Calendario
Info da proba

# GMTA 3 - Galiñeiro

30/09/2018 9:30 - 15:30
Regulamento # GMTA 3: VIII Trail Serra do Galiñeiro

O VIII Trail Serra do Galiñeiro é outra das probas que nunca fallou nos sete anos que se leva celebrando o circuito GMTA, e promete seguir danto moitas alegrías aos afeccionados ao "trail puro e duro" característico do noso circuito.

Trátase dunha proba cun percorrido que nalgunha ocasión se ten desdoblado en dúas probas e que se caracteriza polas duras e técnicas subidas ó cumio da Serra do Galiñeiro, un cresteo noroeste sueste por toda a serra, algunhas baixadas poderosas e un perfil que non da tregua ó corredor.

As inscricións estarán abertas na web de PROZIS dende o día 16/7/2018 ata o 23/9/2018.

Na edición de 2018 volve a contar con dúas distancias, aínda por definir no seu pormenor, que farán as delicias dos afeccionados. O trail longo mantén a súa distancia, e terá 22 km e o trail curto 15,5 km.

Este ano a proba partirá do centro de Gondomar, así que unha boa subida para comezar e unha boa baixada para rematar serán as grandes novidades.

Outra das características é a fermosa paisaxe que rodea ós participantes e as marabillosas vistas da Ria de Vigo e da Baía de Baiona.