Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 80
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Friol

22/04/2018 11:15 - 13:15
Regulamento VI CARREIRA POPULAR
Concello de Friol
DOMINGO 22 DE ABRIL DE 2018
ÁS 11:15
REGULAMENTO


REGULAMENTO DA PROBA

_ A VI Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI
Dr. López Suárez e o Concello de Friol
_ Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.
_ Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos
atletas acompañados.
_ O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modif
_ Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu
nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na
internet.
_ Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
_ A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
_ A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas
carreiras.
_ A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
CARREIRAS DE MENORES


Disputaranse a partir das 11:15 da maña no entorno da Colexio da localidade de
Friol . As categorías, as distancias e os horarios de cada un deles son as
seguintes:
Categoría Pitufos: 2013 e posteriores 100 metros 11:15
Categoría Prebenxamín: 2011/2012 300 metros 11:20
Categoría Sub 10: 2009/2010 700 metros 11:25
Categoría Sub 12: 2007/2008 1400 metros 11:30
Categoría Sub 14: 2005/2006 1400 metros 11:40
CATEGORÍA ABSOLUTA

Disputarase a partir de las 12:00 da maña no entorno do Colexio da localidade de
Friol sobre un circuito de 5 Km.
As categorías, tanto no apartado masculino como femenino, son as seguintes:
Categoría Sub 16: 2003/2004
Categoría Sub 18: nacidos no 2001/2002
Categoría Sub 20/Sub 23: nacidos nos anos 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000
Categoría C: nacidos entre os anos 1995 e 1984
Categoría D: nacidos entre os anos 1983 e 1979
Categoría E: nacidos entre os anos 1978 e 1974
Categoría F: nacidos entre os anos 1973 e 1969
Categoría G: nacidos entre os anos 1968 e 1964
Categoría H: nacidos entre os anos 1963 e 1959
Categoría I: nacidos entre os anos 1958 e 1954
Categoría J: nacidos no ano 1953 e anteriores
Na carreira absoluta tamén se establecerá unha clasificación por equipos, tanto no
apartado masculino como no femenino. A puntuación se realizará pola suma dos
tiempos dos catro primeros integrantes do equipo.

INSCRICIÓNS:

Categorías de menores: Farase a inscripción das categorías de menores a través de
dúas formas:
Na web www.championchipnorte.com
Na web do Concello www.concellodefriol.es indicando Nome, apelidos, data de
nacemento, sexo e club se pertenecese a algún.

Carreira Absoluta: Inscripcións on-line na páxina: www.championchipnorte.com No
caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRARTE” e
seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes en
www.championchipnorte.com
A inscripción da carreira terá un coste de 3 € para os propietarios de chip amarelo de
championchip + 1 € de aluguer para os non propietarios
Non se devolverá o importe de inscrición en ninguna circunstancia
A inscrición para as categorías sub 16 e sub 18 será gratuita

PREMIOS

Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo
conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos, que non será competitiva.
Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla
conmemorativa do evento

Carrera Absoluta: Trofeos os tres primeros clasificados de cada categoría. Os tres
primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un producto típico da
zona
Os tres primeiros equipos da categoría masculina e da categoría femenina levarán un
trofeo
A todos os participantes se lles entregará una camiseta conmemorativa da carreira
PERCORRIDO:
A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na
Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a
gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación
de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca
Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o
mesmo para entrar en meta.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (22 de Abril) na
carpa da organización sita diante do Colexio de Friol de 9:30 a 11:00.


INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
_ Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do
propio Centro Educativo
_ Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas
instalacións polideportivas do propio Colexio

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com e na páxina web do Concello de Friol.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy