrevistas
realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse,
á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e
polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy