Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 77
Robots: 2
Plantilla: 1
Calendario

Info da proba

Monforte

29/04/2018 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO X CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE MONFORTE – 2018
Primeira.- A Concellería de Deportes do Concello de Monforte de Lemos organiza a décima edición da Carreira
Popular que terá lugar o 29 de abril de 2018.
Segunda.- Establécense as seguintes categorías de participación tanto masculina como feminina.
 CATEGORÍAS MENORES:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría mini nados/as no ano 2014 e posteriores
Categoría A nados/as entre o ano 2011 e 2013
Categoría B nados/as entre o ano 2009 e 2010
Categoría C nados/as entre o ano 2007 e 2008
Categoría D nados/as entre o ano 2005 e 2006
Categoría E nados/as entre o ano 2003 e 2004
 CARREIRA ABSOLUTA:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría F nados/as entre o ano 2001 e 2002
Categoría G nados/as entre o ano 1999 e 2000
Categoría H nados/as entre o ano 1984 e 1998
Categoría I nados/as entre o ano 1979 e 1983
Categoría J nados/as entre o ano 1974 e 1978
Categoría K nados/as entre o ano 1969 e 1973
Categoría L nados/as entre o ano 1959 e 1968
Categoría M nados/as entre o ano 1958 e anteriores
Terceira.- Inscrición
A inscrición é gratuita en tódalas categorías.
As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores, faranse a través da
plataforma on-line www.championchipnorte.com
Os escolares de Monforte poderán facer a súa inscrición, preferentemente, a través do seu centro educativo.
O peche das inscricións será o seguinte:
 Inscricións colectivas para colexos de Monforte: peche de inscricións o venres 20 de abril
 Inscricións individuais e resto de grupos: peche de inscricións o xoves 26 de abril
Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fora de prazo.
X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 29 DE ABRIL DE 2018
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
Na Oficina Municipal de Deportes
X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 29 DE ABRIL DE 2018
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
 Clasificacións individuais carreira absoluta e categorías menores:
 Clasificación xeral absoluta masculina e feminina.
 Clasificación por categorías masculina e feminina, excepto na carreira de categoría mini na que non
hai clasificacións.
 Clasificacións por equipos carreira absoluta: todos/as aqueles/as participantes que o desexen poderán
conformar un equipo que obrigatoriamente será mixto (50 % homes e 50 % mulleres) e que estará composto
pon un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (3 homes e
tres mulleres).
Para a clasificación se terá en conta o tempo empregado polos dous primeiros homes e dúas primeiras
mulleres clasificados/as de cada equipo.
Os equipos poderanse constituír a través da plataforma Championchip.
A data límite para a constitución dos equipos é o xoves 26 de abril.
Novena.- Percorrido
A saída e a meta de tódalas carreiras será na Compañía.
 Carreira Absoluta: consiste en percorrer unha distancia de 7 Km. dando dúas voltas a un circuito de 3.500
mts.
 Categorías Menores:
 Categoría mini: percorrido de 80 mts.
 Categorías A e B: percorrido de 700 mts.
 Categoría C: percorrido de 1.300 mts.
 Categoría D e E: 2.000 mts.
Décima.- Entrega de dorsais e chips:
 CARREIRAS DE MENORES:
 Entrega de dorsais a colexos de Monforte: os centros educativos de Monforte que realicen
inscrición colectiva recibirán os seus dorsais e chips por adiantado co fin de facilitar o reparto dos
mesmos. O Concello fará entrega dos dorsais á persoa que o centro educativo designe para tal
efecto e que será a responsable de entregar o dorsal a cada un/unha dos/as atletas inscritos/as do
centro.
 Entrega de dorsais para inscricións individuais e resto de grupos: os/as atletas inscritos/as de
xeito individual en algunha das categorías de menores poderán recoller o seu dorsal e chip o día da
proba na carpa de organización sita na Explanada da Compañía, entre as 9:00 e as 10:30 h.
 CARREIRA ABSOLUTA: os/as atletas inscritos/as na carreira absoluta poderán recoller o dorsal e o chip de
cronometraxe o día da proba na carpa de organización sita na Explanada da Compañía, entre as 9:00 e as
11:15 h.
Décimo primeira.- Horario das careiras:
 Carreira categoría mini: 11:00 h.
 Carreira categorías A: 11:05 h.
 Carreira categoría B: 11:15
 Carreira categoría C: 11:25
 Carreira categorías D e E: 11:35 h.
 Carreira Absoluta: 12:00 h.
X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 29 DE ABRIL DE 2018
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
Décimo segunda.- Premios:
 Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós tres primeiros clasificados de cada unha das
categorías establecidas no artigo segundo, excepto na categoría mini na que todos/as os/as atletas
participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e un agasallo.
 Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta, tanto en categoría
masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico segundo as seguintes cantidades:
 1º clasificado: 300 €
 1ª clasificada: 300 €
 2º clasificado: 200 €
 2ª clasificada: 200 €
 3º clasificado: 100 €
 3ª clasificada: 100 €
Para cobrar os premios económicos será obrigatorio asistir en persoa á entrega de premios e recoller os
trofeos correspondentes.
 Premios especiais da carreira absoluta: establécense premios especiais para os/as 3 primeiros/as
clasificados/as locais (empadroados en Monforte) tanto en categoría masculina como feminina.
 1º clasificado: Trofeo + agasallo
 1ª clasificada: Trofeo + agasallo
 2º clasificado: Trofeo + agasallo
 2ª clasificada: Trofeo + agasallo
 3º clasificado: Trofeo + agasallo
 3ª clasificada: Trofeo + agasallo
 Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados
 Premio para o centro educativos máis numeroso: o centro educativo con maior número de participantes,
recibirá trofeo. Para establecer o centro educativo máis numeroso se terá en conta o número de deportistas
inscritos a través do centro educativo que crucen a liña de meta o día da proba.
Todos os premios son acumulables.
Décimo terceira.- Reclamacións
Dado o espírito deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a
aceptación do regulamento da proba.
Décimo cuarta.- Responsabilidade.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou
a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras por imprudencias ou neglixencias dos mesmos.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cubrirá as incidencias inherentes á
proba.
Décimo quinta.- Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Décimo sexta.- Utilización de medios físicos naturais
Os participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo.
Do mesmo xeito non está permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A
non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 29 DE ABRIL DE 2018
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
Décimo séptima.- Cambios no regulamento
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada
neste regulamento.
Décimo oitava.- a inscrición en calquera categoría do evento implica a autorización á posible difusión dos
documentos visuais que se recollan durante a realización da actividade. Documentos a utilizar polo Concello de
Monforte na súa páxina web, na elaboración de carteis, folletos ou calquera outra posible edición municipal.
Décimo novena.- O aboamento dos premios económicos ós vencedores será tramitado polo Concello de Monforte,
que designará ó Técnico Municipal de Deportes para levar a cabo a xestión e levantar acta dos resultados da
carreira. Os premios aboaranse en metálico ós vencedores unha vez rematado o evento .


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy