Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 75
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Santiago - Santyago10K

28/04/2018 22:00 - 23:30
Regulamento REGULAMENTO
ART. 1: Data e hora
O Club Atletismo Fontes do Sar e o Departamento Municipal de Deportes del Concello de Santiago
coorganizan, coa colaboración especial do Multiusos Fontes do Sar - Complexo Deportivo Santa Isabel,
e o control técnico do comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo:
A 4ª carreira nocturna SANTYAGO10K sobre unha distancia homologada de 10km en ruta, que se levará
a cabo o vindeiro sábado 28 de Abril de 2018 e que dará comezo ás 22:00 horas.
ART. 2: Circuíto
O circuíto foi medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e discorrerá
polo casco urbano da cidade de Santiago de Compostela.
O circuíto será pechado ó tráfico e será acotado con valados e outros elementos nos tramos que non
exista unha delimitación natural. Será obrigatorio para os participantes correr sempre dentro da zona
acotada, estando prohibido o paso por beirarrúas, setos centrais e zonas axardinadas, se non se indica o
contrario. O incumprimento desta norma, ou recortar distancia sobre o trazado oficial, poderá supoñer
a descalificación do infractor
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os oficialmente sinalados pola organización.
ART. 3: Control técnico
A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 4: Peche de control
O peche da proba realizarase unha hora despois do tempo empregado polo primeiro atleta en cruzar a
liña de meta (aproximadamente 1 hora e 30 minutos despois da saída)
ART. 5: Inscricións
A inscrición realizarase a través da pasarela de pago insertada na páxina web oficial do evento:
http://www.santyago10k.es, operativa ata as 23:59 horas do domingo 22 de Abril.
O pago realizarase polas seguintes maneiras ou formas:
a) De forma on-line, por medio de tarxeta de débito/crédito, a continuación do propio proceso de
rexistro.
Ojo morado Habilitarase unha opción de pago presencial, presentando o xustificante de inscrición na
recepción do Multiusos Fontes do Sar (rúa Diego Bernal s/n, Santiago de Compostela) ou no
Complexo Deportivo Santa Isabel (rúa Tras Santa Isabel s/n, Santiago de Compostela).
Os prezos de inscrición, en función da data, serán os seguintes:
 On-line:
o Ata o domingo 15 de abril ás 23:59 horas: 7 euros
o Dende o luns 16 de abril ata o domingo 22 de abril ás 23:59 horas: 15 euros
 Presencial (o importe será o correspondente coa data de pago, non de preinscripción na web):
o Ata o domingo 15 de abril ás 14:00 horas: 7 euros
o Dende o luns 16 de abril ata o domingo 22 de abril ás 14:00 horas: 15 euros
Non se aceptarán inscricións de ningún tipo, fora dos modos e prazos aquí indicados.
(*) O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, realizarán un desconto especial ós
seus aboados, deixando o custe da inscrición en 5 euros; para disfrutalo, deberán realizar a inscrición de
forma presencial antes do domingo 15 de abril.
ART. 5.B: Límite de inscricións:
Establécese un límite de 2.500 participantes. Unha vez alcanzado o límite, contabilizando só as
inscricións con pago confirmado, pecharase a posibilidade de inscrición.
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 6: Devolución da cota de inscrición:
Aceptarase só a devolución parcial da inscrición no caso de enfermidade ou grave lesión, previa
presentación ó persoal da organización, do certificado médico oficial. Comunicarase previamente no
correo electrónico (santyago10k@gmail.com) e indicaráselle como proceder.
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do certificado médico. O 75% da
cota se se presenta ata o domingo 22 de abril, ou o 50% se se presenta despois desa data. En caso
contrario, non se procederá o reembolso. Para outros supostos xustificados, a organización valorará, se
procede, a devolución parcial da cota.
ART. 7: Entrega de dorsais e chips
Proximamente, a través da web do evento, informarase dos lugares concretos nos que se realizará a
entrega de dorsais e chips
As datas previstas para a recollida serán:
 Venres 27 de Abril de 10:00 a 22:00 horas
 Sábado 28 de Abril, día da carreira, de 10:00 a 21:00 horas
ART. 8: Uso de dorsais e chips
Os dorsais son persoais e intransferibles, deberanse colocar durante o transcurso da proba, na parte
frontal do corpo, de forma totalmente visible e sen dobreces
O chip tamén é persoal e intransferible e deberá asirse os cordóns da zapatilla ou en soporte adecuado
para o nocello.
Non serán admitidos pola organización corredores que non están inscritos oficialmente ou corran sen
dorsal ou sen chip, ou que pertenzan a outra carreira
O incumprimento de calquera punto deste artigo será motivo de descalificación e verase obrigado a
abandonar o trazo na defensa dos dereitos dos corredores lexitimamente inscritos.
ART. 9: Devolución de chips
Será obrigatorio a devolución dos chips unha vez rematada a carreira, nos puntos de recollida
sinalizados e habilitados para tal efecto na zona de meta.
En caso de esquecemento de forma involuntaria, rogase contactar ca organización no correo electrónico
(santyago10k@gmail.com) e indicaráselle como proceder.
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 10: Cronometraxe
A cronometraxe estará a cargo da empresa EME SPORT, mediante o sistema sport tag ou chip.
Habilitaranse varios puntos de control o longo do percorrido. Os participantes que non pasen por
tódolos puntos de control, poderán ser descalificados, si así o decide o xuíz arbitro da proba.
ART. 11: Caixóns de saída
No momento da inscrición os participantes poderán acreditar unha marca oficial obtida anteriormente
en carreiras de 10km en ruta homologadas. En base a ditas marcas asignaranse diferentes caixóns de
saída que axudarán a que a mesma sexa máis fluída e ordeada. Dita distribución reflexarase nos dorsais
proporcionados pola organización.
A organización terá o dereito de reservar determinadas prazas para atletas invitados expresamente para
o evento.
Estableceranse polo menos catro caixóns de saída, tendo a organización a opción de modificar este
reparto en función do número de atletas inscritos que acrediten cada marca, dividindo en máis grupos si
se considera beneficioso para a seguridade da proba. Os caixóns previstos son:
 Caixón 1: Marcas inferiores a 40 minutos
 Caixón 2: Marcas entre 40 e 45 minutos
 Caixón 3: Marcas entre 45 e 55 minutos
 Caixón 4: Marcas máis de 55 minutos
 Caixón 5: Sen marca previa
Os corredores estarán nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial da saída.
ART. 12: Categorías
Establécense as seguintes categorías de competición:
 Junior: atletas nados/as en 1999 e 2000; (*)
 Promesa : atletas nados/as entre 1996 e 1998;
 Sénior: atletas nados/as entre 1984 e 1995;
 Veteráns/as A: atletas nados/as entre 1979 e 1983;
 Veteráns/as B: atletas nados/as entre 1969 e 1978;
 Veteráns/as C: atletas nados/as entre 1959 e 1968;
 Veteráns/as D: atletas nados/as en 1958 e anteriores.
(*) Os atletas Junior deberán ter cumpridos 18 anos antes da data da carreira.
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 13: Medios físicos
Os participantes deberán competir polos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materias de
ningún tipo. Calquera dúbida o respecto poderá ser consultada ca organización a través do correo
electrónico (santyago10k@gmail.com) e indicaráselle como proceder.
A excepción dos designados pola organización, non está permitido o acompañamento na carreira por
ningún vehículo, bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira (acompañantes, para
avituallamento ou para marcar ritmos).
Debido que as condicións do trazado non son óptimas e velando pola súa seguridade, quedan excluídas
de participación, cadeiras de rodas, coches e cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados en
ningún momento.
ART. 14: Avituallamentos
Seguindo as normas da FGA e RFEA para probas en ruta, instalarase un posto de avituallamento líquido
arredor do quilómetro 5 e outro na liña de meta.
Poñeranse a disposición dos corredores, contedores para a recollida de lixo, de uso obrigatorio.
ART. 15: Servizos médicos
A proba dispoñerá dos servizos Médicos obrigatorios, tanto na liña de meta coma en varios puntos o
longo do percorrido. Así mesmo a organización poñerá a disposición dos atletas un servizo de
fisioterapia na zona da meta.
Recomendamos a tódolos participantes encher a parte posterior do dorsal cos datos de nome e apelidos
completos, teléfono en caso de emerxencia, se está baixo algún tratamento específico, se ten algún
problema médico (alerxias, atencións especiais, etc), así coma o seu grupo sanguíneo.
ART. 16: Outros servizos
A organización poñerá a disposición dos participantes un servizo de gardarroupa preto da liña de saída,
avituallamento de meta e duchas a finalización da proba. Tamén habilítanse e sinalizaranse baños na zoa
de saída, meta e outros puntos do percorrido.
Darase máis información detallada sobre localización de aparcadoiro, duchas, gardarroupa, e outros
servizos a través da web da carreira http://www.santyago10.es
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 17: Clasificación
Realizaranse as seguintes clasificacións:
 Clasificación xeral absoluta, masculina e feminina;
 Clasificación por categorías, masculina e feminina: Junior, Promesa, Sénior, Veteráns A, B, C, D.
ART. 18: Premios
Repartiranse os seguintes premios en metálico:
 Categoría masculina:
o 1ª posición absoluta : 500 €
o 2ª posición absoluta : 300 €
o 3ª posición absoluta : 200 €
 Categoría feminina:
o 1ª posición absoluta : 500 €
o 2ª posición absoluta : 300 €
o 3ª posición absoluta : 200 €
 Premio especial Empadroados en Santiago de Compostela, masculino e feminino:
o 1º 100€
o 2º 75€
o 3º 50€
Tamén obterán trofeo ós tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría,
Ó marxe premiaranse as seguintes categorías especiais:
 Club Federado con máis participantes chegados a meta: 100€.
 Grupo Non Federado con máis participantes chegados a meta: 100€.
 Grupo Non Federado con máis participantes femininas chegadas a meta: 100€.
 Club ou grupo que proceda dende máis lonxe: 100€
 Premio especial “Cándido Calvo”, para o corredor e corredora de maior idade: 100€.
Para poder optar ós premios é importante coñecer que:
 Os premios non serán acumulables.
 Para optar a participación por Club Federado ou Grupo NON Federado, os atletas deberán
realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo
electrónico a dirección santyago10k@gmail.com un listado detallando os membros computables
o efecto.
 En caso de empate entre clubs/grupos, premiarase o que menor suma total de tempos
empregasen en rematar a proba, igualmente para os corredores de maior idade.
 Os premiados na categoría de corredores de maior idade deberán acreditar a súa idade cun
documento oficial (DNI, Pasaporte ou similar).
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 19: Entrega de premios
O día da carreira, trala publicación de resultados no taboleiro de anuncios, farase a entrega de premios
no estrado instalado na Praza do Obradoiro.
Os atletas premiados deberán atoparse na zona do pódium e estar atentos a súa chamada no momento
que se faga o anuncio por altofalantes. Será necesario presentar o DNI ou pasaporte a efectos de
identificación.
ART. 20: Reclamacións
Tódalas reclamación deberán efectuarse verbalmente o Xuíz Árbitro da proba, situado na zona de meta,
non máis tarde de 30 minutos despois da hora da publicación dos resultados oficiais.
ART. 21: Descalificacións
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba, o atleta que manifeste un mal
estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira ou os corredores/as que
non respeten as indicacións do persoal da Federación Galega de Atletismo, Policía Local, Protección
Civil, Servizos Médicos, Voluntarios ou calquera membro da organización debidamente identificado.
Os Xuíces da proba terán a facultade de descalificar por infracción a quen non leve visiblemente o seu
dorsal, o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados a organización con respecto o que
figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido establecido ou incumpra calquera
outra norma contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Os corredores/as descalificados/as non terán opción a premios nin trofeos.
ART. 22: Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización de dita
responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil, que cubrirá as incidencias da
proba.
ART. 23: Participación de estranxeiros
A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas estará regulada pola
normativa publicada na páxina oficial da RFEA, no seu artigo 3.4 (páxina 72 do manual), artigo que
poderán consultar no seguinte enlace: Reglamentación RFEA 2014-2015
santyago10K@gmail.com
http://www.santyago10k.es
ART. 24: LOPD
Tódolos corredores/as o realizar a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación, internet, ou calquera outro medio que a organización puidera
requirir.
Mediante a inscrición, o participante consente expresamente que os seus datos sexan cedidos e
utilizados polos organizadores de eventos, as empresas que participan na organización, os
patrocinadores e a Federación Galega de Atletismo, En todo caso, e de conformidade có establecido
polo Art. 5 da LOPD, informase que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
 Un ficheiro, cuxo responsable de tratamento será o Clube de Atletismo Fontes do Sar, e cuxa
finalidade será a xestión de actividades realizadas baixo a responsabilidade do Concello. Os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos persoais neste ficheiro
poderán facerse por correo electrónico na dirección santyago10k@gmail.com, nos termos
establecidos nos artigos 15, 16 y 17 da LOPD.
 Un ficheiro que como responsable de tratamento será a Federación Galega de Atletismo, e cuxa
finalidade será a xestión de actividades realizadas baixo a responsabilidade da Federación
Galega de Atletismo. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos
persoais neste ficheiro poderán facerse ante a Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín
Díaz nº 1 - Complexo Deportivo de Elviña - 15002 A Coruña), e nos termos establecidos nos
artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
 Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición, o corredor/a consinte expresamente que os seus datos básicos (Nome, Apelidos,
NIF/NIE/Pasaporte, Data de Nacemento, Sexo e Código Postal de residencia), sexan enviados a
Real Federación Española de Atletismo, para a xestión das licenzas de día, resultados e ranking.
A posesión dunha licenza garante que o corredor/a participa cuberto polo seguro de
responsabilidade civil e accidentes deportivos.
ART. 25: Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
ART. 26: Cambios no regulamento
A organización reservase o dereito de facer algún cambio no presente regulamento, si así fose
necesario, debendo comunícalo na web oficial, redes sociais e por medio de correo electrónico a
aqueles inscritos que o facilitaran durante a inscrición.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy